Productos galegos tradicionais, dende o Queixo ás conservas, enfróntanse áo semáforo nutricional da Unión Europea, coñecido como Nutri Score. Consideran que o etiquetado non reflicte correctamente a sua calidade e os prexudica fronte a outros alimentos ultraprocesados. // A Hostalaría mobilízase para deixar claro que as axudas anunciadas pola Xunta e o Goberno Central non solucionan a súa situación crítica. // A caída da Incidencia da Pandemia non abonda ainda, segúndo os expertos, para relaxar máis as medidas de protección persoal. Advirten de que un aumento de contaxios tralo levantamento das restriccións, podería derivar nunha cuarta vaga que colapsaría as UCI. //Con Música, prantación de árbores simbólicas e outros actos institucionais, conmemórase o Día de Rosalía de Castro, no aniversario do nacemento da escritora, figura central do Rexurdimento. 24-02-2021
Toda a costa galega estará en alerta por ondas que superaron os 6 metros en Cabo Vilán. Cara a noite entae unha fronte fría que provocará chuvascos en toda a comunidade. Durante o día ceos despexados, ventos intensos do sur e suba de temperaturas. 24-02-2021
Os empresarios reclaman que as administracións asuman a perda de ingresos causada por obrigar ao peche dos establecementos para frear a pandemia.
Comezou hoxe e en todo o mes quedarán inmunizados todos os docentes de infantil, primaria e secundaria. Seguirase a orde alfabética dos apelidos.
Sorpresa na comunidade educativa ante o arranque do plan para vacinar a todo o profesorado, entre acusacións de improvisación por parte dalgúns sindicatos. Uns 50.000 profesionais serán inmunizados durante o próximo mes. // O PSOE recupera a alcaldía de Ribadavia ao proposperar unha moción de censura contra o alcalde do PP. A nova rexederora gobernará en coalición con Ribeiro en Común.// Xuízo en Lugo ao expresidente da Confederación Hidrográfica do Miño, e exconcelleiro socialista, Francisco Fernández Liñares. Está acusado de cobrar a empresarios a cambio de contratos. // Un mercante que transportaba cocaína a Galicia foi intervido fronte á costa de Lugo nunha operación da Axencia Tributaria, Policía Nacional e Garda Civil. A embarcación, de 50 metros de eslora, foi abordada por un barco da Armada que trasladou a Ferrol ós nove tripulantes máis uns 3.000 kilos de droga. 23-02-2021
Practicamente sen aviso previo, arranca a vacinación de todo o profesorado, que seguirá a orde alfabética. O Plan e que ao longo deste mes queden inmunizados todos os docentes de infantil, un total de 50.000. //O parlamento dou luz verde, cos votos do grupo popular, a lei de Reactivación Económica. A Oposición considera que so beneficiará aos grandes grupos empresariais. // Presentada en Vigo a primeira demanda por lucro cesante derivado das restricións sanitarias. Os empresarios reclaman que as administracións asuman a perda de ingresos causada por obrigar ao peche dos establecementos. // Cabanas de madeira no alto dun carballo, no complekso turístico de Outes. O proxecto de Alfonso Salgado e Francisco Liñares acaba de ser galardoado co premio que conceden os colexios de arquitectos de toda España, que distingue a sua sostenibilidade e respeto polo medio. 23-02-2021
Situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte achegándose polo Atlántico. Ceos con máis nubes canto máis ao oeste, con chuvias febles no litoral. As temperatuas en ascenso. 23-02-2021
Practicamente sen aviso previo, arranca a vacinación de todo o profesorado que seguirá a orde alfabética dos apelidos. O Plan e que ao longo deste mes queden inmunizados todos os docentes, un total de 50.000. //O parlamento dou hoxe luz verde, cos votos do grupo popular, a lei de Reactivación Económica. A Oposición considera que so beneficiará aos grandes grupos empresariais. // Presentada en Vigo a primeira demanda por lucro cesante derivado das restricións sanitarias. Os empresarios reclaman que as administracións asuman a perda de ingresos causada por obrigar ao peche dos establecementos. // Cabanas de madeira no alto dun carballo, no complekso turístico de Outes. O proxecto de Alfonso Salgado e Francisco Liñares acaba de ser galardoado co premio que conceden os colexios de arquitectos de toda España, que distingue a sua sostenibilidade e respeto polo medio. 23-02-2021
Uns 224.000 galegos nados antes de 1941 e que viven fóra das residencias serán inmunizados de aquí a primeiros de maio
Hai so uns minutos, o presidente da Xunta, daba conta das novas normas que entrarán en vigor a próxima fin de semana, e que suporán o inicio da desescalada, logo de dar por superado o pico da terceira vaga da Pandemia. As medidas incluen alivio para a hostalaría e o fin do peche perimetral en moitos concellos. // Máis vacinas para Galicia, e o que lle piden ao goberno central dende o Partido Popular e o BNG. Din que ata agora so se están a recibir un 5 por cento das que corresponden a toda España, cando os galegos maiores de 80 anos son máis do do 8 por cento do total. // O festival do marisquiño cancelase este ano, e a organización anuncia ademáis que non se volverá celebrar nin en Vigo nin en outro lugar de Galicia ante a imposibilidade de obter apoios institucionais. 22-02-2021
A Hostalaría, pendente da decisión que hoxe anunciará o Comité Clínico da Xunta, e que suporá un primeiro alivio nas restriccións, logo de case un mes de peche total. A Mellora da situación epidemiolóxica abre a posibilidade de levantar tamén os peches perimetrais en algúns concellos. // A administración da primeira dose da vacina aos maiores de 80 anos que non viven en residencias, comenzou hoxe en tódalas áreas sanitarias, a partir dos apelidos que comenzan por H. Son unhas 224.000 persoas que a consellería de Sanidade calcula que estarán completamente inmunizadas a principios de maio. //Os casos activos quedan en pouco máis de 8.000, logo de caer en medio milleiro no último día. A ocupación hospitalaria e das UCI sitúase nas cifras máis baixas dende hai un mes. // As axencias de viaxe dan por perdida a temporada de Semana Santa e contan con reanudar a actividade a partir de xuño. 22-02-2021
Ademais de moita choiva, vento, e ríos desbordados, a borrasca Karim deixou neve nas montañas máis altas durante a fin de semana. Despois dalgunhas dificultades no tráfico, hoxe, con ceos solleiros e a pesar das xeadas, circulase con normalidade. 22-02-2021
A Hostalaría, pendente da decisión que hoxe anunciará o Comité Clínico da Xunta, e que suporá un primeiro alivio nas restriccións, logo de case un mes de peche total. A Mellora da situación epidemiolóxica abre a posibilidade de levantar tamén os peches perimetrais en algúns concellos. // A administración da primeira dose da vacina aos maiores de 80 anos que non viven en residencias, comenzou hoxe en tódalas áreas sanitarias, a partir dos apelidos que comenzan por H. Son unhas 224.000 persoas que a consellería de Sanidade calcula que estarán completamente inmunizadas a principios de maio. //Os casos activos quedan en pouco máis de 8.000, logo de caer en medio milleiro no último día. A ocupación hospitalaria e das UCI sitúase nas cifras máis baixas dende hai un mes. // As axencias de viaxe dan por perdida a temporada de Semana Santa e contan con reanudar a actividade a partir de xuño. 22-02-2021
Oito centros de saúde da área sanitaria de Santiago proban o sistema que se estende o luns ao resto de Galicia e co que se prevé inmunizar a 224.000 persoas
O cabalo de raza galega habita nos nosos montes desde tempos inmemoriais. Máis da metade dos 1.500 exemplares que se conservan na actualidade están na provincia de Lugo. A Asociación de Criadores de Pura Raza Galega promove a súa cría tradicional e o consumo da súa carne para que non desapareza a súa xenética.
Os traballadores marchan desde a fábrica ao Concello das Somozas. Representantes dos traballadores e da dirección de Siemens Gamesa apuran as últimas horas do período de consultas do ERE