O paro sobe en Galicia en 2.900 persoas en agosto, un mes habitualmente malo para o emprego // Galicia vai participar nunha comisión especial do Goberno central para afrontar os efectos no sector pesqueiro dun posible brexit sen acordo // Pontevedra inaugura un edificio xudicial para resolver os problemas de espazo e a dispersión dos organismos da xustiza // O portavoz do PP no concello de Santiago, Agustín Hernández, renuncia aos cargos no partido para ser o novo presidente do Consello Económico e Social // O centrocampista Rafinha regresa a Vigo despois de cinco anos e xa adestra co novo Celta // Curva España, a última montaxe teatral do grupo Chévere. 03/09/19