Concentracións de repulsa en toda Galicia polo crime machista da Pastoriza, que deixa a primeira vítima da violencia de xénero na nosa comunidade no que vai de ano // Vigo prepara unha ordenanza para regular o uso dos patinetes eléctricos na cidade // Benedicta Sánchez está de volta na súa "Galicia Meiga" tras recibir en Málaga o Goya á mellor actriz revelación. 27/01/20
Concentracións de repulsa en toda Galicia polo crime machista da Pastoriza, que deixa a primeira vítima da violencia de xénero na nosa comunidade no que vai de ano // A xunta investirá 32 millóns de euros no plan de vivenda este ano, que beneficiará a 6.000 familias // Vigo prepara unha ordenanza para regular o uso dos patinetes eléctricos na cidade // O Celta segue en postos de descenso tras empatar co Eibar // Quinta vitoria consecutiva do Deportivo, que sae dos postos de descenso // Benedicta Sánchez está de volta na súa "Galicia Meiga" tras recibir en Málaga o Goya á mellor actriz revelación // A feira do Cocido de Lalín vai ser declarada festa de interese turístico internacional. 27/01/20
A semana virá marcada pola chuvia. Caeu con forza durante a noite nas provincias atlánticas. Ata 43 litros por metro cadrado se acumularon en Fornelos de Montes en Pontevedra. Chuvias intensas que se repetirán durante a tarde coa chegada dunha segunda fronte con precipitacións que afectará a toda Galicia. Soben algo as temperaturas. As máximas oscilarán entre os 11 graos previstos en Lugo aos 14 que agardan en Ourense. 27/01/20
Concentracións de repulsa en toda Galicia polo crime machista da Pastoriza, que deixa a primeira vítima da violencia de xénero na nosa comunidade no que vai de ano // A xunta investirá 32 millóns de euros no plan de vivenda este ano, que beneficiará a 6.000 familias // Vigo prepara unha ordenanza para regular o uso dos patinetes eléctricos na cidade // O Celta segue en postos de descenso tras empatar co Eibar // Quinta vitoria consecutiva do Deportivo, que sae dos postos de descenso // Benedicta Sánchez está de volta na súa "Galicia Meiga" tras recibir en Málaga o Goya á mellor actriz revelación // A feira do Cocido de Lalín vai ser declarada festa de interese turístico internacional. 27/01/20
Grave accidente en Caldas de Reis. Unha conductora morreu ao bater de fronte o seu coche cunha furgoneta con tres ocupantes, que resultaron feridos // O submarino Tramontana abre as súas portas na Escola Naval de Marín // Manuel Gallego Jorreto recibe esta tarde e por segunda vez o Premio Nacional de Arquitectura. 24/01/20
Grave accidente en Caldas de Reis. Unha conductora morreu ao bater de fronte o seu coche cunha furgoneta con tres ocupantes, que resultaron feridos // Segue ardendo de xeito controlado a nave de fabricación de bolsas de plástico e papel do polígono industrial de Narón // Os especialistas en oncoloxía piden maior apoio da administración para desenvolver a chamada biopsia líquida // O submarino Tramontana abre as súas portas na Escola Naval de Marín // Hoxe celébrase o Día de Galicia en Fitur // O Celta queda apeado da Copa do Rei ante o Mirandés // Manuel Gallego Jorreto recibe esta tarde e por segunda vez o Premio Nacional de Arquitectura. 24/01/20
A fin de semana principia con poucos cambios. Con nubes e claros. Algún chuvasco illado á tarde máis probable en zonas de montaña. Situación moi semellante se agarda para mañá. Será o domingo cando se agarda a chegada dunha borrasca que fará que as chuvias comecen na primeira metade do día polo oeste para xeralizarse durante a tarde a toda a comunidade. 24/01/20
Grave accidente en Caldas de Reis. Unha conductora morreu ao bater de fronte o seu coche cunha furgoneta con tres ocupantes, que resultaron feridos // Segue ardendo de xeito controlado a nave de fabricación de bolsas de plástico e papel do polígono industrial de Narón // Os especialistas en oncoloxía piden maior apoio da administración para desenvolver a chamada biopsia líquida // O submarino Tramontana abre as súas portas na Escola Naval de Marín // Hoxe celébrase o Día de Galicia en Fitur // O Celta queda apeado da Copa do Rei ante o Mirandés // Manuel Gallego Jorreto recibe esta tarde e por segunda vez o Premio Nacional de Arquitectura. 24/01/20
A Xunta vai dedicar 800 milóns de euros anuais a loitar contra a despoboación // O Xacobeo 2021 e a promoción turística das distintas rutas de chegada a Santiago son hoxe protagonistas en Fitur // Santi Prego e Benedicta Sánchez, dous galegos nominados aos Goya como actor e actriz revelación. 23/01/20
A Xunta vai dedicar 800 milóns de euros anuais a loitar contra a despoboación // O Ministerio de Industria asegura que en breve se vai aprobar o estatuto electrointensivo que permitirá abaratar os costes de enerxía para Alcoa // A dous días para a gala dos premios Goya, Benedicta Sánchez afronta con serenidade aos seus 84 anos a nominación como mellor actriz revelación // O Xacobeo 2021 e a promoción turística das distintas rutas de chegada a Santiago son hoxe protagonistas en Fitur. 23/01/20
Día de nubes e claros con aumento da nubosidade pola tarde no sur e posibilidade dalgún chuvasco ocasional cara a noite. As temperaturas mínimas baixaron e con elas apareceron xeadas no interior. As máximas soben algo. Oscilarán entre 12 graos previstos en Lugo e 15 en Pontevedra. 23/01/20
A Xunta vai dedicar 800 milóns de euros anuais a loitar contra a despoboación // O Ministerio de Industria asegura que en breve se vai aprobar o estatuto electrointensivo que permitirá abaratar os costes de enerxía para Alcoa // A dous días para a gala dos premios Goya, Benedicta Sánchez afronta con serenidade aos seus 84 anos a nominación como mellor actriz revelación // O Xacobeo 2021 e a promoción turística das distintas rutas de chegada a Santiago son hoxe protagonistas en Fitur. 23/01/20
O presidente da xunta dalle horas ao goberno central para que rectifique e pague os 370 millóns que lle reclama o executivo autonómico // Traballadores de Alcoa en San Cibrao e doutras industrias grandes consumidoras de enerxía maniféstanse en Madrid polo prometido Estatuto electrointensivo // Arranca a Feira Interancional de Turismo Fitur, co Xacobeo 2021 como gran protagonista do expositor de Galicia. 22/01/20
O Sergas vai contratar esta mesma semana dous pediatras no hospital de Verín e conta con reabrir a sala de partos deste hospital a comezos de febreiro // A borrasca Gloria, que está a conxelar media España, apenas roza Galicia, en alerta por vento forte do nordés, que trae frío // Sogama arranca o 2020 convertida na planta máis eficiente de toda Europa no tratamento e xestión dos residuos // Xubilados de Lugo consideran insuficiente a suba do 0,9% das pensións e seguen manifestándose // O Celta resiste o asedio do Atletic en San Mamés e suma un punto // Cuarta vitoria consecutiva do Deportivo // Tras ser visitada por máis de 32 mil persoas en Madrid e Valencia, a mostra Galaicos fai a súa última parada no museo de Pontevedra. 20/01/20
A Xunta insiste en que son seguras as instalacións do colexio de Sarria que foi apuntalado trala aparición de fendas, pero a maioría dos nenos non van á clase // O deputado do grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, despídese do Parlamento galego para incorporarse ao Ministerio de Traballo // Investigadores da Universidade de Santiago buscan diagnosticar enfermidades graves a partir dunha mostra de sangue, e en menos de dúas horas // O concello de Santiago vai retirar os fogos do Apóstolo da praza do Obradoiro, para evitar deterioros na catedral e no pazo de Raxoi // As chuvias atrasan a colleita dos grelos, que se venden a case catro euros o mollo // A película surcorena Parásitos, candidata aos Oscar, provoca un aumento da demanda na fábrica coruñesa de Bonilla a la Vista. 21/01/20

Arranca a Feira Interancional de Turismo Fitur, co Xacobeo 2021 como gran protagonista do expositor de Galicia // Traballadores de Alcoa en San Cibrao e doutras industrias grandes consumidoras de enerxía maniféstanse en Madrid polo prometido Estatuto electrointensivo // O presidente da xunta dalle horas ao goberno central para que rectifique e pague os 370 millóns que lle reclama o executivo autonómico // O Instituto Tecnolóxico de Galicia e Everis Aeroespacial abren unha investigación para regular o tráfico aéreo dos drons e a súa convivencia coas aeronaves tripuladas // A Xunta anuncia axudas de ata 6.000 euros na contratación de coidadores para que os traballadores autónomos poidan conciliar // Allariz é o terceiro destino de España preferido polos turistas nacionais para facer unha escapada, segundo un estudo sobre os hábitos e tendencias do turismo para este ano. 22/01/20
Un día máis o vento do nordés sopra forte no litoral e zonas altas de Galicia. Irá amainando co avance do día. Aumentará a nubosidade con posibilidade dalgún chuvasco ocasional máis probable no norte e leste da comunidade. As temperaturas con poucos cambios ou con lixeiros ascensos. 22/01/20