Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sorpresa dos veciños, a medianoite, no concello ourensán de Laza, onde se ubicou o epicentro do terremoto de 3´9 graos de magnitude na escala Ritcher. É o maior tremor de terra dos últimos 24 anos en Galicia, e foi perceptible en boa parte da comunidade. // O Tribunal Supremo confirma a sanción a xuíza Pilar de Lara que foi apartada durante sete meses do xulgado de Lugo que dirixía e ademais perdeu a súa praza.O alto tribunal rexeita o recurso da maxistrada que actualmente exerce en Ponferrada e obrígalle a pagar as costas. // A lider do BNG, Ana Pontón, reuniuse hoxe coa Comisión de Centros de Primaria no CHUS para denunciar que a calidade da atención primaria vai en detrimento, a pesar de que a xente nova está máis preparada para exercer. O dúo galego "Escuchando Elefantes" presenta esta tarde na Coruña, o seu novo disco. 21-05-2021

Dúas semanas despois da fin do Estado de Alarma, a pandemia segue baixo control en Galicia. Algo que permite ampliar a máis locais a apertura ata a unha da mañá, e levanta-lo peche perimetral dos tres concellos afectados ate o de agora. No lado negativo Lobios entra en nivel máximo.

A Xunta e o Goberno central buscan un acordo extraprocesual sobre a lei de saúde de Galicia.

Un xulgado de Ourense condena ao Servizo galego de Saúde pola contratación irregular dunha enfermeira.

A crise dos semiconductores paraliza a actividade de Stellantis ata novo aviso. Dende o luns comezará a aplicarse o previsto no ERTE.

Laza volveu tremer a pasada medianoite. Rexistrou o terremoto máis importante dos últimos 20 anos en Galicia.

En Ourense, mobilización esta tarde en defensa da Universidade Popular, para evitar que o alcalde, Gonzalo Pérez Jacome, desmantele esta institución formativa con 100 anos de historia.

A próxima medianoite, entra en vigor o novo mapa de restricións antivovid.
 Desde as cero horas de mañá,  mesóns e taperías poden ampliar o seu horario ata a unha da madrugada. Como os restaurantes. Pero teñen que ter medidores de CO2.
 Na provincia, non queda ningún concello co nivel máximo de restricións.


 

 

 

  
 --- Mañá estrease a nova estación de autobuses de Santiago. Este venres é o DERRADEIRO día de aCTIVIDADE da vella plataforma en case 50 anos de historia.


 --- Un Xulgado da Coruña suspende tódalas actuacións sobre  pazo de Meirás ata que se aclare se os mobles forman parte das propiedades que a familia Franco debe devolver ó Estado.


 ---


 --- Deportes. O Basquet Corulña inicia esta tarde a promción de ascenso a Liga ACB. As oito recibe ó Oviedo en Riazor.


 

A partir desta próxima medianoite poderemos cear en calquera local de hostalaría ata a unha da madrugada. O comité clínico decidiu igualar a hora de peche de mesóns e taperías co dos restaurantes. Iso si, deberán cumprir as mesmas condicións.

Novidades tamén no mapa de restricións por concellos. Dende este sábado só o municipio ourensán de Lobios terá peche perimetral.

Tamén na provincia de Ourense, por certo, en Laza, esta madrugada, un terremoto de 3,9 graos. O máis importante dos últimos 24 anos en Galicia. Mesmo puido sentirse noutras provincias.

Un de cada catro galegos está xa inmunizado contra a Covid, e a situación sanitaria segue a manterse estable. O Sergas recomendará completa-las pautas cunha segunda dose de Astrazéneca.

Comeza a preparación dun novo curso escolar no que a pandemia aínda non terá rematado. Os sindicatos temen que a redución de distancia entre pupitres supoña a fin dos profesores de reforzo.
 
A xustiza suspende tódalas actuacións relativas ó pazo de Meirás ata que se aclare se os mobles forman parte das propiedades que a familia Franco debe devolver ó Estado.

Por primeira vez unha muller vai dirixir o sindicato CC.OO. en Galicia. Amelia Pérez sustituirá a Ramón Sarmiento, que hoxe anunciou por sorpresa que retira a súa candidatura á reelección.

A Audiencia Nacional revisa hoxe se Aluibérica incumpriu, como din os traballadores, o acordo do expediente de regulación asinado en 2018.

No tempo, día de verán, pero pola noite volven a chuvias.

Navantia-Ferrol ENTREGA HOXE O BUQUE LOXÍSTICO construido para a Armada de Australia.
 O estaleiro público queda sen carga de traballo ata o verán de 2022.
 Os traballadores do naval da ría ferrolá reclaman novos contratos.


 
 
 --- O Fiscal do caso Alvia solicita catro anos de prisión para o exdirector de seguridade na circulación do ADIF, Andrés Cortabitarte, polo descarrilamento do tren en Angrois.


 ---  A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, nega a eliminación de 700 prazas de aparcamento, como denuncia o Partido Popular.

 

 --- Deportes. O Obradoiro perde co UCAM Murcia na prórroga. O Deportivo Abanca empata no campo do Atlético de Madrid e soña coa permanencia.


 

A reunión do comité clínico adiouse finalmente a este xoves. A falta de coñecer as posibles decisións sobre o mapa de restricións por concellos e a hostalaría, esta mañá amencemos xa con algunhas certezas.

Por exemplo, que haberá posibilidade de poñer a segunda dose de AstraZéneca para os menores de 60 anos, como quería Galicia, aínda que Pfizer segue sendo a opción que prefire o Ministerio.
O vindeiro curso, ademais, podería reducirse a distancia social nas aulas. A Xunta pide un fondo específico para aplicar as novas medidas nos centros educativos.
A intención é vacinar os escolares de entre 12 e 16 anos antes de setembro.