Os cribados masivos mediante mostras de saliva son empregados xa con 50.000 galegos, e teñen permitido detectar ata 180 positivos asintomáticos. En conxunto, o test dos últimos días reflexan que a tendencia é a diminuir o número de contaxios, e a Xunta anticipa a posibilidade de aliviar as restricións a próxima semana. // Drástico descenso nos casos activos en Galicia. Caen ata os 19.240, 720 menos ca onte. Baixan tamén os novos contaxios, tras rexistrarse 526 no último día, colas a cifra máis baixa desde antes de Reis e de dispararse a curva desta terceira vaga. A taxa de positividade baixa ao 4,5%. // Hoxe celébrase o Día Internacional da Epìlepsia. En Galicia hai 33.000 persoas que padecen esta enfermidade. Conseguir un emprego estable é un dos principais problemas que teñen e que o paro aumenta coa pandemia tamén neste colectivo.
Os casos activos caen por terceiro día consecutivo, e sitúanse na cifra máis baixa dende o nadal. Os hospitalizados, sen embargo, seguen a aumentar, e nas UCI chegan ao máximo de 254. // Distribuidores de hostalaría protestan en Lugo mediante unha caravana caravana de vehículos, en demanda de axudas públicas directas e subvencións á mercadoría caducada.// Profesores e alumnos das tres universidades galegas adaptanse, dende hoxe, a retomar a actividade mediante clases exclusivamente telemáticas. Os rectores aseguran contar con tódolos medios necesarios para seguir coa docencia online ata que mellore a situación sanitaria. // Nadar, montar en bici ou os videoxogos, son actividades vetadas para quen sofre epilepsia, Un trastorno crónico que conta en Galicia cuns 30.000 afectados. 08-02-2021
Galicia queda na influencia dunha borrasca que se situa ao norte, o que propiciará ceos parcialmente cubertos con chubascos probables en cualquier punto, que ocasionalmente poderán vir acompañados de saraiba e treboadas.A cota de neve quedará nos 900-1.000 metros. 08-02-2021
Os casos activos caen por terceiro día consecutivo, e sitúanse na cifra máis baixa dende o nadal. Os hospitalizados, sen embargo, seguen a aumentar, e nas UCI chegan ao máximo de 254. // Distribuidores de hostalaría protestan en Lugo mediante unha caravana caravana de vehículos en demanda de axudas públicas directas e subvencións á mercadoría caducada. // Profesores e alumnos das tres universidades galegas adaptanse, dende hoxe, a retomar a actividade mediante clases exclusivamente telemáticas. Os rectores aseguran contar con tódolos medios necesarios para seguir coa docencia online ata que mellore a situación sanitaria. // Nadar, montar en bici ou os videoxogos, son actividades vetadas para quen sofre epilepsia, Un trastorno crónico que conta en Galicia cuns 30.000 afectados. 08-02-2021
Polémica pola prohibición da caza do lobo en todo o territorio. A satisfacción dos ecoloxistas contrasta co malestar das asociacións de gandeiros e cazadores, trala decisión adoptada polo Ministerio de Transición Ecolóxica de incluir ao Lobo Ibérico na listaxe de Especies de Protección Especial. // Importante descenso nos casos activos, que caen por baixo dos 22 mil por primeira vez en oito días. // A Xunta ofrece formalmente axuda sanitaria a Portugal, que podería, por tanto, derivar doentes de covid ao Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Así o confirmou o presidente Núñez Feijóo, // Ourense acolle por primeira vez a celebración do Campionato Nacional de hockey sala masculino, cos oito mellores equipos de España. Entre eles, o Barrocás de Ourense, que este mediodía perdía o seu primeiro partido contra o Barcelona, o vixente campión. 05-02-2021
Os gromos detectados en residencias coma a de Carballo, con máis de 80 infectados activos, dificultan completar o plan de vacinación para o colectivo máis vulnerable. A Xunta fai un chamamento a participar nos cribados previstos para a fin de semana en varias cidades. // Baixan os casos activos e tamén Os pacientes ingresados, que son un total 1.289, ainda que na nas UCi continua aumentando a cifra, ata 254. Nas últimas horas Contabilízanse otros 30 falecementos máis pola Covid. // O confinamento perimetral dos concellos afoga a moitos pequenos comercios que dependen da clientela comarcal. // Satisfacción entre os ecoloxistas e malestar nas asociacións de gandeiros e cazadores pola prohibición da caza do lobo, aprobada polo Ministerio de Transición Ecolóxica. 05-02-2021
Os gromos detectados en residencias coma esta, de Carballo, con máis de 80 infectados activos, dificultan completar o plan de vacinación para o colectivo máis vulnerable. A Xunta fai un chamamento a participar nos cribados previstos para a fin de semana en varias cidades. // Baixan os casos activos e tamén Os pacientes ingresados, que son un total 1.289, ainda que na nas UCi continua aumentando a cifra, ata 254. Nas últimas horas Contabilízanse otros 30 falecementos máis pola Covid. // O confinamento perimetral dos concellos afoga a moitos pequenos comercios que dependen da clientela comarcal. Os propietarios. // Satisfacción entre os ecoloxistas e malestar nas asociacións de gandeiros e cazadores pola prohibición da caza do lobo, aprobada polo Ministerio de Transición Ecolóxica. 05-02-2021
Galicia continua en situación intermedia, anque con máis aire frío nas capas medias e altas da atmósfera. Ceo con alternacia de nubes e claros pola mañá con máis nubes ao norte. As chuvias máis xeneralizadas pola tarde coa cota de neve nos 1.200 metros. 05-02-2021
Os test que poden detectar a presenza de virus en asintomáticos cunha mostra de saliva chegan a seis farmacias da provincia de Pontevedra. Son as primeiras que colaboran nun programa que pretende multiplicar a capacidade do Sergas para identificar e illar canto antes a posibles infectados. // Os casos activos baixan por segundo día consecutivo e tamén os hospitalizados, por terceiro día. Hoxe hai 22.399 infectados co virus, 41 menos ca onte, malia que os contaxios diarios repuntan lixeiramente ata os 1.183. // // Unhas tres mil persoas poden ter en Galiza un cancro en desenvolvemento sen sabelo. É a denuncia da Asociación española contra o cancro neste Día Mundial da enfermidade, no que as restricións obrigaron a cancela-los actos na rúa. 04-02-2021
As dificultades de acceso á atención primaria e a eliminación dos cribados provocan un atraso nas deteccións que pode incrementar a gravidade e a mortalidade
Paz Maceira ingresou o 17 de marzo por un ataque epiléptico. Cre que “naquel momento estaban tan concienciados coa Covid que non prestaban toda a atención a outras cousas”. Mandárona para casa, ata que en maio se repetiu o suceso. E aí si, chegou a mala nova: tiña un tumor cerebral.
Os test de saliva que poden detectar a presenza de virus en asintomáticos chegan a tres farmacias de Pontevedra e outras tres de Vigo. Son as primeiras en colaborar no programa co que o Sergas pretende multiplicar a capacidade para identificar e illar canto antes a posibles infectados. //Os pacientes ingresados baixan en 55 e son 1.317 dos que 247 se manteñen nas UCi. Notificanse outros 37 falecementos e case 1.200 novos contaxios. // Os diagnósticos de cancro caen un 20 por cento no último ano, debido ao freo dos cribados para a detección precoz. Así o denuncia a asociación española contra o cancro, no día mundial contra a enfermidade .// Alcaldes de Galicia e o norte de Portugal protestan na vella Ponte internacional polo peche de pasos fronteirizos. 04-02-2021
Os test de saliva que poden detectar a presenza de virus en asintomáticos chegan a tres farmacias de Pontevedra e outras tres de Vigo. Son as primeiras en colaborar no programa co que o Sergas pretende multiplicar a capacidade para identificar e illar canto antes a posibles infectados. //Os pacientes ingresados baixan en 55 e son 1.317 dos que 247 se manteñen nas UCi. Notificanse outros 37 falecementos e case 1.200 novos contaxios. // Os diagnósticos de cancro caen un 20 por cento no último ano, debido ao freo dos cribados para a detección precoz. Así o denuncia a asociación española contra o cancro, no día mundial contra a enfermidade. // Alcaldes de Galicia e o norte de Portugal protestan na vella Ponte internacional polo peche de pasos fronteirizos. 04-02-2021
Un centro de baixas presións situado sobre o sur de Portugal deixará inestabilidade atmosférica. O ceo estará parcialmente anubado en xeral, con precipitacións intermitentes pola mañá na franxa atlántica e máis claros no tercio norte co avance do día. Pola tarde, unha fronte asociada á borrasca aumentará a probabilidade de chuvias persistentes. 04-02-2021
Comeza a descender o número de contaxios en Galicia e a incidencia acumulada a sete días. O comité clínico dediciu que as farmacias de Pontevedra colaboren cos cribados
Bancos marisqueiros estragados pola chegada masiva de auga doce. É o efecto das abondosas chuvias das últimas horas nos areais da boca das Rías. As mariscadoras dan por perdida a campaña da ameixa e o berberecho // A Audiencia Provincial de Lugo arquiva a macrocausa do Garañón que investigaba presuntas irregularidades urbanísticas ao entender que nonexisten indicios da comisión de delitos. // Comeza a descender o número de contaxios en Galicia e a incidencia acumulada a sete días, segundo anuncia a conselleiro de Sanidade que ve motivos para o optimismo, pero non para baixar a garda. O comité clínico dediciu tamén que as farmacias de Pontevedra comecen a facer recollidas de saliva para facer probas PCR. 03-02-2021
Ríos desbodados en zonas do interior e pequenas inundacións. É o resultado da abondosa choiva das últimas horas, que contribue a encher os encoros por riba do 75 por cento da capacidade. O exceso de auga doce na boca das Rías, onde provoca gran mortandade no marisqueo. // A curva da Pandemia parece comenzar a estabilizarse, con 22.400 casos activos, pese a que os novos contaxios rexistrados no último día volven superar os mil. A presión hospitalaria redúcese lixeiramente, e Nas UCi hai sete ingresados menos. // Abanca declara un beneficio de 160 millóns de euros en 2020, tras adicar 273 millóns a provisións. E un 60 por cento menos que o do ano anterior. // O aumento das reformas e obras de rehabilitación permitíu á construcción consolidarse como o sector no que a Pandemia tivo un menor impacto. 03-02-2021
Amaina o temporal en terra e no mar a alerta rebaixouse a nivel amarelo por ondas de ata cinco metros. Pola tarde irá diminuindo a nubosidade e as precipitacións despois de que na xornada de onte superaran o previsto. Ata 125 litros por metro cadrado caeron en Lousame. 03-02-2021
Ríos desbodados en zonas do interior e pequenas inundacións. É o resultado da abondosa choiva das últimas horas, que contribue a encher os encoros por riba do 75 por cento da capacidade. O exceso de auga doce na boca das Rías, onde provoca gran mortandade no marisqueo. // A curva da Pandemia parece comenzar a estabilizarse, con 22.400 casos activos, pese a que os novos contaxios rexistrados no último día volven superar os mil. A presión hospitalaria redúcese lixeiramente, e Nas UCi hai sete ingresados menos. // Abanca declara un beneficio de 160 millóns de euros en 2020, tras adicar 273 millóns a provisións. E un 60 por cento menos que o do ano anterior. // O aumento das reformas e obras de rehabilitación permitíu á construcción consolidarse como o sector no que a Pandemia tivo un menor impacto. 03-02-2021
A delegación do Parlamento de Galicia, formada pola portavoz do BNG Ana Pontón, o socialista Gonzalo Caballero e Diego Calvo do PP, defende no Congreso dos Deputados que a xestión da AP-9 sexa transferida a Galicia. // Repuntan os casos activos, logo de rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas horas. Os hospitalizados baixan lixeiramente, ainda que a ocupación das UCI chega a un novo máximo de 253 pacientes.. // O paro descende en Galicia no mes de xaneiro, en 3.600 persoas. É a única comunidade xunto con Baleares e Ceuta onde hai unha baixada. // A audiencia provincial da Coruña confirma a condena a 6 anos de cadea a José Manuel Vázquez, "Coté", un home que exerceu durante 5 anos como falso médico en Ferrol. 02-02-2021