O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia refrenda ata o sábado as medidas impostas pola Xunta para controlar o avance do coronavirus. O Tribunal entende que a incidencia do virus supón un perigo grave para a saúde pública.
Que tal, boas tardes... a esta hora continúa reunido o comité clínico que estuda relaxar algunhas restricións.
Todo no día no que o Parlamento comezou o camiño para autorizar a primeira universidade privada de Galicia coa oposición do BNG e o PSOE.
Deseguido ampliamos estas e outras novas.
- Usará cintas de cores para emprazar os bañistas e os lugares de paso
- Recolleranas polas noites para limpar a area
O PP rexeita as enmendas á totalidade plantexadas polo BNG e o PSdeG á Lei de recoñecemento da universidade intercontinental da empresa. O conselleiro de educación defende o proxecto de Abanca pra crea-la primeira universidade privada de Galicia. A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública di que acentuará a desigualdade no acceso á formación.
As comunidade do cantábrico acudirán os tribunais se o ministerio de Transición Ecolóxica mantén a decisión de prohibir a caza do lobo a partir de setembro.
Mar critica que o Goberno central pida agora un informe que nunca solicitou sobre os plans de marisqueo.
Situación sanitaria: Hoxe baixan os hospitalizados, os casos activos e as novas deteccións
A Xunta confirma que acollerá a 20 menores migrantes chegados de Ceuta.
Hoxe cúmprense 130 anos dende que os restos mortais de Rosalía de Castro foron trasladados a Bonaval. Nacía así o Panteón dos Galegos Ilustres, que agarda aínda un estatuto legal
A Xunta sanciona con dous millóns de euros a ENDESA pola contamminación do río EUME e polos gastos ocasionados na potabilizadora de auga de Pontedeume en agosto de 2020.
A compañía eléctrica xa anunciou que vai recorrer a sanción. Di que o ocorrido se debeu a causas naturais.
--- Este mediodía asínase en Madrid o convenio para o desenvolvemento da estación intermodal da Coruña
--- A alcaldesa da Coruña aplaude a decisión da Xunta de iniciar os trámites para declarar a Casa Cornide Ben de Interese Cultural.
--- Deportes. O Basquet Coruña busca esta tarde en Oviedo o pase as semifinais da fase de ascenso a Liga ACB. Se gaña, estará clasificado
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Hoxe hai reunión do comité clínico sobre a pandemia. Podería decidir unha relaxación nos límites de reunión. Abórdanse tamén as condicións para o ocio ó aire libre, especialmente verbenas e concertos. Veremos tamén como queda o novo mapa de restricións por concellos, co foco agora en Mos e A Pobra do Caramiñal.
No tocante ás vacinas, os menores de 60 anos que teñan a primeira dose de AstraZéneca poderían recibir xa estes días a chamada para completar a pauta
STELLANTIS, a antiga PSA, retoma este sábado o traballo en dúas liñas de produción despois do último parón obrigado pola escaseza de semicondutores no mercado. Nesta fábrica traballan máis de 7.000 persoas pero a crise destes compoñentes acada as empresas auxiliares, onde hai uns 25.000 empregados afectados.
Que tal, boas tardes... a Xunta de Galicia multa con 2 millóns de euros a Endesa polos episodios de turbidez no río Eume en agosto do ano pasado.
- A maioría das paradas cardiorrespiratorias prodúcense fóra do ámbito sanitario, na casa ou na rúa
- Cada minuto que pasa sen manobras de soporte vital básico as probabilidades de supervivencia redúcense un 10%
A maioría das paradas cardiorrespiratorias prodúcense fóra do ámbito sanitario, polo que é prioritario saber as manobras de urxencia mentres chegan os servizos médicos.
FOTO: EUROPA PRESS
O Sergas prepara o proceso de vacinación dos 93 mil galegos menores de 50 anos que recibiron hai semanas a primeira dose de Astra Zéneca.
O comité clínico da Xunta analiza mañá a ampliación do número de persoas que se poden reunir tanto en interiores coma ó aire libre.
O PSdeG propón a contratación de 5 mil sanitarios no SERGAS. Denuncian a contratación abusiva e taxas de eventualidade por riba do 30 por cento.
A Xunta incoa o proceso para declarar a Casa Cornide, na Coruña, Ben de Interese Cultural. E da proteción integral de forma cautelar ó edificio e o seu contido.
A nova factura da luz vai supoñer, segundo o BNG, un aumento sgnificativo do gasto para sectores clave da economía galega.
O Plan de incendios forestais deste ano prevé a creación dunha unidade específica de investigación dos lumes.
A deputación da Coruña pon hoxe a disposioción de hosteleiros, axencias de viaxe e hoteleiros 9 millóns de euros en exudas para paliar a crise provocada polo coronavirus.
O goberno provincial pagará estas axudas nun prazo máximo de tres días e medio, logo da presentación da solicitude.
--- A Xunta incoa este luns o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural a Casa Cornide da Coruña, propiedade da familia Franco.
--- O concello de Santiago pon en marcha un dispositivo especial de tráfico na contorna na da nova estación de autobuses, en servizo desde o sábado.
--- Seguen as protestas veciñais contra os parques eólicos. Esta fin de semana, houbo manifestacións emn Ferrol, Laxe e Vimianzo
--- Deportes. Nova derrota do Deportivo feminino e segue en postos de descenso. O Obradoiro remata a liga Acb cunha derrota na pista do Burgos
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
A semana empeza aínda con con algúns chuvasos, pero a previsión é que o tempo gañe estabilidade co avance das horas.
Estable tamén, un día máis, a situación da pandemia en Galicia, cando se cumpren xa dúas semanas do final do estado de alarma. O comité clínico podería estudar agora un relaxamento nos límites das reunións entre non conviventes. A Xunta leva hoxe ante o Tribunal Superior as novas medidas que comezaron a aplicarse durante a fin de semana, e que sitúan a Lobios como o único concello galego con peche perimetral.
Ademais, esta semana o SERGAS podería comezar a chamar, para completar a pauta de vacinación, aos menores de 60 anos que teñen a primeira dose de AstraZéneca