Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

187 mil nenos de infantil, primaria e educación especial retomaron hoxe a rutina das aulas. Fano cos protocolos de separación, entrada escalonada e hixiene do ano pasado, pero con algún alivio nas normas dos patios e das aulas. Tamén algunha protesta pola redución de aulas e mestres

Os médicos de Atención Primaria protestan hoxe en Carballo e na Coruña contra a saturación das consultas. Hai pacientes que teñen que agardar ata 15 días para unha consulta, namentres os profesionais se sinten desbordados.

Novo descenso significativo dos casos activos de coronavirus. Agora xa son menos de 5 mil. Tamén baixan os hospitalizados: hai 160 persoas ingresadas, 9 persoas menos ca no anterior reconto.

Satisfacción entre as persoas con inmunodepresión que van empezar a recibir unha nova dose da vacina contra a COVID. Aínda que confía nos profesionais, teñen certo medo aos efectos da terceira dose da vacina.

Tra-los incendios, en Ribas de Sil, Quiroga e Pobra de Brollón preocupa o posible arrastre de cinsas coas chuvias. Algunhas casas salváronse porque tiñan limpa a franxa próxima. O tipo de bosque tamen é clave pra frear o lume.

 A Xunta de Portavoces do Congreso aproba unha proposta do BNG para por en marcha unha comisión de iNvestigaciíon sobre o accidente do tren Alvia en Angrois.


 Tres municipios da provincia xa non contan desde hoxe con OFICINAS DE Abanca. Son os de Zas, Vimianzo e A Baña.


 O concello da Coruña convoca a primeira bolsa de residentes para escritores. O gañador, que non pode ser galego, vivirá na cidade o mes de novembro.
 

Os galegos tamén se poderán vacinar sen cita. Sanidade abre este sábado os centros de vacinación masiva para inmunizar sen convocatoria previa. Xusto cando coñecemos que se vai aplicar unha terceira dose os grupos inmunodeprimidos: as comunidades xa poden empezar administra-la dende hoxe.
Un xoves de volta á clase para 187 mil rapaces galegos de infantil e primaria, no que Ribas de Sil e Quiroga botan contas dos danos provocados polos grandes incendios desta semana, que xa quedadron controlados e no que seguimos falando do valeirado de varios encoros por parte das eléctricas. o BNG quere que o Parlamento investigue o proaceder da Xunta.
O tempo: van seguir as chuvias, pero con temperaturas altas, aínda que non tanto como as do inicio da semana.

A Xunta abre xornadas pra vacinación sen cita previa: este sábado para a toda a poboación que aínda non se inmunizou nos puntos habituais, e o luns e martes nos sete campus universitarios.
Así o ven de anunciar o presidente da Xunta que da por superado o pico desta quinta onda da pandemia. Núñez Feijóo tamén explicou o protocolo que regulará a apertura dos establecementos de hostalaría: desde o 15 de setembro haberá dous niveis, independentemente da situación epidemiolóxica dos concellos.

Estabilizados, pero non extinguidos, os dous incendios que calcinaron en Ribas de Sil e Quiroga 1.600 hectáreas.
En Quiroga levan dous días sen comunicacións telefónicas polos danos do lume, e reportan mortes de corzos e outra fauna salvaxe

O BNG vai pedi-la creación dunha comisión de investigación polo valeirado de encoros. Ana Pontón pensa que se puido cometer un delito de prevaricación pra favorecer ás eléctricas.

A CIG-Ensino e a Confederación Anpas Galega denuncian o recorte de profesores para este curso. A consellaría destaca a contratación de 1.250, pero o sindicato nacionalista aclara que son contratos a media xornada.

Uns 20 mil traballadores e un cento de empresas da automoción están afectados pola escaseza de compoñentes. Moitas delas están aplicando xa expedientes de regulación de emprego. Sindicatos e patronal piden que se impulsen fábricas locais de compoñentes.

A primeira novela moderna publicada en galego hai 140 anos volve á vida. Esta tarde preséntase no Teatro Principal da localidade pontevedresa da Estrada unha nova edición deste título: "Maxina ou a filla espuria", de Marcial Valladares.
 

O concello de Ordes abandona o nivel máximo de restriccións por coronavirus . Pasará directamente ó nivel medio. Será a partir do sábado tal e como decidiu o comité clínico.

Os alcaldes de Vimianzo, Zas e A Baña entregan na sede central de Abanca máis de cinco mil sinaturas de veciños reclamando que non se pechen as súas sucursais bancarias da entidade.

Familias e profesores do colexio Ria do Burgo en Culleredo deciden movilizarse pola reducción do profesorado de apoio ós alumnos con necesidades especiais.
 

O lume arrasou 1.600 hectáreas de monte en Ribas de Sil e Quiroga. Agora, segundo Medio rural o incendio, o máis grandes deste verán en Galicia quedou estabilizado.
Sobre a pandemia, semella que esta quinta onda está baixo control, de feito, desde o sábado xa non quedará ningún concello no nivel máximo de restriccións. Agora son Melide, Ordes e Monforte.
Pero, a situación epidemiolóxica dos municipios xa non vai influir no aforo dos bares.
Segundo o protocolo acordado entre a Xunta e os empresarios, agora o determinante serán as medidas que adopten os establecementos para minimizar a posibilidade de contaxios.
E, Abanca vai consumar hoxe o peche de varias sucursais en municipios pequenos da provincia da Coruña.