Primeiro temporal do ano en Galicia con alerta laranxa por ondas de 7 metros e vento que superou os 155 kilómetros por hora // Folga de 24 horas e manifestación dos traballadores da central térmica das Pontes e das súas auxiliares por unha transición enerxética xusta // Novo nacemento no hospital de Verín, o terceiro desde que se pechou o paridoiro o 1 de decembro // Para atraer poboación ás zonas do rural máis abandonadas, investigadores do CSIC, coordinan dende Pontevedra, accions para instalar neses lugares pequenas empresas // O novo adestrador do Barça, Quique Setién, estivera antes no club deportivo Lugo, 6 temporadas, o seu periodo mais longo como preparador // A costa galega conta cunha nova embarcación de salvamento e para loitar contra o furtivismo e a contaminación. 14/01/20
Hoxe unha profunda borrasca situada ao sur de Irlanda deixará en Galicia unha situación de ventos do suroeste, coa chegada dunha fronte fría ao final do día. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos con precipitacións na metade oeste, que serán xeneralizadas e de forte intensidade durante a madrugada do mércores. As temperaturas experimentarán un ascenso, especialmente nos valores mínimos. O vento soprará forte do suroeste, con intervalos moi fortes ao final do día no litoral norte e puntos altos do interior. 14/01/20
Á espera de que a autopsia confirme se o de Poio é o primeiro accidente mortal nun patinete en Galicia // As galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz xa son ministras // A xunta licita a conversión en autovía dun treito de 11 kilómetros da vía de alta capacidade que une Lugo con Sarria. 13/01/20
Á espera de que a autopsia confirme se o de Poio é o primeiro accidente mortal nun patinete en Galicia // As galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz xa son ministras // A xunta licita a conversión en autovía dun treito de 11 kilómetros da vía de alta capacidade que une Lugo con Sarria // Profesores e investigadores da India fórmanse na Universidade de Santiago para por en marcha no país asiático oito centros que fomenten o emprendemento das mulleres // O Celta golea ao Mérida e segue adiante na Copa do Rei, da que se apea o Deportivo // Mozos dun instituto de Santiago comprométense a falar en galego durante tres semanas. 13/01/20
A semana comeza con moitas nubes e chuvias débiles no litoral atlántico, que se irán extendendo cara o interior. Arreciará o vento pola tarde con refachos moi fortes na costa da Coruña e Lugo, en alerta por ondas de ata cinco metros. Un aviso que se elevará a laranxa xa de noite. As temperaturas subiron. As máximas oscilarán entre os 10 graos previstos en Lugo e os 14 que agardan na Coruña. 13/01/20
Á espera de que a autopsia confirme se o de Poio é o primeiro accidente mortal nun patinete en Galicia // As galegas Nadia Calviño e Yolanda Díaz xa son ministras // A xunta licita a conversión en autovía dun treito de 11 kilómetros da vía de alta capacidade que une Lugo con Sarria // Profesores e investigadores da India fórmanse na Universidade de Santiago para por en marcha no país asiático oito centros que fomenten o emprendemento das mulleres // O Celta golea ao Mérida e segue adiante na Copa do Rei, da que se apea o Deportivo // Mozos dun instituto de Santiago comprométense a falar en galego durante tres semanas. 13/01/20
Nove concellos galegos afectados pola praga da couza poderán volver sementar patacas este ano // Acordo entre o sector do taxi e os chóferes de coches de alugueiro para a precontratación de VTCs tradicinais con 15 minutos // Os agricultores da Limia estiman que a producción de cereais se vai reducir á metade polo asolagamento das terras e que deixarán de ingresar seis millóns de euros. 10/01/20
Acordo entre o sector do taxi e os chóferes de coches de alugueiro para a precontratación de VTCs tradicinais con 15 minutos // Nove concellos galegos afectados pola praga da couza poderán volver sementar patacas este ano // Os agricultores da Limia estiman que a producción de cereais se vai reducir á metade polo asolagamento das terras e que deixarán de ingresar seis millóns de euros // Galicia bate novamente o récord de doazón de órganos. Acada as 136 en 2019, case un 15% máis que o ano anterior // O Celta adestra mañá en Mérida, onde xogará o domingo a segunda rolda da Copa do Rei // Os nomes importantes, con fotografías e datos das súas vidas e obras, de persoas que fixeron historia para Galicia aparecen por vez primeira xuntos nun gran album dixital. 10/01/20

Coa fin de semana tamén recuperamos o anticiclón. Despois dunha mañá de néboas e xeadas polo interior irá diminuindo a nubosidade con apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas caeron ata os 4 graos negativos en Manzaneda e as máximas tamén han baixar, con valores entre os 10 e os 13 graos. 10/01/20
Pendente de repatriar o mozo coruñés falecido nun tiroteo coa policía nunha operación antidroga en Filipinas // A deputada galega Yolanda Díaz será ministra de traballo // A área termal de Ourense sofre aínda as consecuencias da enchente do Miño. 09/01/20
Pendente de repatriar o mozo coruñés falecido nun tiroteo coa policía nunha operación antidroga en Filipinas // Avanza a investigación do asasinato de Deborah Fernández, hai case 18 anos, coa declaración, hoxe, de novas testemuñas // A deputada galega Yolanda Díaz será ministra de traballo // A Xunta aproba destinar 67 millons de euros para dez proxectos de modernizacion da industria, a chamada industria 4.0. // Os traballadores de Isidro 1952, antiga Isidro de la Cal, inician unha folga indefinida contra o ERE que propón a empresa // O debate sobre a contaminación das estufas nas terrazas dos bares chega a Galicia // A área termal de Ourense sofre aínda as consecuencias da enchente do Miño. 09/01/20

Unha fronte fría pouco activa está a deixar ceos anubrados e chuvias que se extenderon dende ao oeste caro ao interior. Pola tarde abriranse claros de xeito progresivo sobre todo polo sur. A cota de neve baixa durante a noite e tamén o han facer as temperaturas, con mínimas ao final do día. No mar tamén se agarda un empeoramento pola tarde cando se elevará a alerta a laranxa en toda a costa por ondas que poden chegar aos sete metros. O vento deixou refachos fortes de máis de ata 118 quilómetros por hora no litoral norte en Viveiro. 09/01/20
Galicia volve caer por baixo dos dous millóns setecentos mil habitantes // As distraccións ao volante causaron un de cada catro accidentes en Galicia en 2019, con 90 vítimas mortais // Rematan as vacacións de Nadal e hoxe volta á rutina e aos bos propósitos do ano novo. 08/01/20
Galicia volve caer por baixo dos dous millóns setecentos mil habitantes // As distraccións ao volante causaron un de cada catro accidentes en Galicia en 2019, con 90 vítimas mortais // A atención ás persoas dependentes mellorou en Galicia nos últimos anos, segundo un informe de CCOO // Investigan o achado de bolsas con restos de animais e cans despezados en Allariz // Neste mes de xaneiro cúmprense douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal // Rematan as vacacións de Nadal e hoxe volta á rutina e aos bos propósitos do ano novo. 08/01/20
Unha fronte moi pouco activa achegouse a Galicia traendo orballos e nubes baixas. Día de ceos anubrados que deixou temperaturas mínimas máis altas. As máximas repetirán valores. No mar pola tarde activarase unha alerta na costa da Coruña por ondas que chegarán ao final do día aos 4 metros e mañá superarán os cinco no litoral norte. 08/01/20
Galicia volve caer por baixo dos dous millóns setecentos mil habitantes // As distraccións ao volante causaron un de cada catro accidentes en Galicia en 2019, con 90 vítimas mortais // A atención ás persoas dependentes mellorou en Galicia nos últimos anos, segundo un informe de CCOO // Investigan o achado de bolsas con restos de animais e cans despezados en Allariz // Neste mes de xaneiro cúmprense douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal // Rematan as vacacións de Nadal e hoxe volta á rutina e aos bos propósitos do ano novo. 08/01/20
Pedro Sánchez resulta elexido presidente do Goberno por só dous votos de diferenza grazas, entroutros, ao apoio do único deputado do BNG // Os transportistas de carbón da central térmica das Pontes reiniciaron esta mañá o seu peche no Concello // Cada galego vai gastar, de media, algo menos de cen euros nas rebaixas de inverno que comezan hoxe oficialmente Telexornal Galicia 2 - 07/01/20
A audiencia de Pontevedra condena a 30 anos de cárcere a César Adrio polo asasinato da súa ex parella, Ana Enjamio // A executiva do BNG debate arestora se o seu único deputado no Congreso se abstén ou vota en contra da investidura de Pedro Sánchez // O paro rexistrado en Galicia baixou en 351 persoas o mes pasado. (03/01/20)