Toma de posesión das novas conselleiras de Facenda e Sanidade e primeiro Consello da Xunta tras a remodelación do Goberno galego. // O PSdeG-PSOE cifra en 900 millóns de euros o custe para Galicia dos recortes e a subida de impostos do Goberno de Mariano Rajoy. // Os colexios de farmacéuticos son contrarios a excluír do financiamento público os medicamentos de menos de dous euros. // Valdoviño: Seguen as protestas polas inundacións da lagoa da Frouxeira. // Cabalgatas con materiais reciclados e iluminación de baixo consumo. // Hoxe cúmprense cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. (04/01/12)
Ceos nubrados e precipitacións durante a madrugada e primeiras horas da mañá. Pola tarde as chuvias tenden a desaparecer. Ventos frouxos de dirección variable e temperaturas sen cambios significativos. (04/01/12)
Primeiro Consello da Xunta cos novas conselleiras. // O PS de G cifra en 900 millóns o custe para Galicia dos recortes de Rajoy. // Os colexios de farmacéuticos, contrarios ao pago das medicinas de menos de dous euros. // Valdoviño: Seguen as protestas polas inundacións da lagoa da Frouxeira. // Cabalgatas con materiais reciclados. // Cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. (04/01/12)
A Xunta contará con dúas consellerías menos a partir de agora. Serán 8 en lugar das dez actuais. Cultura e Medio Rural cambian no novo organigrama e intégranse en Educación e na Consellería do Mar. // Reaccións: A oposición pensa que se van adiantar as eleccións autonómicas. // Pilar Farjas e Marta Fernández Currás toman posesión dos seus novos cargos en Madrid. // Galicia foi a segunda Comunidade na que máis subiu o paro en decembro. // Descontos antes do comezo oficial das rebaixas polo descenso do consumo. (03/01/12)
Ceos nubrados ou moi anubrados con chuvias débiles máis probables na metade Oeste. Ventos do Suroeste moderados con intervalos fortes no litoral Norte. Temperaturas sen cambios importantes. (03/01/12)
Núñez Feijóo remodela o Goberno galego e reduce dúas consellerías. // A oposición pensa que se van adiantar as eleccións autonómicas. // Pilar Farjas e Marta Fernández Currás toman posesión dos seus cargos en Madrid. // Galicia foi a segunda Comunidade na que máis subiu o paro en decembro. // Descontos antes do comezo das rebaixas. (03/01/12)
A Xunta e o Goberno central estudan con interés a proposta da Federación de Farmacias de Galicia de excluir da financiación pública os medicamentos de menos de dous euros. // Os nomeamentos de Rajoy forzan a recomposición da Xunta. // Cambio de ano con subas nos combustibles e nas peaxes. // Lugo: Un incendio destrúe dous locais de copas do casco histórico. // Alerta laranxa no mar. Ondas de ata seis metros deixan aos pesqueiros nos portos. (02/01/12)
Ceos con intervalos nubrados e algunhas precipitacións débiles e illadas, máis probables durante a mañá, que serán en forma de nove por enriba dos 1.000 metros a primeira hora. Ventos do oeste e sueste, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral. Temperaturas en descenso, sobre todo os valores mínimos. (02/01/12)
Proposta da Federación de Farmacias de Galicia para excluir da financiación pública os medicamentos de menos de dous euros. // Os nomeamentos de Rajoy forzan a recomposición da Xunta. // Cambio de ano con subas nos combustibles e nas peaxes. // Lugo: Un incendio destrúe dous locais de copas. // Ondas de ata seis metros deixan aos pesqueiros nos portos. (02/01/12)
Día de compras e preparativos para a última noite do ano. A maioría dos galegos optarán en noitevella por cear na casa. // Pilar Farjas, Marta Fernández Curras e Arsenio Fernández de Mesa, máis caras galegas no novo Goberno de Madrid. Os nomeamentos obrigan a recompoñer as Consellerías. // Decepción das asociacións que loitan contra a droga pola concesión ao narcotraficante Laureano Oubiña do terceiro grao penitenciario. // Un aparatoso incendio destruiu unha tenda de productos deportivos no barrio da Milagrosa, en Lugo. // Santiago: Conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo a Galicia. // Phanton Club presenta nun cine de Vigo o seu DVD "Muchas noches, buenas gracias". (30/12/11)
Día de compras e preparativos para a última noite do ano. // Pilar Farjas, Marta Fernández Curras e Arsenio Fernández de Mesa, novos cargos en Madrid. // Decepción das asociacións antidroga pola concesión a Oubiña do terceiro grao. // Un incendio destrue unha tenda de deportes en Lugo. // Santiago: Conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo. // Phanton Club presenta o seu DVD "Muchas noches, buenas gracias". (30/12/11)
Néboas localmente persistentes e ceos pouco anubrados en xeral, con intervalos de nubes baixas no litoral de A Coruña. Ventos moderados no litoral norte e máis frouxos canto máis ao sur. Temperaturas sen cambios significativos. (30/12/11)
O comercio minorista leva ano e medio perdendo vendas, pero sobreviven mellor as grandes superficies que as tendas tradicionais. // Consello da Xunta: O Goberno galego recorre no xulgado a liquidación dos ingresos autonómicos do 2009. // O ex ministro José Blanco reitera que as acusacións de Jorge Dorribo no Caso Campeón son falsas. // Obras de urxencia para mellorar a seguridade do corredor do Morrazo. // Buscan a un mariñeiro que caeu ao mar cando faenaba en Oleiros, na Coruña. (29/12/11)
Intervalos anubrados no norte de Lugo e A Coruña. No resto, néboas matinais que darán paso a ceos despexados. Temperaturas sen cambios significativos e vento frouxo. No litoral da Coruña e Lugo, alerta amarela por mar de fondo. (29/12/11)
O comercio minorista leva ano e medio perdendo vendas. // Consello da Xunta: O Goberno galego recorre a liquidación dos ingresos de 2009. // José Blanco reitera que as acusacións de Dorribo son falsas. // Obras para mellorar a seguridade do corredor do Morrazo. // Buscan a un mariñeiro que caeu ao mar en Oleiros, na Coruña. (29/12/11)
A rehabilitación do Pórtico da Gloria vai permitir ver o dez por cento da policromía orixinal que adornaba esta xoia da catedral de Santiago. // O Tribunal Supremo investigará ao exministro José Blanco pola Operación Campeón. // A operadora galega R pecha o ano con beneficios e con investimentos importantes, a pesar da crise. // Lagoa da Frouxeira: Barreiras de sacos de area e unha bomba achique, medidas urxentes para conter a auga. // Os vehículos municipais de Lugo circularán de día coas luces acesas. // Siniestro Total: Trinta anos de escenarios. (28/12/11)
A rehabilitación do Pórtico da Gloria vai permitir ver o dez por cento da súa policromía orixinal. // O Tribunal Supremo investigará a José. // R pecha o ano con beneficios e con investimentos importantes. // Lagoa da Frouxeira: Sacos de area e unha bomba, para conter a auga. // Os vehículos municipais de Lugo circularán de día coas luces acesas. // Siniestro Total: Trinta anos. (28/12/11)
Unha fronte fría atravesa Galicia a partir do mediodía, facendo que os ceos se nublen desde o noroeste e se produzan precipitacións débiles. Serán de neve nas zonas altas de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso no litoral, mentres que as máximas seguen sen cambios ou en lixeiro descenso. (28/12/11)
Dous encarapuchados armados con coitelos reduciron ao encargado dunha gasolineira en Buño, Malpica, e fuxiron, nun coche roubado, cun botín de 1.500 euros. Ninguén resultou ferido. // A Fiscalía Superior de Galicia pide plans contra a corrupción nas administración. // A abstención do Partido Popular impide que se lle retire a Franco o título de presidente de honra da Deputación de Lugo. // CLESA: Peche na factoría agardando a decisión sobre a oferta de Feiraco. // No castro de Castañoso, na Fonsagrada, consérvase unha das poucas saunas castrexas de Galicia. (27/12/11)
Bancos de néboa matinais con xeadas no interior e ceos pouco anubrados ou despexados. Ventos frouxos e temperaturas sen cambios significativos. (27/12/11)