Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Centos de veciños dos concellos limitrofes coas fragas do eume movilizanse no parque natural para reclamar a retirada dos macroproxectos eólicos previstos para a zona.

O curso universitario comenza hoxe cos estudantes de medicina da universidade de santiago protagonizando unha protesta. Reclaman máis ensino práctico.


Máis dun cento de facultativos reclaman o colexio de médicos da Coruña que presente unha querela contra os responsables de saude polo deterioro da atención sanitaria
 


O sector hostaleiro agarda que esta semana se concrete a flexibilización das medidas anticovid. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo aquí en Radio nacional que a evolución da pandemia permite rebaixar as restriccións e confirma que o comité clínico abordará un novo protocolo esta semana.
Semana na que se inicia a volva ás clases: os primeiros os universitarios e os máis pequenos, os de infantil. Na universidade reanúdase o curso coas protestas dos estudantes de medicina pola reducción de clases prácticas: crén que a situación epidemiolóxica non o xustifica.
Un luns que empeza con temperaturas altas e inestabilidade: pola tarde poden formarse fenomenos tormentosos.
 

O hispanista Ian Gibson presenta no festival de Cans, O Porriño, as súas investigacións na busca dos restos de García Lorca, símbolo dos desaparecidos do franquismo. Están recollidas no documental 'Donde acaba la memoria', estreado no certame do Porriño.

A oposición califica de irresponsable e cínica a actitude do goberno galego sobre o baleirado dos encoros. Fanno logo de coñecer que Ibedrola avisou á consellaría de Medio Ambiente antes de reducir a ocupación de Cenza e Portas por baixo do 20%. O PP insiste en que o Ministerio de Transición é o que debería ter vixiado.

Os 220 mil galegos sen vacinar poden xa solicitar autocita. Mentres, a baixada da quinta vaga chega ás unidades de críticos, pero mantense nas urxencias hospitalarias. Os médicos alertan do prexuizo pros pacientes crónicos

O turismo alcanzou nas Rías Baixas os niveis previos á pandemia. En xullo e agosto as ocupacións estiveron en niveis de 2019, preto do 100% no turismo rural e as vivendas turísticas. O 95% dos visitantes eran españois.

Apertura oficial do novo curso universitario, o primeiro presencial en 3 anos. Un acto especial pra comunidade educativa no que se fixo énfase na necesidade de mellora-lo financiamento das universidades públicas

O PP reclama un plan nacional contra o peche de oficinas bancarias. Un servicio fundamental pros veciños do medio rural, segundo os populares, e que está pechando en concellos de toda Galicia.

A Xunta abre a semana que vén unha nova oferta de 50.000 autocitas para as persoas pendentes de vacinación. Mañá están citadas 30 mil persoas que xa pasaron a Covid e o día 19 está previsto que acabe a vacinación dos escolares maiores de 12 anos. Novos pasos para que a vacina chegue a todos.

A Xunta xa confirmou 190 hectáreas de viñedos afectadas polas treboadas e o pedrazo na comarca do Ribeiro. En 60 delas, o dano é grave.

Cambio no goberno local de Malpica. Hoxe debate da moción de censura presentada polo partido popular que outorgará a alcaldía a Eduardo Parga. Relevará ó socialista Walter Pardo.

Hoxe inaugúrase o curso nas universidades galegas. Arranca este terceiro ano académico en pandemia co obxectivo de recuperar a presencialidade.

Máis do 75% da poboación diana en Galicia está vacinada contra o coronavirus pero quedan aínda máis de 220.000 persoas pendentes de recibir as doses. O SERGAS contactou con elas ou tratou de facelo pero non acudiron á cita. É a xente á que agora quere chegar o Goberno galego e por iso se abre a partir da vindeira semana unha nova quenda de autocitas.

Hoxe inaugúrase o curso nas universidades galegas. Arranca este terceiro ano académico en pandemia co obxectivo de recuperar a presencialidade.

Protestas de veciños e alcaldes que nos próximos días van quedar sen oficinas bancarias nos seus municipios // O desemprego reduciuse levemente durante o mes pasado en Galicia. Baixou un 0,4 por cento // A Xunta vai chamar a vacinarse este sábado a máis de 30.000 persoas que xa pasaron a covid // Santiago acaba de recibir ao peregrino número cen mil deste ano. 02-09-2021

Veciños e alcaldes de varias localidades coruñesas maniféstanse esta mañá fronte á sede de Abanca na Coruña contra o peche das oficinas dos seus concellos.

O paro baixou en Galicia un 0,4% no mes de agosto. É a comunidade autónoma na que menos se reduce. Os sindicatos denuncian que a meirande parte dos traballos que se crearon foron temporais.

Bruxelas quere rematar co gasoleo bonificado no sector pesqueiro en 2.023. As navegacións pasarían a pagar arredor dos 14 euros por cada 100 litros, o dobre que na actualidade. O sector advirte de que suporía a súa paralización.

Galicia abandona o risco extremo por coronarivus. Por primeira vez nesta quinta vaga, a incidencia a 14 días baixa dos 250 casos por cen mil habitantes. E seguen caendo os ingresos hospitalarios e casos activos

O ex-alcalde de Lugo, José López Orozco, satisfeito pola retirada dos cargos na Pokemon A fiscalía pediu o arquivo das acusacións contra él. Sí acusa ó ex-presidente da confederación Miño-Sil, Francisco Liñares, de tráfico de influenzas, prevaricación e pertenza a grupo criminal.

A Xunta contratará este curso profesorado de reforzo para cumprir as normas sanitarias e garantir a oferta educativa. A Consellería de Educación agardará a que rematen os exames extraordinarios e a matriculación para saber cantos profesores fan falta este ano. A oposición pide que se manteñan os contratados o curso pasado.
Hoxe reúnese o comité clínico, que podería mudar o mapa de restricións por concellos.

Xunta, goberno e os traballadores de Alcoa queren pechar unha contraoferta para presentarlle á multinacional para conseguir desbloquear a venda da factoría de San Cibrao.

Reunión hoxe do conselleiro de Industria cos sindicatos para abordar a crítica situación da auxiliar de Endesa, Maessa, onde está previsto o despedimento de 48 traballadores.

Un xulgado condena ó concello da Coruña por vulnerar o dereito fundamental da Marea a participar en asuntos públicos.

Que tal, bos días.... continuamos pendentes do ceo en Lugo e Ourense, que se manteñen en risco amarelo por tormentas. No Ribeiro, produtores e Xunta avalían, ás portas da vendima, os danos nas vides. Unións Agrarias advirte de destrozos espallados por distintas zonas.


Está preto o novo plan para a hostalaría en Galicia... O sector e o goberno galego avanzan neste protocolo pero quedan aínda detalles por pechar. As dúas partes emprázanse a novas reunións. De momento xa acordaron a reapertura das barras aínda que está pendente de concretar a partir de cando e baixo que condicións.
 

Reunión esta tarde do comité clínico para revisar o mapa de risco por concellos. Hai 8 que superan os 1.000 casos de incidencia.

Antes reunión da consellería de sanidade cos hostaleiros, para tratar de pechar un novo protocolo de medidas e aforos.

O secretario xeral dos socialistas galegos pide ós militantes que respalden a Pedro Sánchez no congreso federal. Caballero pide ás executivas provinciais e á militancia que non trasladen divisións artificiais.

Reunión ó máis alto nivel pra analizar a situación da central das Pontes. Asisten o ministerio de transición, a consellería de industria e a mesa de crise. Maessa, unha das auxiliares, quere despedir a medio cento de empregados

No concello pontevedrés de Portas, unanimidade nun pleno extraordinario pra repudiar a decisión de Abanca de deixar 3 mil veciños só cun caixeiro.

Os hospitais da Coruña, Santiago e Ourense ensaian unha vacina contra o cancro de cólon. Un tratamento pra pacientes con recidivas, de caracter persoalizado, que usa a mesma tecnoloxía que as vacinas contra a Covid de Pfizer e Moderna