Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Na nosa comunidade hai xa 70 casos positivos vencellados ao gromo de estudantes que viaxou a Mallorca. Ademáis chegan a 600 as persoas en corentena a raíz deste contaxio. Este luns continuarán cos cribados que se inciaron esta fin de semana para dar con máis casos. A situación creada por este gromo será analizada no comité clínico de mañá.

En Ferrol os traballadores de toda a comarca mobilizáronse de novo este domingo para protestar contra o desmantelamento industrial da contorna. Reclaman a implicación da Xunta e o Goberno central ante a falta de emprego.

E o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, reelixido recentemente para o cargo, na entrevista dos domingos de RNE, desbotou a creación dunha fiscalía anticorrupción de momento porque diminuiron este tipo de delitos

Xornada de mobilizacións en Galicia. Os traballadores de Ferrolterra cortaron a ponte das Pías para reclamar futuro industrial para a comarca. Acudiron á chamada dos sindicatos os empregados de Endesa, Navantia e as empresas auxiliares onde os despidos se contan por centos.


Que tal boas tardes... e en Santiago... foron os colectivos que demandan uns servizos públicos de calidade de atención á dependencia os que saíron hoxe á rúa. Piden un cambio de modelo nas residencias de maiores.

Es la llave que abre el Pazo de Meirás, hasta el pasado septiembre, en manos de la familia Franco... Una sentencia lo declaró entonces bien del Estado obligando a sus herederos a devolverlo... De momento, de la que fue residencia de verano del dictador, solo podrán visitarse sus jardines... La justicia no ha resuelto aún si la familia, como reclama, se podrá quedar con los bienes inmuebles...Hoy el Gobierno central, la Xunta y otras administraciones gallegas han firmado un protocolo temporal de gestión conjunta...Fuera la voz de la plataforma Defende Meirás... La vicepresidenta Calvo se ha acercado y les ha dado las gracias por su lucha...Para ellos están reservadas las primeras visitas desde el jueves. A partir del 4 de julio, cualquier ciudadano podrá entrar con cita previa. FOTOGRAFÍA: EFE/ Cabalar.

En el Pazo de Meirás, en A Coruña, se ha firmadfo este sábado el protocolo general de coordinación entre el Gobierno y otras instituciones colaboradoras, por el que se inauguran oficialmente los jardines del lugar. La vicepresidenta les ha recordado los "pasos dados, el empuje de la sociedad para recuperar el Pazo".

Informa, Ricardo Sandoval.

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se pode deixar de usar a máscara ao aire libre sempre que se garde a distancia de metro e medio con outras persoas.

Que tal, boas tardes... ademais hoxe entran outras normas en vigor en Galicia mentres seguimos moi pendentes do gromo orixinado en Mallorca

Estudantes de alomenos 11 centros educativos galegos viaxaron a Mallorca nas últimas semanas. Sanidade ten confirmados en Galicia 50 casos de coronavirus que están relacionados con ese gromo, algúns deles do entorno familiar dos mozos. Todos terán que gardar corentena.


Que tal boas tardes... A partir de mañá o uso da máscara xa non vai ser obrigatorio ao aire libre e as autoridades piden precaución, sobre todo á xente menor de 40 anos que non está vacinada.

Malestar nos concellos máis pequenos polo peche de sucursais bancarias.

O alcalde de Cerdedo- Cotobade, Jorge Cubela, ameaza con retira-las contas municipais de ABANCA se a entidade mantén a decisión de pechar a única oficina bancaria da parroquia de Carballedo.


- En Vigo, a autoridade portuaria acordou extinguir a concesión ás antigas factorías Vulcano.
 
Ábrese agora o periodo de redacción dos pregos para unha nova concesión para un proxecto industrial que o porto quere que sexa pra unha actividade naval.

- Comezan as rebaixas..

Os comerciantes confían no efecto dos descontos para compensar parte das perdas causadas polo coronavirus.

- Xiro á esquerda no concello de Ferrol.

O Goberno en solitario do PSOE chegou a un acordo co BNG para sacar adiante os orzamentos do 2021. O pacto inclúe a rehabilitación da casa natal do escritor Carvalho Calero.

 Adxudicada a una Unión Temporal de empresas a construcción da depuradora de augas de Santiago na Silvouta.
 O prazo de execución é de 30 meses.
 O proxecto está orzamentado en case 59 millóns de euros.
 A depuradora está pensada para atender a 277.000 veciños.
 
 Baixan os contaxios de coronavirus  na provincia, pero repuntan os casos activos

 O  pleno do concello de  Ferrol aproba unha declaración institucional na que reclama un dique seco para Navantia.

 Os xardíns do Pazo de Meirás reabren mañá  cun acto institucional. O público poderá visitalos a partir do martes.

 Deportes. O Deportivo Xuvenil vence o Real Madrid e xogará contra o Barcelona a final da Copa de Campións.

En Galicia tamén se investiga se mozos de Lugo ou Pontevedra se contaxiaron con coronavirus nunha viaxe a Mallorca. A preocupación das autoridades sanitarias céntrase agora nos máis novos.... cada vez é máis baixa a idade media dos infectados e ademáis é o grupo que está sen vacinar.
Xorde ademáis esta incquedanza a cinco días da apertura dos locais de lecer nocturno.
A Xunta e os empresarios pactaron as condicións: 50 por cento de aforo e baile pero con máscara e distancia.
En Ourense, case un ano despois de deixa-lo, o PP volve ó goberno municipal con Democracia ourensana: aínda así só suman 10 concelleiros nunha corporción de 27.
O tempo. Hoxe volven as temperaturas altas

Dentro dunha semana poderemos volver ás pistas de baile de pubs, salas de concertos e discotecas. Sempre coa máscara posta e gardando a distancia dun metro e medio con outras persoas. Os establecementos poden abrir ata as 3 da madrugada.


Que tal, boas tardes... O Partido Popular volve ao goberno do Concello de Ourense. Democracia Ourensana e os populares anunciaron esta tarde o acordo para reeditar o bipartito.

 As persoas con coronavirus volven pasar das 1.300.

son 36 máis que no anterior reconto. As infeccións activas ascenden en tóda-las áreas agás Vigo e Ferrol. Un tercio dos casos corresponde á área da Coruña e Cee.

- A Plataforma Galega polos Servizos Públicos da Dependencia convocou pra este sábado  unha manifestación en Santiago.

Reclama uns servizos de atención á dependencia públicos e de calidade e un novo modelo de residencias de maiores. Denuncian que o actual responde aos intereses de grandes fondos privados.

- Accidente laboral mortal nunha pizarreira de Valdeorras.

Un operario faleceu ó precipitarse o camión que manexaba  nunha canteira de Carballeda.

- Esta mañá reabriu o museo da catedral de Santiago.

Levaba sete meses pechado por mor da pandemia do coronavirus. Poderanse visitar tanto a colección permanente, como os espazos integrados na visita habitual do museo:  o claustro, o Tesouro ou a capela das Reliquias.