Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Na recta final das rebaixas de verán aumentan os descontos buscando despachar unha mercancía que, en moitos casos, se acumula nos comercios // Xunta e Concellos dan os primeiros pasos para regular as vivendas de uso turístico // Os veciños da illa de Ons reclaman que os seus familiares teñan libre acceso ás súas vivendas, sen as restriccións do cupo do Parque Nacional das Illas Atlánticas // A Xunta volve abrir dilixencias contra a familia Franco, por dificultar as visitas ao pazo de Meirás // Os camioneiros que transportan o carbón á central térmica das Pontes anuncian peches nos concellos da zona e unha nova marcha // Visitamos tamén a feira de libros antigos e de ocasión da Coruña. 20/08/19

Soben as temperaturas. Estamos de cheo baixo a influencia do anticiclón, nun día que comezou con algunhas néboas, que foron deixando paso a ceos pouco anubrados ou despexados. Irá máis calor na metade Sur de Galicia. 20/08/19

O número de hoteis en Galicia aumentou un oito por cento na última década. Hoxe hai algo máis de 900 establecementos hoteleiros, con case 54.700 prazas // No que vai de ano, Garda Civil e Policía autonómica levan investigadas un cento de persoas por, supostamente, provocar incendios forestais // A Muller que leva máis anos cotizando á Seguridade Social en España chámase Dolores Agra e ten un comercio de lencería na Coruña. 19/08/19

O número de hoteis en Galicia aumentou un oito por cento na última década. Hoxe hai algo máis de 900 establecementos hoteleiros, con case 54.700 prazas // No que vai de ano, Garda Civil e Policía autonómica levan investigadas un cento de persoas por, supostamente, provocar incendios forestais // 29 persoas morreron afogadas no que vai de ano, en praias e piscinas de Galicia, dúas menos que no mesmo perídodo de 2018 // Un Celta cheo de promesas da canteira cae por 1 a 3 ante eficacia do Real Madrid // En Segunda, o Deportivo venceu en Riazor ao Oviedo e o Lugo comeza a temporada cun empate sen goles ante o Extremadura // A Muller que leva máis anos cotizando á Seguridade Social en España chámase Dolores Agra e ten un comercio de lencería na Coruña. 19/08/19

Alternacia de nubes e claros con temperaturas máximas, nas cidades, de 26 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra. Santiago terá 21. Mañá, martes, haberá unha suba xeralizada dos termómetros. 19/08/19

Vilagarcía celebra hoxe o San Roque, como moitas outras vilas e cidades, pero aí é tamén a Festa da Auga // A ocupación nas 63 casas de turismo rural da Ribeira Sacra está, estes días, por riba do 98 por cento // Moitos arqueólogos xa lle chaman a Cova Eirós, en Triacastela a "Atapuerca Galega", pola cantidade e relevancia dos achados descubertos. (16/08/19)

Vilagarcía celebra hoxe o San Roque, como moitas outras vilas e cidades, pero aí é tamén a Festa da Auga // A ocupación nas 63 casas de turismo rural da Ribeira Sacra está, estes días, por riba do 98 por cento // Mañá comeza a Liga para os equipos galegos, e ao Celta tócalle estrearse cun partido complicado. Enfróntase ao Real Madrid, en Balaídos // Lugo tamén inaugura a temporada mañá, enfrontándose ao Extremadura no Anxo Carro. O Deportivo xoga o domingo, na casa, contra o Oviedo // Moitos arqueólogos xa lle chaman a Cova Eirós, en Triacastela a "Atapuerca Galega", pola cantidade e relevancia dos achados descubertos. (16/08/19)

Ceos con nubes no litoral atlántico e despexados no interior. Pola noite, aumentan as nubes na costa, con probabilidade de chuviscas nesa zona. As temperaturas, sen apenas cambios. (16/08/19)

Vilagarcía celebra hoxe o San Roque, como moitas outras vilas e cidades, pero aí é tamén a Festa da Auga // A ocupación nas 63 casas de turismo rural da Ribeira Sacra está, estes días, por riba do 98 por cento // Mañá comeza a Liga para os equipos galegos, e ao Celta tócalle estrearse cun partido complicado. Enfróntase ao Real Madrid, en Balaídos // Lugo tamén inaugura a temporada mañá, enfrontándose ao Extremadura no Anxo Carro. O Deportivo xoga o domingo, na casa, contra o Oviedo // Moitos arqueólogos xa lle chaman a Cova Eirós, en Triacastela a "Atapuerca Galega", pola cantidade e relevancia dos achados descubertos. (16/08/19)

Ponte festiva en pleno agosto. Os próximos catro días agárdase case un millón de desprazamentos polas estradas do Noroeste // En zonas como a Ribeira Sacra contan con ter os aloxamentos completos durante a ponte // Acaba de presentarse o dispositivo co que o Exército vai colaborar este ano coa campaña contra os incendios forestais en Galicia. (14/08/19)

Ponte festiva en pleno agosto. Os próximos catro días agárdase case un millón de desprazamentos polas estradas do Noroeste // En zonas como a Ribeira Sacra contan con ter os aloxamentos completos durante a ponte // Reinícianse as obras para construir un parque eólico na Serra do Oribio, en Lugo, tras modificar o proxecto, que reduce de 12 a 8 o número de aeroxeneradores // O PSdeG considera que o hipotético cobro polo uso das autovías estatais pode contribuir a rebaixar outras peaxes. O PP de Galicia, en cambio, di que o anuncio é un globo sonda // Acaba de presentarse o dispositivo co que o Exército vai colaborar este ano coa campaña contra os incendios forestais en Galicia. (14/08/19)

A entrada dunha fronte, moi pouco activa, deixa ceos anubrados, con chuvias no terzo norte. As temperaturas mínimas subiron algo, mentres que as máximas seguen sen cambios. (14/08/19)

Colas nas gasolineiras galegas próximas á fronteira no segundo día da folga de transportistas en Portugal // O aeródromo militar de Lavacolla será a base de 3 hidroavións, para operar en todo o territorio galego // Nove detidos na comarca de Arousa nunha operación contra o narcotráfico. (13/08/19)

Colas nas gasolineiras galegas próximas á fronteira no segundo día da folga de transportistas en Portugal // O aeródromo militar de Lavacolla será a base de 3 hidroavións, para operar en todo o territorio galego // Nove detidos na ría de Arousa nunha operación contra o narcotráfico // Esta semana, de noite, moitos buscan no ceo as bágoas de San Lourenzo // "A Rosa das Cen Follas", obra de Ramón Cabanillas, xa se pode ler en xaponés // Este verán estáse desenvolvendo en medio cento de praias unha campaña que tenta evitar o chamado "furtivismo de bañador. (13/08/19)

Ceos despexados ou con poucas nubes. As temperaturas refrescaron pola noite e no concello ourensán de Calvos de Randín tiveron esta mañá 0,1 graos. As máximas soben esta tarde. (13/08/19)

Hoxe comeza en Portugal unha folga de transportistas que ameaza con deixar ás gasolineiras portuguesas sen combustible // Case a medade dos concellos galegos xa se apuntaron, ou están en trámites, de apuntarse ao "Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía" // O Marisquiño pecha outra edición batendo marcas. Máis de 150.000 persoas asistiron durante a fin de semana ao festival de Vigo. (12/08/19)