Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

  Traxedia no mar. Dous mariñeiros, veciños de Porto do Son , perden a vida no naufraxio dun pesqueiro na costa de cedeira. Os outros oito tripulantes foron rescatados con vida por outras embarcación que se atopaban na zona. O barco quedou coa quilla cara o sol. Todo a apunta a un golpe de mar.

 O comite  de navantia ferrol reunense esta mañá co conselleiro de industria. Reclaman carga de traballo ata que non comence a consturcción das fragatas.

 Veciños e traballadores de as pontes manifestante diante da xunta para esixir unha transición enerxetica xusta que permita o mantemento dos postos de traballo.

 Repuntan os casos de coronavirus na area da coruña. Nas últimas horas faleceu unha muller por mor da covid no hospital da coruña.

Nova traxedia no mar. Dous mariñeiros morreron tras naufragar un pesqueiro de Portosín. A rápida actuación doutros barcos permitiu poñer a salvo a outros 8 tripulantes.
Un golpe de mar poido sela causa do naufraxio... e que o tempo segue revolto...hoxe aínda seguirán as treboadas.
Da pandemia, despois de case un mes de descenso.... volven repuntar os casos activos. Pero mañá entra en vigor novas normas que, por exemplo, xa permiten a apertura de parques acuáticos e amplían os horarios dos salóns de xogo.
Deportes. O Breogan gaña e fora un terceiro partido na final para buscar un posto na ACB.

Dous mariñeiros faleceron hoxe nun naufraxio fronte á costa de Cedeira, na provincia da Coruña. Navegaban a bordo do buque Sempre Güeto, con porto base en Portosín. O resto dos tripulantes, 8, foron rescatados e están a salvo aínda que feridos.
Os mariñeiros regresaban de faenar en Asturias e un golpe de mar puido ocasionar o accidente.

Entrevistamos a César Portela, que acaba de ser nomeado membro da Academia Galega das Ciencias.

Suben os casos activos en Galicia, por vez primeira en case un mes, aínda que de forma moi lixeira, son só 9 máis. Toda a comunidade segue en risco baixo e en caída, agás a área da Coruña, que sobe nas tendencias a sete días. Hai que dar conta dun novo falecemento por Covid, o primeiro en 5 días.

As familias de discapacitados agrupadas en FADEMGA insisten en reclamar que reciban a vacina canto antes. Está limitando a súa atención.

O ministro de Transportes confirma que os descontos na AP-9 se comezarán a aplicar o mes que vén, e tamén ó transporte pesado, sen límite de viaxes.

Os traballadores das Pontes trasladaron hoxe as súas protestas a Santiago. A finais de mes as empresas auxiliares van prescindir dun cento de empregados.

O pedrazo estragou a producción unhas 70 hectáreas de viñedos ó carón do Miño, en Chantada.

 A área sanitaria da Coruña/Cée é a que rexistra, actualmente, máis casos de Covid de toda Galicia.

Outra sanitaria da provincia, a de Santiago/Barbanza, é a que menos.

A Coruña é cidade galega que rexistra máis casos positivos de coronavirus.

Son datos da consellería de Sanidade.

-Ecoloxistas en Acción pidelle a Xunta que paralice as sondaxes mineiras que unha empresa sueca realiza en Coristanco e Santa Comba.

-O concello da Coruña negocia coa empresa propietaria das parcelas da Maestranza para reducir a edificabilidade a cambio dunha permuta de terreos.

-Os sindicatos preparan unha nova mobilización na comarca de Ferrol para esixir carga de traballo.

DEPORTES

-Arsenio Iglesias e Luis Suárez, medallas de ouro da Federación Galega de Fútbol.

 De máximas de 30 e pico graos.. a 20 ou poco máis de 20. Cambio radical do tempo.. Pero, o problema non é o descenso das temperaturas senón as tormentas que provocaron danos en moitos puntos das provincias de Lugo e Ourense. O risco mantense hoxe, pero o aviso baixa a amarelo.

Sobre a COVID, desde o próximo sábado as residencias xa non terán restriccións, pero aínda non hai decisión sobre a eliminación da máscara en exteriores.

Recupérase pouco a pouco a normalidade, pero ten consecuencias no tráfico. As autoridades detectan un aumento da velocidade e do consumo de alcol. Nas últimas horas produciuse un accidente mortal na autovía do Salnés.

Deportes. O Breogan buscará hoxe o triunfo para manter as esperanzas de volver a liga ACB.

A finais de mes estará rematada a normativa coa que a Xunta trata de conter o avance da pandemia. Polo dagora, cunha incidencia de 41 casos por cada 100 MIL habitantes, a desescalada avanza nas residencias de maiores.


Miramos a esta hora cara o ceo porque o interior das provincias de Lugo e Ourense están en alerta laranxa por treboadas. Xa se rexistrou unha forte... con pedrazo en lugares coma Monforte.

Volve á normalidade pre-pandemia ás residencias e centros de día galegos. 15 meses despois da declaración da pandemia, elimínanse as restriccións pra actividades, saídas e visitas.

A Xunta pide ós cidadáns máis novos que acudan ás súas citas. Está baixando a asistencia, e non están libres das afeccións máis graves da Covid19. Adiantarase a segunda dose ós maiores de 60 anos que recibiron Astrazéneca.

Segue a caída de casos activos es hospitalizados. A área sanitaria da Coruña é a que máis casos ten, mentres en 208 concellos non houbo ningún contaxio na última semana.

As Universidades comprométense a pactar o novo mapa de titulacións, que cubrirá todo o catálogo de graos e posgraos de España

Ecoloxistas en acción pide á Xunta que paralice as prospeccións mineiras en Santa Comba e Coristanco.

A metade dos accidentes de tráfico están causados pola presencia de animais na vía.

No tempo. Aumenta a inestabilidade. Activada a alerta laranxa por posibles tormentas nas provincias de Lugo e Ourense.

10 días pedaleando y caminando desde Mérida hasta Finisterre, para dar visibilidad al Síndrome de Rett, y conseguir fondos para su investigación. Es lo que ha hecho el actor Dani Rovira junto a familiares de niñas con este síndrome.
En la plaza del Obradoiro, en Santiago de Compostela, les recibía nuestra compañera Cruz Mato.

Dor e rabia en Carballo pola morte dun neno de 11 anos no encoro da Fervenza, en Mazaricos.
 O escolar estaba de excursión co colexio, o centro educativo Fogar da capital de Bergantiños.
 A consellería de educación decretou tres días de loito oficial. Durante este tempo tamén se suspenden as clases.

 -- Alcoa, condenada a indemnizar ou recolocar aos traballadores de Alu Ibérica por vender a planta da Coruña a empresas non solventes.

 
 --  Unha moción de censura leva de novo a alcaldía de Santa Comba a popular María José Pose. Contou co apoio de dous concelleiros socialistas.

 --- Malpica e Camariñas continúan en nivel medio de restricións anticovid. Ordes mellora e, a partir do sábado, descende a nivel medio baixo

Hoxe coñeceremos se Sanidade introduce cambios no proceso de vacinación despois de que a comisión de saúde pública autorizase a inmunización a partir dos 12 anos e simultanear distintos grupos de idade.
O conselleiro Julio García Comesaña comparece esta mañá para dar conta dos acordos do comité clínico que deixa a menos do 1 por cento da poboación con algúnhas restriccións: só quedan  tres concellos en nivel medio... Soutomaior, Camariñas e Malpica.
Un mércores sen clase no colexio Fogar de Carballo.  sen actividade ata o luns e loito pola morte dun alumno de primaria: faleceu afogado nun encoro de Mazaricos cando participaba nunha excursión do centro.
E, atención o tempo. Hai risco de treboadas en boa parte de Galicia. Hoxe xa con temperaturas máis baixas.

O comité clínico que asesora a Xunta estuda a esta hora a nova normativa que rexerá as relacións sociais e a actividade de tódolos sectores este verán.


A Audiencia Nacional condena a Alcoa a cumprir as condicións pactadas en xaneiro de 2019 cos sindicatos da Coruña e Avilés. Os traballadores reclaman que se devolvan as empresas á senda industrial marcada daquela.