Fernando Abilleira, pontevedrés de orixe , entra na historia da investigación espacial, ao encargarse de supervisar a chegada, esta noite, do robot da Nasa Perseverance ao planeta Marte. A misión marcará un fito na busca de vida microbiana máis alá do noso planeta. // O Tribunar Superior de Xustiza rexeita anular o peche total dos establecementos de Hostalaría. En resposta a reclamación presentada pola asociación de empresarios do sector da Coruña, e a diferencia da decisión do Tribunal do País Vasco, entende que non se dan as circunstancias de urxencia para levar a cabo esa medida cautelar, e que debe prevalecer o interese sanitario. //. Maruxa fala da súa inflexibilidade mental, un dos problemas de conduta máis frecuentes nas persoas con síndrome de Asperger. Con doce anos convenceu a un dos seus mestres para que contase a súa vida nunha novela. Hoxe coñecimos a súa historia, no día internacional dese trastorno. 18-02-2021
Fernando Abilleira, de orixe pontevedrés, entra na historia da investigación espacial, ao encargarse de supervisar a chegada do robot da Nasa Perseverance a Marte. Será esta noite, e marcará un fito na busca de vida microbiana máis alá do noso planeta. // Descenso de 834 casos activos e 61 hospitalizados menos nun so día. A taxa de positividade cae tamén por debaixo do 5 por cento que se considera o límite para ter a pandemia baixo control. // Mobilización dos traballadores de Gamesa ante a falla de acordo para a negociación do ERE. A dirección pretende suprimir os 215 empregos da pranta das Somozas en Ferrol. // A abogacía do Estado renuncia a presentar recurso contra a sentenza que ordena indemnizar aos herdeiros de Franco polo mantemento do Pazo de Meirás. Considera axeitado o fallo da Audiencia da Coruña porque confirma que o Edificio e patrimonio público. 18-02-2021
Amaina o temporal de choiva das últimas horas que descargou con forza en comarcas como a de Vigo. A choiva foi intensa durante a pasada tarde chegando a rexistrárense máis de 72 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes ,en Pontevedra, onde hoxe se superan os 65. 18-02-2021
Fernando Abilleira, de orixe pontevedrés, entra na historia da investigación espacial, ao encargarse de supervisar a chegada do robot da Nasa Perseverance a Marte. Será esta noite, e marcará un fito na busca de vida microbiana máis alá do noso planeta. // Descenso de 834 casos activos e 61 hospitalizados menos nun so día. A taxa de positividade cae tamén por debaixo do 5 por cento que se considera o límite para ter a pandemia baixo control. // Mobilización dos traballadores de Gamesa ante a falla de acordo para a negociación do ERE. A dirección pretende suprimir os 215 empregos da pranta das Somozas en Ferrol. // A abogacía do Estado renuncia a presentar recurso contra a sentenza que ordena indemnizar aos herdeiros de Franco polo mantemento do Pazo de Meirás. Considera axeitado o fallo da Audiencia da Coruña porque confirma que o Edificio e patrimonio público. 18-02-2021
Unha rede de expertos de Galicia e Portugal estudan o stock e as condicions idóneas para o cultivo de macroalgas con aplicacións en biomedicina, alimentación ou acuicultura. Innovación para que a industria desenvolva novos produtos como un xel cicatrizante, en fase de experimentación
Homeless Home, do coruñés Alberto Vázquez, gañou o Premio do Xurado do Festival Internacional de Annecy, que lle abre as portas aos Oscar.
O día 6 de marzo compite en Málagapara os Goya con outras dúas producións.
Dúas empresas galegas, o grupo Cuevas e Hifas da terra, crean unha sobremesa con efectos beneficiosos na memoria a base de produtos autóctonos. O novo alimento, a base de castañas e cogomelos, podería ser útil contra o deterioro cognitivo asociado a patoloxías coma o alzheimer
Cines, teatros, bibliotecas e centros culturais recuperan hoxe a actividade. Reivindican a súa condición de espazos seguros, con restricións de cabida, e medidas sanitarias. Logo de tres semanas de parón, volverá tamén poder escoitarse música en vivo.
Cines, teatros, bibliotecas e centros culturais recuperan hoxe a actividade. Reivindican a sua condición de espazos seguros, con restricións de cabida, e medidas sanitarias. Logo de tres semanas de parón, volverá tamén poder escoitarse música en vivo. // O presidente da Xunta di que o PP necesita cambios máis profundos, xunto coa venda da sede en Madrid, logo dos resultados en Cataluña. // O SUP oponse ao peche das salas operativas do 091 de Lugo e Ourense para centralizar a atención telefónica na Coruña, previsto para o próximo día 1 de marzo. // Luar Na Lubre comeza hoxe unha nova xira presentando en Madrid o seu último traballo nun concerto no Novo Teatro Alcalá . E un álbum enfiado con lendas e historias dos viaxeiros que percorreron ao longo dos séculos os camiños de Santiago. 17-02-2021
Cines, teatros, bibliotecas e centros culturais recuperan hoxe a actividade, con restricións de cabida, e medidas sanitarias. Logo de tres semanas de parón, volve tamén a música en vivo.. // A baixada da incidencia estase a deixar notar tamén na presión hospitalaria. O número de pacientes nas UCI baixa de 200, por primeira vez nos últimos 20 días. Hoxe son 187, unha cifra ainda superior aos 178 que chegou a haber no pico da primeira vaga. //A Xunta pon en marcha nos centros educativos un plan de Benestar Emocional emociona para contrarrestar o efecto da crise sanitaria en alumnos e profesores. Os expertos advirten dun aumento de situacións de estress e ansiedade que pode afectar aos resultados académicos. // Dúas empresas galegas desenvolven un alimento a base de castañas e cogomelos e que podería ser útil contra patoloxías coma o Alzheimer. 17-02-2021
Cines, teatros, bibliotecas e centros culturais recuperan hoxe a actividade. Reivindican a sua condición de espazos seguros, con restricións de cabida, e medidas sanitarias. Logo de tres semanas de parón, volve tamén a música en vivo.. // A baixada da incidencia estase a deixar notar tamén na presión hospitalaria. O número de pacientes nas UCI baixa de 200, por primeira vez nos últimos 20 días. Hoxe son 187, unha cifra ainda superior aos 178 que chegou a haber no pico da primeira vaga. //A Xunta pon en marcha nos centros educativos un plan de Benestar Emocional emociona para contrarrestar o efecto da crise sanitaria en alumnos e profesores. Os expertos advirten dun aumento de situacións de estress e ansiedade que pode afectar aos resultados académicos. // Dúas empresas galegas desenvolven un alimento a base de castañas e cogomelos e que podería ser útil contra patoloxías coma o Alzheimer. 17-02-2021
Na costa xa se empezou a notar o aumento dos refachos de vento do sur. Pola tarde actívase unha alerta no litoral atlántico por ondas de ata cinco metros. En terra o peor agardase para últimas horas do día na Coruña e Pontevedra. A aemet avisa de que se poden acumular ata 40 litros por metro cadrado. 17-02-2021
Centos de profesionais e unhas corenta compañías de teatro galegas sufriron unhas restricións que os obrigaron a adiar estreas que tiñan preparadas
Os pequenos comercios, a piques de recuperar, mañá o horario habitual. O sector segue afectado pola limitación de cabida ao 50 por cento e as restriccións de mobilidade. // Tamén se recupera a actividade cultural, e volverá haber público en cines, teatros e auditorios, con cabidas máximas do 30 por cento. Máis de 300 profesionais e unhas corenta compañías de teatro sofriron as restriccions. // A Hostalaría acolle con resignación a continuidade do peche total dos establecementos ao público, pero advirte da sua grave situación e reclama máis axudas. A Xunta ultima un plan para a reapertura mediante un control de cabida e un rexistro de clientes. // División entre as forzas políticas sobre a prohibición da caza do lobo. O PP pronunciase en contra, mentre a oposición acusa á Xunta de non afrontar os danos que provoca o lobo os gandeiros. 16-02-2021
A tradición do Martes de Antroido rexistra a sua edición máis estraña. Sen desfiles urbanos nin eventos masivos, pequenas localidades, como a parroquia de Sande, en Cartelle, manteñen viva a celebración. // A Hostalaría acolle con resignación a continuidade do peche total dos establecementos ao público, pero advirte da sua grave situación e reclama máis axudas. A Xunta ultima un plan para a reapertura mediante un control de cabida e un rexistro de clientes. // Socialistas e nacionalistas desmárcanse do rexeitamento do Partido Popular a prohibición da caza do lobo en Galicia. Acusan á Xunta de mala xestión nas axudas aos gandeiros afectados. // Continúa o descenso de casos activos, con menos contaxios novos, e a presión hospitalaria baixa a menos de mil ingresados, 205 nas UCi. Nas últimas horas notifícanse 28 falecementos máis. 16-02-2021

Unha fronte fría cruzou Galicia deixando chuvias que foron remiten a partir do mediodía e mesmo irán dando paso a apertura de claros ao longo da tarde. No mar, alerta amarela en parte da costa coruñesa por ondas de ata cinco metros. As temperaturas baixan. 16-02-2021
O Comercio recuperará o mércores o seu horario habitual. Será, xunto coa reapertura de actividades culturais, o primeiro paso dunha desescalada que se prevé moi gradual e incluirá certas actividades progresivas ou as clases presenciais na Universidade. Así o acordou o Comité Clínico, que deixou para dentro dunha semana como mínimo a decisión sobre a hostalaría. // A Federación de Hostalería de Pontevedra presentou unha demanda ante o tribunal de xustiza galego. Buscan a suspensión cautelar das restriccións ao sector decretadas pola Xunta por mor da pandemia. // O rei emérito non está xa no mapa de rúas de Pontevedra. O pleno do concello aprobou hoxe a retirada nunha avenida da cidade do nome de Juan Carlos I. Será sustituido polo de Virxinia Pereira, a viuva de Castelao. 15-02-2021
Que lles permitan os seus negocios e que lles compensen polo tempo que levan de peche total. Son as reclamacións que os empresarios da Hostalaría de Pontevedra facían chegar hoxe ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. // O Comité Clínico da Xunta, reunido hoxe para avaliar a situación, considera que é, precisamente o cumprimento das restriccións sanitarias o que fixo posible a drástica baixada de novos contaxios dos últimos días. // Os socialistas galegos resaltan que o PSC recupere a condición de forza máis votada en Cataluña. O BNG destaca que o triunfo e para as forzas soberanistas baixo o liderazgo de ERC. // Milleiros de galegos, afectados pola imposición do Reino Unido de contratar dous test de COVID adicionais, antes de sair, a quen queira viaxar ao seu territorio. A norma encarecerá as viaxes nuns 500 euros. 15-02-2021