Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fatima Rodriguez.
Intervidas, xudicialmente, as plantas de Alú Ibérica na Coruña e Avilés.
A Audiencia Nacional trata así de evitar a descapitalización e salvagardar os dereitos de traballadores, acreedores e administracions.
Hai satisfacción entre os sindicatos da fábrica da Coruña.
Contaxiados de covid 12 mariñeiros que faenaban en barcos de Ribeira e Aguiño.
Volven as festas da ascensión a Santiago. Comezan o día 13.
Deportes. O Parrulo de Ferrol descende a segunda división do fútbol sala.
Noite de chuvias, e día que comeza coas incertezas propias da pandemia. De momento sabemos que dende o venres Cambados se sumará aos concellos con peche perimetral.
Hai máis dúbidas sobre o que pasará a partir do domingo, cando decaia o estado de alarma. A Xunta critica que haxa que recorrer ao Supremo para decidir sobre a xestión da pandemia. É a última proposta do Goberno. Hoxe hai Consello Interterritorial de Saúde.
E entre a economía e os tribunais, a intervención de Alu Ibérica. As factorías da Coruña e Avilés estarán tuteladas un mínimo de seis meses.
- Está previsto administrar máis de 240.000 doses esta semana en 14 grandes centros de vacinación
- Coronavirus: última hora en directo | Mapa de España | Hospitales y UCI
- Vacunas en España | Guía de restricciones | Mapa mundial | Especial: La gran vacunación
Galicia comeza unha nova vacinación masiva fronte á covid-19 en 14 grandes recintos de todas as áreas sanitarias
Un tribunal en Galicia ha declarado nulo el despido de un trabajador el día en que nació su hijo. Ahora la empresa deberá readmitirlo con las mismas condiciones laborales y pagarle una indemnización de más de 6.000 euros por daños morales.
20 mariñeiros infectados, un deles na UCI, e cinco pesqueiros galegos amarrados por novos gromos de coronavirus. O sector amosa o seu malestar pola falta de noticias da Xunta sobre a súa vacinación.
O BNG pide unha empresa pública da enerxía pra poñer freo á proliferación de parques eólicos en Galicia. Asegura que se están a espoliar os recursos naturais sen xerar emprego nin riqueza no territorio.
Asinado o convenio do metal da provincia de Pontevedra, pero mantéñense as protestas. A CIG convoca media xornada de folga, e insta a CCOO e UGT a dar marcha atrás.
O sector da limpeza da Coruña tamén convoca folga, dúas xornadas. Desta vez afectará óParlamento ou a Xunta, e se non hai acordo a protesta se estenderá as instalacións sanitarias.
A comarca do Carballiño vai ser o escenario da próxima película de Alfonso Zaruaza. "Melancolía" vai comezar a rodarse nos próximos días.
O tempo. Perdemos a influencia do anticiclón e irá mudando a situación conforme avance o día.
Paralizada a moción de censura no concello de Ponteceso. A secretaria municipal rexeita a súa tramitación.
Asegura que o documento suscrito polo PP,Agrupación Pondaliana Independente e os 5 edís expulsados do PSOE, incumpre a lei electoral.
O alcalde, Lois García Carballido, que goberna con 3 dos 13 concelleiros da corporación, fai un chamamento a negociación para chegar a acordos
Este martes, compás de espera. Mirando xa ao final do estado de alarma, a Xunta di que haberá que agardar ao que se diga mañá no Consello Inter-territorial de Saúde. Logo o comité clínico decidirá, posiblemente o xoves. Pero xa se deixa entrever que pode haber novos pasos na desescalada a partir da vindeira semana.
E esperamos tamén polas chuvias, que se anuncian pra noite.
O que xa non ten que agardar é a vacinación das persoas de entre 66 e 69 anos, que xa está en marcha. Nos vindeiros días dispensaranse, en total, 245 mil vacinas.
- Organízaa a cadea de supermercados Gadis e o obxectivo é superar os 50.000 quilos do ano pasado
- A inicitativa ten case unha década de vida
Empeza a campaña de recollida de alimentos "Maio solidario" nos supermercados Gadis, en favor dos bancos de alimentos de Galicia e Castela e León
Última semana baixo o estado de alarma, con estabilidade nos hospitais, sen falecidos, e con baixada nos casos activos.
386 mil persoas teñen xa a pauta vacinal completa. E esta semana poñeranse 245 mil máis.
En Vigo, traballadores do metal critican a CCOO e UGT por asinar o convenio provincial sen sometelo a votación en asemblea.
Ás tres da tarde os traballadores de Alcoa deciden se reanudan a folga indefinida, que suspenderan baixo o compromiso de que se pactara a venda da fábrica antes do 30 de abril.
Paralizada a moción de censura no concello coruñés de Ponteceso. A secretaria municipal rexeita a súa tramitación, porque está asinada polos 5 edís expulsados do PSOE, e incumpre a lei orgánica de réxime electoral.
O SUP denuncia que se perde unha cuarta parte das chamadas dos cidadáns desde que se atenden as de tres provincias desde A Coruña.
Arranca o maio solidario, que recolle fondos e comida pros Bancos de Alimentos, a través dos supermercados Gadis.
Este luns volve cambiar o mapa do coronavirus na nosa provincia.
Hai 13 concellos con restricións.
Pero ningún municipio está no nivel máximo de limitacións.
Hai, sí, tres en nivel alto.
Son Coristanco, Mesía e Ribeira.
O Sergas espera que a atención presencial nos centros de saúde da área sanitaria de Santiago suba esta semana do 50 ó 60 por cento
Hoxe arranca a campaña da sardiña. A cuota no caladoiro Cantábrico Noroeste é de 4.200 toneladas.
Deportes. O Deportivo xogará, a próxima temporada, na Primeira federación. O Racing depende de sí mesmo para acampañar os coruñeses.
Arrancamos semana cun novo mapa de restricións polo coronavirus. Tres concellos perimetrados: Vilanova de Arousa, Cualedro, e agora tamén, Laza.
De momento os contaxios e os casos activos volven tirar á baixa, e despois dun mes, tamén descende a incidencia a 7 días. Non acaba de baixar, porén, a presión hospitalaria.
Así comeza a semana. Por agora, con tempo anticiclónico.