As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Reganosa e a empresa portuguesa EDP Renováveis anuncian un macroproxecto de enerxías limpas en Ferrolterra.
O investimento previsto ronda os 800 millóns de euros e crearía máis de 400 postos de traballos.
O concello de Carnota estará, a partir do sábado, en nivel alto de restición anticovid.
As obras de acondicionamento do Campus Sur en santiago poderían comezar antes de que remate o ano.
Abanca pecha a súa única oficina en Cerdido. O municipio queda sen bancos.
Deportes. Belén Toimil, récord de España de lanzamento de peso con 18, 80 metros
Aumentan os afectados polo gromo orixinado na illa de Mallorca. Son 108. O presidente da Xunta suliña que de momento non hai vacinas para os mais novos e lembra que os botellóns están prohibidos en Galicia.
Así as cousas o Comité Clínico impón as restricións de nivel alto nos municipios de Carnota e Sarria, onde se detectaron senllos brotes de coronavirus, mentres que Pontevedra estará desde o vindeiro sábado en nivel medio polo gromo de orixe balear.
Noutra orde de cousas, a ministra de Industria, Reyes Maroto, anunciou que viaxará a Pensilvania, onde está a sede da multinacional ALCOA para tratar de dar cunha solución para a fábrica da Mariña.
En Santiago a CIG manifestouse contra a proposta da Xunta para subvencionar as entidades bancarias que queiran instalar caixeiros nos concellos do rural nos que non queden xa oficinas, con case 3 millóns de euros.
Todo nun mércores no que no metereolóxico Galicia recupera a influencia anticiclónica
- A operación saída comeza o venres, cunha atención especial á velocidade e o alcol, principais causas dos accidentes
- As autoridades aseguran que os datos de sinistralidade deste ano son preocupantes
Soben a 108 os casos de coronavirus vencellados ao gromo orixinado en Mallorca. A meirande parte dos casos seguen concentrados en Pontevedra, aínda que hai tamén contaxios en Lugo e en Ourense.
A esta hora o comité clínico avalía a situación epidemiolóxica nos concellos galegos. O presidente da Xunta non desbota novas restricións este verán.
Estímase que o número de desprazamentos en xullo e agosto nas estradas galegas chegará aos 8,6 millóns. A velocidade e o alcol, principais causas dos accidentes.
Xa están en Santiago os 80 mozos procedentes de Mallorca. Todos os viaxeiros do voo que acaba de aterrar en Lavacolla están a pasar polo dispositivo pra se someter a PCRs.
A falta dos resulatdos deste e outros cribados, o macro-gromo ten 100 positivos en Galicia. Na área de Pontevedra, a taxa de positividade está en dous díxitos, fronte ó 2% habitual.
A estratexia de recuperación da crise non consegue a unanimidade. A comisión de reactivación vota o seu dictame final, con meses de retraso, co voto favorable do PP e apoios puntuais da oposición nalgún punto.
Acordo na deputación de Lugo pra pedi-la intervención da SEPI en Alcoa. Esta tarde, os traballadores reúnense coa ministra de industria.
Preocupación en Tráfico polos excesos de velocidade antes do inicio da primeira operación saída do verán, o próximo venres. Ao operativo habitual de axentes, radares e helicóptero súmase este ano un dron.
A Ciga protesta en Santiago contra a proposta da Xunta de suvencionar ás entidades bancarias para instalar caixeiros automáticos no rural. Ata 2 millóns 800 mil euros sairán das arcas públicas galegas pra banca privada.
No tempo de entrevista, falamos coa presidenta de West Galicia sobre o campamento de convivencia entre nenos con distintas capacidades que acaban de iniciar na Coruña.
Nova repunta dos casos activos de coronavirus, das hospitalizacións e dos contaxios.
En Carnota, detectouse un gromo de covid. Hai 19 contaxiados.
Na nosa provincia, tamén hai estudantes de bacharelato que viaxaron a Mallorca para celebrar o fin de curso.
Algúns, desde Baleares, denuncian desinformación.
--- Mañá ábrese o prazo de inscrición pro servizo de comedores escolares e madrugadores de Santiago.
--- A empresa Cespa continúa tres ano máis como responsable de parques e xardíns en Santiago
--- O concello da Coruña crea unha Oficina Virtual de grafitis para loitar contra as pintadas.
--- Deportes. A nova temporada para o Deportivo e o Racing de Ferrol arranca a última fin de semana de agosto
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Xa hai máis dun cento de contaxios en Galicia vencellados ao gromo que se orixinou en Mallorca. Son 102 os casos positivos. Pontevedra, con 89, é a área sanitaria máis afectada. O SERGAS informa que arredor da metade dos positivos na cidade do Lérez son da variante Delta.
Nuns minutos arrancan en diferentes localidades as concentracións polo Día do Orgullo.
O gromo polas viaxes de fin de curso a Mallorca xa supera a centena de contaxios en Galicia
- Xa son 102 os positivos rexistrados en Galicia en relación coas viaxes estudantís as Baleares
- Os 90 mozos e mozas que continúan alí volverán nas próxima horas e faranlle unha proba PCR no aeroporto
Noventa mozas e mozos galegos agardan poder volver dende Mallorca a Galicia nas próximas horas.
A maioría son estudantes que foron en viaxes organizadas.
Citan a case 700 mozos ata o mércores para facer probas no hospital de Pontevedra. Na provincia hai 89 positivos relacionados co macrogromo de Mallorca.
O conselleiro de sanidade cre que é cedo pra decidir se hai que endurecer as restriccións en Pontevedra a raíz do macro-gromo rexistrado en Mallorca. En Galicia afecta a uns 70 estudantes, 50 deles na áera de Pontevedra. Mañá está previsto que cheguen outros 90 estudantes máis a Galicia procedentes das Baleares.
O presidente da Xunta di que Galicia "rexurde da negra sombra da pandemia". Núñez Feijóo defendeu que Galicia comeza a ver o final do túnel, grazas ós seus valores cívicos.
Cúmprense 85 anos da promulgación do estatuto de autonomía de 1936. O BNG defende que o contexto actual permite promover un novo estatus pra Galicia.
A frota galega de cerco demanda que a sardiña sexa especie de rendemento máximo sustentable. Tralo aumento da biomasa constatado nas costas ibéricas, piden que se reconsidere o plan de xestión, que deixa a Portugal o 65% da cuota pra este ano.
Adega reclama información sobre os parques eólicos que promove iberdrola na Mariña Lucense. Presentáronse días antes de que entrase en vigor a parálise de calquera novo proxecto ata que se aprobe o plan de ordenación do espazo mariño.
No tempo de entrevista, repasamos a situación do colectivo LGTBi neste día internacional do Orgullo, coa axuda da asociación pola liberdade afectivo sexual.
SOS Ferrolterra. Este é o berro dos traballadores da comarca.
Este domingo, volveron manifestarse para denunciar o desmantelamento industrial e a falta de traballo. Reclaman a implicación da Xunta e do Goberno central.
--- Baixan os contaxios de coronavirus, pero aumentan as hospitalizacións e os casos activos.
--- O Tribunal Superior de Xustiza confirma a prohibición do paso de camións polo viario rural de acceso ó vertedoiro de Miramontes en Santiago.
--- Hoxe entra en servizo o novo centro de saúde de Melide.
--- A restauración da catedral de Santiago, Premio Patrimonio 2021
--- Deportes. O Deportivo Xuvenil, campión da Copa de Campións. Ganoulle ó Barcelona pro 3 goles a un
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.