Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe comeza a vacinación da mocidade de 12 e 13 anos. Van recibir a vacina de Moderna. Galicia adianta estas citas para garantir que comezan o curso coa pauta completa. O mércores vacinaranse os mozos de 14 e 15 anos con Pfizer.

Tamén esta mañá... a Xunta debate co sector da hostalaría unha nova proposta para xestionar as cabidas nos locais en función das medidas que cumpra cada un.

E recollemos as palabras do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Radio Nacional. Que rexeita pronunciarse sobre as críticas que está recibindo o seu secretario de organización. O partido celebrará antes de que acabe o ano o seu congreso nacional.

Baixan os contaxios de coronavirus.
Nas últimas 24 horas, detectaronse 560 novos positivos. Son 159 casos menos que no anterior rexistro do SERGAS.
O descenso no número de novos positivos chega logo de tres días consecutivos de suba.
Tamén se reduce o número de casos activos, as persoas enfermas.
Mantense, porén, a presión hospitalaria.

Comisións Obreiras alerta do recorte do número de rastrexadores da Xunta a partir do mes que vén: de 650 actuais a só 250.

Renfe continúa sen repoñer un de cada tres traxectos dos que suprimiu en Galicia cando comezou a pandemia, hai xa ano e medio. Os sindicato temen que se cancelen, definitivamente, ducias de conexións.

Deportes. Empate do Lugo no Anxo Carro diante da Real Sociedade B. Os lucenses levan dous empate no que vai de Liga.

Baixa a presión hospitalaria, pero seguen subindo os contaxios de coronavirus por terceiro día consecutivo
Este sábado, hai hospitalizas 309 persoas, das que 64 están en coidados intensivos.
Nas últimas 24 horas, detectaronse 711 novos positivos. E a cifra máis alta dos últimos sete días.

As sete grandes cidades galegas están desde hoxe en nivel medio de restricións por covid. Sanidade baixou, nas últimas horas, un chanzo a Vigo e A Coruña.

Nace a Cooperativa de Orquestras de Galicia. Ten como obxectivo facilitar a contratación destas formacións musicais.


Declarados tres incendios forestais. Un en negueira de Muñiz e dous do concello de Padrenda.


Deportes. O Lugo debuta esta tarde no Anzo Carro. Recibe a Real Sociedade B. Poden asistir o partido preto de 2.800 afeccionados.

Adiántase a vacinación de rapaces de 12 e 13 anos, pra que cheguen ó inicio de curso protexidos. Recibirán hoxe a citación pra recibi-la picada a partir do luns. Terán que levar unha autorización paterna.

Esperanza de que o expediente a Naturgy e Iberdrola sexa un primeiro paso pra poñer coto ó baleirado de encoros. Temen danos no ecosistema, pero tamén falta de auga pra atender emerxencias.

Advirten do mal estado das augas costeiras das Rías Baixas. Un informe do Ministerio de Transición Ecolóxica alerta da presenza de contaminación orgánica e química en puntos da Ria de Arousa e da de Vigo.

As autocaravanas viven un dos seus veráns máis activos.
Aumentaron un 40% anual nos últimos tempos. Hai 130 areas reservadas pra eles, pero non todos as respetan.

Stellantis terá que volver a parar a vindeira semana. A antiga PSA convocou de urxencia ós traballadores pra anunciar a parada de todalas quendas dende o luns.

Moción de censura no concello coruñés de Malpica.
OS seis Concelleiros do Partido popular e o edil non adscrito Alfredo Cañizo rexistraron este xoves a moción contra o alcalde socialista Walter Pardo.
Suman maioría absoluta polo que o relevo na alcaldía parece asegurado.

--- Protesta en Viveiro o en contra do desmantelamento da atenciíon primaria


--- O alcalde de Vigo, abel caballero, reitera as súas críticas á Xunta pola loxística para a vacinación contra a covid na área sanitaria. Pide que se vacine por municipios.


--- Colectivos da comarca de Valdeorras reclaman a declaración da PenaTrevinca como parque natural protexido


--- Deportes. O Deportivo prescinde de Fe de Cartabia e Queco Gontán e inclúe a Celso Borges no expediente de regulamento de emprego.

O Goberno central abre un expediente informativo para investigar a Iberdrola e Naturgy polo baleirado de catro encoros galegos. Estas pescudas poden dar lugar a expedientes sancionadores. A investigación exténdese a outras presas que están en España na mesma situación.


Esta noite entran en vigor as novas medidas que regulan en pandemia a actividade na hostalaría. Bares, restaurantes e os locais do lecer nocturno poderán ampliar as súas cabidas, sobre todo nas terrazas. Unhas normas coas que non todo o sector está dacordo: algunhas asociacións piden un plan de indemnizacións e poder traballar ao 100 por cento nos exteriores.

Alternativas novidosas, en Xanceda-Mesía e Teo, para gozar ao aire libre e en familia, feitas sobre leiras que, durante uns meses, serven para uso turístico. Ata a sega en outono.

A saturación da atención primaria repercute nas urxencias hospitalarias. Logo de 18 meses de pandemia, no hospital da Coruña xa atenden tantos pacientes diarios coma no principio da pandemia. Hoxe, nova protesta nun centro de saúde de Viveiro por falta de persoal.

O sector hostaleiro pide indemnizacións ós locais máis afectados polas restricións. Non entenden que se siga a distinguir entre a terraza dun bar e un pub.

Máis de 75 mil peregrinos selaron a compostela no que vai de ano. Cifras que demostran a recuperación económica e emocional do Xacobeo, segundo a directora de Turismo.

Vigo deseña o seu novo modelo de cidade nun novo plan xeral de ordenación urbana. Reserva medio millón de hectáreas a 50 mil novas residencias. A oposición lamenta a falta de diálogo.

Novo pulo á creación da área metropolitana da Coruña. PSOE e en Marea acordan retomar o proxecto, que agardan levar ó parlamento galego en outubro. Temen que o PP o bloquee.

A XUNTA DE GOBERNO DO CONCELLO DE VIGO APROBA,inicialmente, o plan Xeral de ordenación muncipal.
O plan, segundo o alcalde, abel caballero, dedica 159 hectareas de chan á actividades industriaos e terciaarias.
podería ir a pleno este mesmo mes de agosto ou en setembro.

sán de San Cibrao das viñas recorrerá a proposta de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Propón sancionalo con máis dun millón de euros por vertidos contaminantes ó río Barbaña.

---Protesta en Castro de Rei contra a empresa agrícola Surexport. Denuncian as precarias condicións laborais e un modelo de negocio moi prexudicial para o medio ambiente.


--- Mañá arranca en Ferrol o festival Nachiños Fest.


--- Deportes. O celtico Hugo Mallo, sancionado cun partido polo comité de competición. Non poderá xogar contra o Osasuna.

O comité clínico relaxa as medidas na hostalaría. Os expertos que asesoran a Xunta constatan a mellora da situación epidemiolóxica e permiten que se amplíen as cabidas, sobre todo nas terrazas. Non queda ningún concello en nivel máximo e as cidades baixan a nivel medio agás A Coruña e Vigo, que quedan no alto.

Todo mentres avanza a campaña de vacinación... a semana que vén recibirá a primeira dose a mocidade de entre 14 e 16 anos.

A temperatura da auga da costa galega baixa en verán, sobre todo de Fisterra cara o Sur por efecto do vento Norte, que provoca unhas correntes que fan subir á superficie a auga do fondo.É un fenómeno que se acentúa cando hai anticiclóns.

A crise mundial das materias primas provoca dificultades ós constructores galegos. Hai escaseza de materiais tan básicos coma o aceiro ou o cemento, e os prezos fluctúan ata nun 50% en cuestión de semanas.

Denuncian condicións inasumibles nunha empresa de froitos vermellos. Unha decena de colectivos concentráronse en Castro de rei e denunciaron a SUREXPORT por prácticas abusivas contra os traballadores.

O concello de San Cibrao das Viñas enfróntase a unha posible sanción dun millón de euros. Polas verteduras reiteradas procedentes do polígono industrial. Afectan a unha zona protexida do río Barbaña, e conteñen deterxentes e fosfatos.

Comenza na mariña lucense a oitava edición do festival Bal y Gay. Ata o 26 de agosto ofrecerán 9 recitais dalgúns dos artistas máis destacados da música clásica.

A situación de apertura dos locais de hostelería non acaba de atopar a estabilidade. Agora os hostaleiros da Coruña presentan un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza para pedir a anulación das últimas restricións decretadas pola Xunta. Quéixanse de que esas medidas as tivo que aprobar á Xunta polo recurso doutros hosteleiros que se opoñían a reclamar o pasaporte covid para entrar nos locais.

---O concello de Santiago vai abrir expediente á Xunta por tender fibra óptica no Casco Vello sen licenza.

---Ecoloxistas e agrupacións veciñais denuncian os prexuizos medioambientais e para o subministro dos valeirados dos enconros de Ourense que están a facer as hidroeléctricas para aproveitarse dos altos prezos da luz.

--- Porto do Son non pechará a praia na que estableceu a súa base un golfiño. Así llo pedira a Coordenadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, que está a observar continuos actos de acoso ó animal.

O comité clínico avalía esta mañá a situación da pandemia en Galicia. Á espera da actualización dos datos, melloran tódolos indicadores, a incidencia a 14 días cae aos 440 casos por cada 100 mil habitantes.


Pola tarde reúnese o Consello Interterritorial de Saúde, onde as comunidades e o Ministerio falarán sobre o avance da vacinación. Aquí en Galicia o SERGAS cita esta semana uns 30.000 mozos de entre 16 e 19 anos para administrarlles a primeira dose.