Ceo pouco nubrado ou despexado á espera dunha fronte que chegará o xoves e que irá achegando nubes durante a tarde pola Costa da Morte. Vento frouxo do Sur, con intervalos de moderado no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios significativos. (25/01/12)
José Luis Baltar, deixa a política. // Probablemente será o seu fillo, José Manuel quen herde agora o lugar do seu pai á fronte da Deputación de Ourense. // Un cemiterio simbólico en Santiago para denunciar a caza do raposo. // Comezan en Valdoviño as obras para baixar o nivel da auga da lagoa da Frouxeira. (25/01/12)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo da a entender que haberá, tamén en Galicia, máis recortes gastos para adaptarse á realidade económica. // A multinacional galega da madeira Finsa presenta un ERE temporal para os 1.300 empregados das súas fábricas de Galicia. // Nova redada en Sevilla contra o contrabando de tabaco que se vende en Galicia. A Axencia Tributaria está intensificando o control nos portos da península a onde chega tabaco de China e doutros países. // O cardeal Rouco Varela ensalzou a figura humana e política de Manuel Fraga nun funeral solemne ao que asistiron os príncipes de Asturias. // Dúas alumnas dun colexio de Rois son seleccionadas entre máis de dous mil aspirantes de 80 países nun concurso sobre posibles experimentos na Estación Espacial Internacional. // Pecha a programación do Teatro Colón da Coruña. (24/01/12)
Alberto Núñez Feijóo da a entender que haberá, tamén en Galicia, máis recortes. // Finsa presenta un ERE temporal para os seus 1.300 empregados de Galicia. // A Axencia Tributaria intensifica o control sobre o tabaco de contrabando. // Funeral por Manuel Fraga coa asistencia dos príncipes de Asturias. // Dúas alumnas dun colexio de Rois son seleccionadas nun concurso sobre posibles experimentos na Estación Espacial Internacional. // Pecha o Teatro Colón da Coruña. (24/01/12)
Predominio do sol, aínda que a primeira hora haberá néboas no interior, e nubes no Norte da provincia de Lugo. Vento frouxo do Leste, con intervalos moderados pola tarde no litoral Noroeste de A Coruña. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, localmente moderado no litoral Norte, con xeadas en puntos do interior. (24/01/12)
Menos cantidade e máis pequenas. A falta de chuvias deste inverno, que mantén en mínimos o caudal dos ríos, está a retrasar a chegada das lampreas a Galicia. // Feijóo: "A herencia do Bipartito dificulta a creación de emprego". // Técnicos da Deputación de Ourense deseñan un sistema para vixiar e controlar as verteduras industriais que non poida tratar a depuradora de San Cibrao das Viñas. // Reactivase tras case dous anos paralizado o caso das multas de Lugo . Esta semana comparecerán ante a xuíza instrutora uns 20 axentes. // Celta e Deportivo mantéñense no alto da clasificación. O Obradoiro perde ante o Bilbao basket. 23/01/12
Temporada de lamprea: Menos cantidade e máis pequenas. // Feijóo: "A herencia do Bipartito dificulta a creación de emprego". // Deseñan un sistema para vixiar e controlar as verteduras industriais que non poida tratar a depuradora de San Cibrao das Viñas. // Reactivase o caso das multas de Lugo. Esta semana declaran uns 20 axentes. // Celta e Deportivo mantéñense no alto da clasificación. 23/01/12
Nubes ao Norte de Galicia e ceos pouco anubrados no resto. Vento frouxo de compoñente Norte que pola tarde aumentará a moderado do Nordés no litoral Oeste da Coruña. Temperaturas sen cambios significativos. 23/01/12
Máis de medio cento de empresas implicadas nun fraude a Facenda que podería superar os dez millóns de euros. Investígao un xulgado de Vigo. // En Cambre, na Coruña, esperan noticias do hostaleiro Juan Cortés, secuestrado en Caracas desde o sábado. // Polémica en Lugo por se lle poñen o nome de Manuel Fraga a unha rúa e ao futuro auditorio da cidade. // Carlos Aymerich e Xosé Manuel Beiras unen varias correntes do BNG para presentar un lista alternativa á da UPG. // Homenaxe a Fraga na presentación da oferta turística galega en Fitur. // "Arrugas", unha historia de animación sobre o alzheimer que chega aos cines. 20/01/12
Máis de medio cento de empresas implicadas nun fraude a Facenda. // En Cambre esperan noticias do hostaleiro Juan Cortés, secuestrado en Caracas. // Polémica en Lugo por se lle poñen o nome de Manuel Fraga a unha rúa e ao futuro auditorio. // Carlos Aymerich e Xosé Manuel Beiras unen varias correntes do BNG para presentar alternativa á UPG. // Presentación da oferta turística galega en Fitur. // "Arrugas", unha historia sobre o alzheimer. 20/01/12
Anubrado durante a primeira metade do día, con máis nubes na metade Norte e posibles precipitacións débiles e dispersas, aínda que a tendencia será cara a unha apertura importante de claros. Vento frouxo ou moi frouxo, do Oeste no terzo Norte e de compoñente Norte no resto. Temperaturas sen cambios. 20/01/12
Traballadores dos estaleiros da Ría de Vigo marchan entre Moaña e Cangas para pedir ás administracións medidas que garantan o futuro do sector. // A Xunta vai subir un 19 por cento as taxas das escolas infantís públicas, as da rede Galiña Azul. // Os socialistas galegos van percorrer toda Galicia en busca de propostas para a ponencia marco do seu congreso que terá lugar en marzo. // Esta tarde vanse poxar as primeiras ameixas do banco marisqueiro de Praceres,en Pontevedra, libres xa de contaminación tras permanecer dez días na batea de depuración. // A vivenda de Jorge Dorribo, embargada debido ás elevadas débedas de Nupel, está sendo desmontada. 19/01/12
Traballadores dos estaleiros da Ría de Vigo marchan entre Moaña e Cangas para pedir ás administracións medidas que garantan o futuro do sector. // A Xunta vai subir un 19 por cento as taxas das escolas infantís públicas. // Os socialistas galegos buscan propostas para o seu congreso. // Primeiras ameixas depuradas en batea. // Desmontan a vivenda de Jorge Dorribo. 19/01/12
Homenaxe a Manuel Fraga en Vilalba, a súa vila natal. // O Goberno vaille dar crédito as comunidades autónomas, para que salden as débedas cos provedores, pero vailles esixir tamén que cumpran os obxectivos de contención do déficit. // Sae a concurso a xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra, unha gardería pública construída en terreos cedidos polo Concello. A CIG denuncia que é o comezo da privatización da rede de escolas infantís da Xunta. // As consultas telefónicas sobre violencia de xénero aumentaron un 12 por cento o ano pasado. // Comeza a funcionar un grupo de traballo entre a Xunta e os partidos do Parlamento para tentar defender conxuntamente o sector pesqueiro galego fronte á reforma da política pesqueira común que propón a Comisión Europea. (18/01/12)
Ceos moi anubrados ou cubertos con precipitacións intermitentes, máis frecuentes na metade Norte. Vento frouxo do Sur e Sueste, con intervalos moderados no litoral Norte. Temperaturas mínimas en moderado ascenso. (18/01/12)
Homenaxe a Manuel Fraga en Vilalba. // O Goberno vaille dar crédito as comunidades autónomas, para que salden as débedas cos provedores. // Sae a concurso a xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra. // As consultas telefónicas sobre violencia de xénero aumentaron un 12 por cento o ano pasado. // Partidos e Xunta suman forzas ante á reforma da política pesqueira común que propón a Comisión Europea. (18/01/12)
Manuel Fraga volve para repousar definitivamente en Galicia. Sobre as dez da mañá o cadaleito abandonaba o seu domicilio de Madrid e arestora viaxa cara Perbes. // Bandeiras con crespóns negros, libros para asinar condolencias e tres días de loito. É o dó oficial. // O ex ministro José Blanco declarará a petición propia no Tribunal Supremo o vindeiro 26 de xaneiro. // En Galicia, danse unha media de seis desafiuzamentos ao día, que a xente non o conta por vergoña. // Cada ano abandónanse en Galicia arredor de 9.000 cans e gatos. Na festividade de San Antón Abade, patrón dos animais, as protectoras chaman á conciencia social, para evitar que as mascotas que se regalan polo Nadal acaben nos refuxios, ou na rúa. 17/01/12
Manuel Fraga volve para repousar definitivamente en Galicia. // Bandeiras con crespóns negros, libros para asinar condolencias e tres días de loito oficial. // O ex ministro José Blanco declarará a petición propia no Supremo o día 26. // En Galicia, seis desafiuzamentos cada día. // Cada ano abandónanse en Galicia arredor de 9.000 cans e gatos. 17/01/12
Néboas matinais no interior, localmente persistentes, e ceos en conxunto pouco anubrados, con algunhas nubes de tipo medio e alto durante o día. Vento frouxo de dirección variable ou con predominio do compoñente Sur, tendendo a aumentar en intensidade pola tarde no litoral Noroeste. Temperaturas en lixeiro ascenso, aínda que con xeadas en zonas do interior. 17/01/12
Manuel Fraga morreu onte á noite no seu domicilio de Madrid, ao complicarse cunha neumonía os problemas respiratorios que sufría desde hai unhas semanas. // Políticos e institucións salientan a súa altura política e o amor a Galicia. // Loito especial en Vilalba, onde na naceu e en Perbes, onde vai repousar. // Comezan as obras para mellorar a seguridade do tráfico no corredor do Morrazo. // Celta e Depor, no alto da clasificación de Segunda. O Obradoiro perde outra vez. 16/01/12