Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Este 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Xela Arias (1962-2003). A súa obra é sinónimo de experimentación coa palabra, pero tamén dunha busca constante de camiños para levar a poesía máis alá dos libros. Por iso esta sarriana profundamente vencellada a Vigo, onde viviu dende moi nova, participou activamente ó longo da súa vida en recitais poéticos, e enriqueceu os seus versos con ilustracións, fotografías ou música. Unha reportaxe elaborada pola nosa compañeira Cruz Mato

É a unha e media tempo para repasar a actualidade de galicia co foco centrado esta mañá nun lugar tan fermoso como é o da Serra da Groba. Alí esta mañá se celebraba unha marcha para mostrar a oposición contra a instalacion de parques eólicos. Chama a atención que o manifesto final era leido polos seis alcaldes dos concellos afectados, alcaldes que son de todalas cores políticas.
 Tamén estaremos atentos os datos da pandemia, que mostra unha evolución favorable dende que se levantou o estado de alarma.
 No tempo da entrevista hoxe escoitaremos unha reportaxe que nos achegara á figura da escritora Xela Arias, a quen se adica este ano ó Día das Letras Galegas

 Comenzamos este repaso pola actualidade de galicia coa boa nota de que a presión hospitalaria por mor da covid continúa á baixa, mentres sigue adiante aceleradamente a campaña de vacinación. Nunha xornada na que coñecimos que a xunta gastarase un millon catrocentos mil euros na contratacion dun chamado seguro covid para os turistas que visiten a comunidade.
 Tamén teremos tempo para irnos ata terras ourensans onde esta noite tremeu a terra co epicentro no concello de Laza onde os veciños levaron un bo susto o comprobar como se movían as súas casas. Non houbo que rexistrar danos persoais.
 Lónxe de alí, en Ferrol, celebrase arestora o acto de entrega ós xornalistas Lorenzo Mila e Manuel Rico o acto de entrega do premio Jose Couso a libertada de prensa.  E no tempo da entrevista hoxe estará connosco un dos máis grandes artistas da da danza, o bailarín arxentino, Julio Bocca

Esta semana inaugurouse na Coruña "Mar en Danza". Unha iniciativa para conmemorar o 30 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación. Ó longo dos próximos meses virán á cidade herculina grandes estrelas desta disciplina. O primeiro foi o bailarín arxentino de ballet clásico Julio Bocca e con el conversou Alejandra López

Galicia comezará en xuño a vacinar as persoas de entre 40 e 49 anos. A chegada de máis de 700.000 doses de pfizer á comunidade permítelle á consellería de sanidade acelerar os plans previstos.

Que tal boas tardes... polo dagora  medio millón de persoas ten en Galicia a pauta de vacinación completa, é máis do 20 por cento da poboación de 16 anos. Entre eles os mariñeiros de altura, hoxe recibiron doses de janssen os tripulantes de Burela e Celeiro.

Todo nun día que baixan tódolos indicadores da pandemia. é o contexto no que comeza a ponte festiva en GAlicia. De seguido ampliamos estas e outras novas.

Dende principios deste mes, xunto ó castelo de Moeche, en Ferrolterra, podemos ver unha estatura erixida en homenaxe a unha das veciñas do concello, Soledad Campos. Ela foi, durante decadas, a única persoa que traballou a pedra para elaborar as pezas coas que se marcaba a chapa nos grandes estaleiros de Astano e Bazán. Os coñecidos como xaboncillos eran importantes na industria naval pois as marcas que se realizaban con eles permanecían no ferro ainda cando estaba incandescente. Ricardo Sandoval acheganos a figura desta muller, falecida no ano 1993, pero que os seus veciños ainda gardan no recordo.

A pesca de baixura paralizou de novo a súa actividade nos portos de toda Galicia en sinal de protesta polo regulamento de control da pesca da Unión Europea.

O PSdeG sinala unha tendencia extrema á privatización das residencias de maiores en Galicia. Acusan á Xunta de connivencia cun modelo escurantista con deficiente atención ós usuarios.

Adolfo Domínguez reduce á metade os afectados en Ourense polo ERE. Despedirá 60 persoas e outras 40 vanse prexubilar

A Policía da por desartellado o principal grupo adicado á venda de heroína do noroeste de España. Usaban a toxicómanos en semi escravitude como gardas

Presentada a iniciativa "Defende Meirás" Ten como obxectivo lograr que os bens do Pazo consigan a mesma protección que ten o inmoble para evitar que a familia Franco poida leva-los. Os seus promotores aseguran que está nas mans da Xunta conseguilo.

Padrón é o único concello da provincia en máximo risco no novo mapa de restricións anticovid que entra en vigor hoxe.
 Todas as medidas, aprobadas pola Xunta,  contan co aval do tribunal Superior de Xustiza.
 Baixan os contaxios e os casos activos. Pero repuntan as hospitalizacións.

  --- Morre por coronavirus unha muller de 85 anos. Estaba ingresada no Hospital da Coruña.

 ---  A frota artesanal volve parar hoxe para rexeitar o  control da actividade pesqueira que propón a Unión Europea.

 

 --- Os socialistas coruñeses denuncian que os proxectos que presenta a Xunta para optar aos fondos de recuperación xa estaban previstos polo que a Unión Europea non poderá darlles financiación

Xa empezou a vacinación dos mariñeiros. En vigo e Burela. Primeiro a dos que traballan nos buques de gran altura. Unha demanda do sector, porque traballan durante moitos días xuntos en pequenos espazos. Con eles empregase o soro de Jansen que require unha soa picada.
Nun venres con cambios no mapa de restriccións, con só tres concellos no nivel máximo que, entre outras cousas, supón peche perimetral.
á marxe da Covid, hoxe protagonismo para os mariñeiros, neste caso os de baixura, que van protestar de novo contra o regulamento europeo sobre o control de capturas.
Espertamos con poucas nubes e máis frío. Hai que aproveitar este venres, porque na fin se semana, xa desde hoxe á noite, vai seguir chovendo

Este venres entran en vigor as últimas decisións tomadas polo comité clínico e tres concellos galegos- Cambados, Laza e Padrón - entran en nivel máximo de restricións co que non se poderá saír e entrar en ningún deles de non ser por motivos xustificados e a veciñanza terá que cumprir o toque de recollida.

Que tal, boas tardes... Todo mentres segue a vacinación. Galicia é unha das comunidades onde máis xente recibiu polo menos unha dose. Ás persoas de maior idade e aos sanitarios súmanse a partir de hoxe os mariñeiros de altura. A tripulación dun barco de Vigo foi xa vacinada con Janssen.