Dous encarapuchados atracan unha gasolineira en Buño, Malpica. // A Fiscalía pide plans contra a corrupción. // A abstención do Partido Popular impide que se lle retire a Franco o título de presidente de honra da Deputación de Lugo. // CLESA: Peche na factoría agardando a decisión sobre a oferta de Feiraco. // No castro de Castañoso, na Fonsagrada, consérvase unha das poucas saunas castrexas de Galicia. (27/12/11)
Unhas vinte familias de Valdoviño, na Coruña, pasaron o Nadal na casa do concello ante o desbordamento da lagoa da Frouxeira, que inundou varias vivendas e o paseo marítimo que as comunica. // 3 mortos noutros tantos accidentes nas estradas galegas en 48 horas. // Despoboamento: Ata 2021 nacerán 113.000 galegos menos dos que morrerán. // Baixón na ocupación hoteleira polo descenso de visitantes portugueses. // Alternativas para entreter as vacacións dos nenos. // Tradicións: O Pandigueiro volve ás vilas. (26/12/11)
O desbordamento da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, inunda varias vivendas e o paseo marítimo. // 3 mortos en accidentes nas estradas galegas en 48 horas. // Despoboamento: Ata 2021 Galicia perderá 113.000 habitantes. // Baixón na ocupación hoteleira en Nadal. // Alternativas para entreter as vacacións dos nenos. // Tradicións: O Pandigueiro. (26/12/11)
Ceos despexados e bancos de néboa matinais nalgúns puntos do interior. Temperaturas sen cambios e xeadas débiles en zonas do interior. Ventos frouxos de dirección variable. (26/12/11)
Compras na véspera de Noiteboa: Ambiente nas prazas e prezos altos. // A Xunta recorre a valoración de NCG Banco que fixo o FROB en setembro e lle permitiu quedarse co 93 por cento da entidade. // 150 traballadores da transformación da madeira amezados por EREs na Mariña de Lugo. // Alternativas lúdicas para as vacacións de Nadal dos máis pequenos. // A animación galega de Copito de Nieve chega aos cines. // Xosé Campo, el belenista centenario de Parada de Sil. 23/12/11
Véspera de Noiteboa: Ambiente nas prazas e prezos altos. // A Xunta recorre a valoración de NCG Banco que fixo o FROB. // 150 traballadores da madeira amezados por EREs na Mariña de Lugo. // Alternativas lúdicas para as vacacións de Nadal. // A animación galega de Copito de Nieve chega aos cines. // Belenista centenario en Parada de Sil. 23/12/11
Ceos nubrados e algunhas chuvias débiles na metade Norte, máis probables a partir do mediodía. Vento do Oeste na metade Norte, con intervalos de moderado no litoral, e de dirección variable no resto. Temperaturas mínimas sen cambios e posibles xeadas no interior. 23/12/11
Galicia ten que conformarse outro ano máis cos beliscos na lotaria de Nadal. O máis o grande o que deixou parte dun quinto o premio, o 92202, vendido no Barco de Valdeorras repartiu máis de tres millóns e medio de euros. // Ana Pastor releva a Blanco no Ministerio de Fomento. // Parlamento galego: A oposición pide ao presidente da Xunta que esixa a Rajoy o mesmo que a Zapatero // Festas de Nadal sen vieira das rías galegas pola marea vermella. // O Deportivo, eliminado da Copa nun partido cheo de incidentes. 22/12/11
Galicia ten que conformarse cos beliscos na lotaria de Nadal. // Ana Pastor releva a Blanco en Fomento. // Parlamento galego: A oposición pide que se esixa a Rajoy o mesmo que a Zapatero // Nadal sen vieira de Galicia. // O Deportivo, eliminado da Copa. 22/12/11
Ceo pouco nubrado ou despexado, aínda que con néboas no interior localmente persistentes. No litoral, algunhas nubes baixas máis frecuentes pola tarde. Vento frouxo de dirección variable. Temperaturas mínimas en descenso entre lixeiro y moderado. 22/12/11
A tres días de Noiteboa, peixe e marisco abundantes nos mercados e a prezos que van a máis. A cigala e a centola xa se vendían hoxe a 40 euros. // Mariano Rajoy xura como presidente do Goberno ante os Reis e os tres poderes do Estado. // No Parlamento galego, visto e prace definitivo aos orzamentos autonómicos para o próximo ano. 9.135 millóns de euros. // Falta un día para o sorteo de Nadal e en Ourense están convencidos que este ano se vai romper o maleficio de seren das cidades nas que nunha caeu o premio gordo. // O Celta abandona a Copa do Rei e o Depor xoga hoxe con vantaxe de dous goles. // De Luns a Venres: V aniversario do único xornal en galego. 21/12/11
A tres días de Noiteboa, peixe e marisco suben de prezo. // Mariano Rajoy xura como presidente do Goberno. // Visto e prace do Parlamento aos orzamentos autonómicos para o próximo ano. // En Ourense están convencidos que este ano se vai romper o maleficio de seren das cidades nas que nunha caeu o gordo de Nadal. // O Celta abandona a Copa do Rei. // De Luns a Venres: Aniversario do único xornal en galego. 21/12/11
Nubes e néboas na primeira metade do día con algúns chuvascos ocasionais no litoral Norte e tendencia a abrirse claros á tarde, que na metade Sur deixarán o ceo despexado. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto os valores mínimos como os máximos. 21/12/11
Mariano Rajoy xa é presidente do Goberno español. O Parlamento galego debate os orzamentos de 2012. // Elnosa ten que deixar a Ría de Pontevedra en xaneiro de 2014. // A conserveira incendiada en Cangas, Pontevedra, busca un novo emprazamento para manter a actividade e os empregos. // Os alumnos de Deseño e Moda abren unha tenda de Nadal en Pontevedra. 20/12/11
Ceos moi anubrados, con precipitacións débiles, máis probables na metade Oeste. Ventos do Oeste e temperaturas en ascenso. 20/12/11
Mariano Rajoy xa é presidente do Goberno. O Parlamento galego debate os orzamentos de 2012. // Elnosa ten que deixar a Ría de Pontevedra en 2014. // A conserveira incendiada en Cangas busca un novo emprazamento. // Os alumnos de Deseño e Moda abren unha tenda de Nadal en Pontevedra. 20/12/11
Sesión especial no Parlamento galego para celebrar o trinta aniversario da constitución da cámara autonómica. // Comeza o xuízo pola presunta sobrevaloración de Fadesa. Declaran como testemuñas Manuel Jove e Antonio de la Morena. // Un incendio destrúe unha conserveira histórica de Cangas, afecta a outra, e deixa no paro a preto dun cento de traballadores. // O xabarín estraga cincuenta hectáreas de prado en Paradela, en Lugo. // Deportivo e Celta, en postos con opcións para ascender a Primeira. (19/12/11)
Sesión especial no Parlamento galego para celebrar o trinta aniversario da constitución da cámara. // Comeza o xuízo pola presunta sobrevaloración de Fadesa. // Un incendio destrúe unha conserveira histórica de Cangas. // O xabarín estraga cincuenta hectáreas de prado en Paradela, en Lugo. // Deportivo e Celta, en postos con opcións de ascenso. (19/12/11)
Ceos anubrados ou moi anubrados na metade oeste, con posibilidade de chuvias ocasionais, abríndose claros pola tarde no leste. Pola noite, os chuvascos serán máis xeneralizados. Temperaturas sen cambios. (19/12/11)
Catro días de temporal, coa maior parte da flota de baixura amarrada nos portos, deixa as prazas de abastos con pouco peixe e marisco galegos, e máis caros. // O presidente da Xunta di que a economía galega está enferma polas decisións de Madrid. // O porto de Vigo instala un sistema para detectar vertidos en tempo real. // Formación homologada para traballar en alturas. // Uns mil oitocentos capóns foron criados este ano en Vilalba de xeito tradicional. Deles mil douscentos poñeránse á venda na feira do capón do próximo domingo. // Gala dos Premios da Cultura Galega 2011. 1612/11