Galicia avanza cara unha fin de semana de sol e suba de temperaturas, mentres agarda saber que pasará coa hostalaría e co ocio nocturno no verán. De momento a Xunta asegura que seguirá adiante coa súa folla de ruta. E iso inclúe o estudo de novas medidas na desescalada a partir da semana que vén. Pero o Goberno insiste: os acordos do Consello Interterritorial están para cumprirse, e hai unha serie de limitacións.
Non esquecemos tampouco a traxedia de Caldas. Morreron tres mozos de entre 18 e 24 anos.
E xa quedou reflotado esta noite o Virxe dos Milagros, que encallara en Foz.