A executiva do BNG debate arestora se o seu único deputado no Congreso se abstén ou vota en contra da investidura de Pedro Sánchez // O paro rexistrado en Galicia baixou en 351 persoas o mes pasado // Estamos ás portas da primeira ponte festival do ano. Unha alternativa para os que buscan tranquilidade é o turismo rural // As farmacias de Ourense poñen en marcha unha campaña para apoiar e facer seguimento das persoas que queren deixar de fumar // Unha cidade de Siberia vai celebrar os seus primeiros 60 anos de vida. Nesa celebracion poderia participar un músico galego, Jorge Godás // Xa case todo está preparado para recibir aos Reis Magos. (03/01/20)
Os ceos están cubertos e deixaron chuviscas pola mañá en case toda Galicia. Esta tarde agárdanse sobre todo na provincia de Ourense. As temperaturas mínimas subiron bastante e xa non houbo xeadas. (03/01/20)
90 persoas morreron en 2019 en accidentes de tráfico nas estradas galegas // E co inicio do ano soben as peaxes na Autoestrada do Atlántico // Unha familia da Coruña pide axuda para recuperar os implantes auditivos da súa filla de dous anos. (02/01/20)
90 persoas morreron en 2019 en accidentes de tráfico nas estradas galegas // E co inicio do ano soben as peaxes na Autoestrada do Atlántico // A campaña de rebaixas, que en moitos comercios xa comeza hoxe, vai xerar case 10.100 contratacións en Galicia // Desde agora, os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte interurbano de Galicia // A Garda Civil continúa tomándolles declaración ás testemuñas da pelexa nun hotel de Oleiros, na madrugada de Aninovo, na que morreu un home de 32 anos // Unha familia da Coruña pide axuda para recuperar os implantes auditivos da súa filla de dous anos. (02/01/20)
Agardamos unha pequena borrasca que esta noite vai afectar á franxa atlántica, ao oeste das provincias da Coruña e de Pontevedra. Por iso temos unha xornada de ceos con nubes que pola noite, van deixar algo de chuvia na parte oeste. As temperaturas, sen apenas cambios. (02/01/20)
As Pontes non se resigna ao peche da central térmica // A disposición das empresas as primeiras parcelas do parque loxístico de Salvaterra-As Neves // Fernando Vázquez comeza a súa segunda etapa como adestrador do Deportivo. (30/12/19)
As Pontes non se resigna ao peche da central térmica // A disposición das empresas as primeiras parcelas do parque loxístico de Salvaterra-As Neves // É o accidente máis grave en Galicia no que levamos de Nadal. Morreu un mozo de 19 anos e resultaron feridos tres acompañantes // A reivindicación da política seria e dos políticos que respectan o estado de dereito e a separación de poderes centra a ceremonia da ofrenda da traslación dos restos do Apóstolo // Fernando Vázquez comeza a súa segunda etapa como adestrador do Deportivo // 60.000 galegos sofren algunha enfermidade mental, e para eles, a vida non é doada. (30/12/19)
O tempo continúa estable, con fresco á mañanciña, e temperaturas agradables conforme vai quentando o sol. Hoxe volvemos ter os ceos pouco anubrados ou despexados, con néboas e xeadas pola mañá no interior. (30/12/19)
Endesa solicita o peche da central térmica das Pontes // O Consello de Ministros aproba unha suba das peaxes da AP-9 de case o 2,7 por cento // A frota de baixura e o marisqueo volven á faena tras semanas coa actividade ao mínimo por culpa dos temporais. 27/12/19
O Consello de Ministros aproba unha suba das peaxes da AP-9 de case o 2,7 por cento // A frota de baixura e o marisqueo volven á faena tras semanas coa actividade ao mínimo por culpa dos temporais // Nais e nenos da comarca de Ferrolterra súmanse ás mobilizacións doutras zonas de Galicia para pedir pediatras fixos nos seus centros médicos // As empresas de construción e restauración non atopan canteiros para contratar. Un oficio no que faltan profesionais // Desde os anos oitenta é obrigatorio recuperar a calidade do solo e o hábitat natural ao acabar a explotación dunha canteira. Pero en moitos casos, quedan no abandono. 27/12/19
Os termómetros caeron ata os seis graos negativos en Calvos de Randín en Ourense. Será unha xornada de gran oscilación térmica porque nas horas centrais agardamos termómetros rondando os 15 graos en moitos puntos. 27/12/19
O Consello de Ministros aproba unha suba das peaxes da AP-9 de case o 2,7 por cento // A frota de baixura e o marisqueo volven á faena tras semanas coa actividade ao mínimo por culpa dos temporais // Nais e nenos da comarca de Ferrolterra súmanse ás mobilizacións doutras zonas de Galicia para pedir pediatras fixos nos seus centros médicos // As empresas de construción e restauración non atopan canteiros para contratar. Un oficio no que faltan profesionais // Desde os anos oitenta é obrigatorio recuperar a calidade do solo e o hábitat natural ao acabar a explotación dunha canteira. Pero en moitos casos, quedan no abandono. 27/12/19
A Xunta vai dedicar 17 millóns de euros a proxectos de investigación durante os próximos catro anos // O concello de Santiago prepara un recurso contra o fallo da Audiencia de Madrid que lle da a razón á familia Franco no lixitio das estatuas do mestre Mateo // Rouban por segunda vez a figura do Neno do Belén de Ourense, no medio da polémica pola estética do nacemento. 26/12/19