Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Reforzo da vixilancia pra que non haxa botellóns esta fin de semana. As autoridades piden responsabilidade e a colaboración dos concellos, ante o risco de que se produzan macro-gromos coma o de Mallorca

Baixa o número de desempregados no mes de xuño en Galicia. Galicia é a única autonomía na que se rexistra diminución do paro nos primeiros seis meses de 2021.

Comeza a primeira operación saída deste verán en Galicia.
Extremaranse os controis de alcoholemia e de excesos de velocidade

O sector pesqueiro acusa falta de xente nova para tomar o relevo xeneracional. A Coperativa de Armadores de Vigo di que podería ser un nicho de oportunidades ante as altas taxas de paro xuvenil.

O alcalde ourensán queda só na intención de pechar a Universidade Popular da cidade. Foi o único edil da corporación que votou a favor.

A Real academia galega adicará o Día das Letras galegas de 2022  a Florencio Delgado Gurriarán, escritor, editor e activista moi recoñecido no exilio en México.

Cinco dos 21 estudantes galegos que viaxaron no barco desde Mallorca a Valencia deron positivo por Covid. Todos pertencen a área sanitaria da Coruña. O Sergas activou os protocolos. Os positivos viaxaron en ambulancia e os negativos en bus.
Precisamente os menores de 30 anos, o luns poderán pedir cita para vacinarse Galicia.

E este xoves comezaron as visitas guiadas aos xardíns do Pazo de Meirás. As primeiras en acceder ao recinto foron as vítimas do franquismo, os seus familiares e as asociacións de memoria histórica. Houbo momentos de emoción e tamén de reivindicación.

Unha muller ourensá, Adriana Martínez, nai solteira, foi a primeira en poder sumar o tempo de permiso que lle correspondería a unha parella. En total, 28 semanas.

No tempo, hoxe perderase a influencia do anticiclón en Galicia, os ceos volven anubrarse e regresan as chuvias

Cinco dos 21 estudantes galegos que viaxaron no barco desde Mallorca a Valencia deron positivo por Covid. Todos pertencen a área sanitaria da Coruña. O Sergas activou os protocolos. Os positivos viaxaron en ambulancia e os negativos en bus.
Precisamente os menores de 30 anos, o luns poderán pedir cita para vacinarse Galicia.

E este xoves comezaron as visitas guiadas aos xardíns do Pazo de Meirás. As primeiras en acceder ao recinto foron as vítimas do franquismo, os seus familiares e as asociacións de memoria histórica. Houbo momentos de emoción e tamén de reivindicación.

Unha muller ourensá, Adriana Martínez, nai solteira, foi a primeira en poder sumar o tempo de permiso que lle correspondería a unha parella. En total, 28 semanas.

No tempo, hoxe perderase a influencia do anticiclón en Galicia, os ceos volven anubrarse e regresan as chuvias

O Pazo de Meirás abriuse esta tarde ás vítimas do franquismo, aos seus familiares e ás entidades memorialistas. É a primeira vez que se abre ao pçublio desde que foi recuperado polo estado das mans dos herdeiros do ditador francisco Franco.


Estamos pendentes a esta hora da chegada dos 21 mozos galegos que estaban en mallorca. Son todos da área sanitaria da Coruña.

Viaxan dende Mallorca 21 mozos galegos que permanecían en corentena nun hotel de Palma, logo da resolución xudicial que anulou o confinamento dos que non deran positivo

21 estudantes galegos iniciaron xa o regreso a Galicia despois de que un xulgado de Mallorca anulase os confinamentos forzosos a rapaces que non deron positivo.

Nova subida dos casos activos. O gromo de Mallorca alcanza os 157 casos pero tamén semellan comezar a aflorar os resultados de celebracións coma as de San Xoan

Satifacción entre os ecoloxistas pola imputación de dous altos cargos da Xunta que presuntamente prevaricaron no informe de reapertura da mina de Varilongo, en Santa Comba.
 
Ábrese a campaña para a extracción de nécora e do lumbrigante. Por primeira vez, aplícase o Plan experimental para a xestión da nécora que determina o número de nasas permitido a cada embarcación

A diócese de Mondoñedo-Ferrol conta desde hoxe con novo bispo. Trátase do burgalés Fernando García Cadiñanos. Ten 53 anos. A diócese que conta cun cento de cregos e  420 parroquias.

Unha ourensá convertiuse na primeira nai de España con dereito a desfrutar de 28 semanas de permiso de maternidade. Suma ao seu permiso as doce semanas que lle corresponderían ao segundo proxenitor.

No tempo de entrevista, coñecemos unha iniciativa do concello de Cambre que evita que o abandono escolar temperán acabe na exclusión social.

 Preocupación nas Pontes.
 Rematan as garantías de emprego aportadas por Endesa ás empresas auxiliares.
 Desde hoxe, poñense en marcha os traslados - fora de Galicia - e os despedimentos da maioría dos 150 traballadores afectados.
 A metade dos 60 empregados do cadro de persoal de Endesa tamén serán trasladados.


 --- Dous ex altos cargos da Xunta, investigados por prevaricación ambiental pola reapertura da  mina de Varilongo en Santa Comba.

 --- Segue a repunta  dos contaxios de coronavirus, dos casos activos e das hospitalizacións.

 
 --- O concello de Oleiros aproba en pleno a municipalización do servizo de auga.

     
   --- Deportes. Valerón abandona o Deportivo. Foi o último adestrador do Fabril

Outro día máis falamos do gromo de Covid con orixe en Mallorca. Son xa 155 as persoas contaxiadas de coronavirus en relación con este brote. Do voo que este sábado chegou desde Mallorca a Santiago, 49 persoas deron positivo nas probas, 33 delas son estudantes e outras 16 pasaxeiros do avión. Hoxe está previsto que saian en barco ata Valencia os que ainda quedan na illa balear e logo serán as comunidades os que o trasladen.

Manifestación nas Pontes contra o peche da térmica. Suporá que xa hai desprazamentos de operarios e despedimentos. A protesta tamén pretendía denunciar a falta de solucións por parte de Xunta e Goberno central.

E desde hoxe e ata o sábado, os xardíns do Pazo de Meirás abren para as vítimas do franquismo, os seus familiares e entidades memorialistas

O Ministerio de Sanidade e as comunidades deseñan un protocolo para trasladar os estudantes que aínda quedan nas illas Baleares, entre eles algúns galegos. Poderían chegar mañá en barco a Valencia. En Galicia son xa 155 os contaxios relacionados con este gromo. Unha situación que preocupa no lecer nocturno, que a partir desta madrugada pode abrir na meirande parte dos concellos galegos.


 Nuns minutos comeza nas Pontes unha manifestación para pedir unha transición xusta.

La ministra de Sanidad, Carolina Darias, ha comparecido en rueda de prensa desde el Senado después del primer Consejo Interrterritorial de Salud presencial. Durante la comparecencia, Darias ha avanzado la logística que se va a preparar para traer de vuelta a la península a los estudiantes aislados en Mallorca relacionados con el 'macrobrote' y que hayan dado negativo previamente. Darias ha anunciado que gracias "a la coordinación con las CCAA implicadas", se va a fletar un barco "a primera hora hacia el Puerto de Valencia" para esos 200 estudiantes.

Foto:EFE

Xa son 155 as persoas afectadas en Galicia polo macro-gromo con orixe en Mallorca. Máis da metade dos mozos que chegaon onte da illa deron positivo no cribado á súa chegada.

O Foro Económico de Galicia pronostica un crecemento sostido do consumo a partir do verán. Virá paliar o enorme baixón no consumo no primeiro trimestre, cando só resistiron ben as exportacións

Veciños e traballadores das Pontes sairán á rúa esta tarde en demanda de traballo. Reivindican unha transición xusta no día en que expiran as garantías de emprego que lles deu Endesa

No tempo de entrevista, falamos con "Galicia un futuro sin carbón", unha plataforma que celebra o fin da xeración nas Pontes, e alerta de que hai que contar tamén co fin da xeración con gas, para que non paguen, de novo, os traballadores

Avances no proceso de compra-venda da fábrica de Alcoa na Mariña de Lugo. Hai compradores interesados na fábrica de aluminio de San Cibrao, e haberá que ver cal é o máis idóneo e o que garanta o futuro da industria.

Sexta convocatoria da aceleradora de empresas da automoción, promovida por Stellantis, que xa permitíu crear 53 empresas nos últimos 5 anos que xa están facturando e exportando.

Longas ringleiras ante o Banco de España no último día pra cambiar as pesetas gardadas nos caixóns. 16 anos despois, segue habendo quen garda grandes cantidades, ata millóns de pesetas, como se puido ver estes días na oficina do banco de España da Coruña.