Esta madrugada entra en vigor o novo mapa de restricións en Galicia. Dúas localidades, Ordes e Monforte quedan no nivel máximo de risco debido aos gromos vencellados a festas privadas que foron medrando nas últimas semanas.
Que tal, bos días... A Xunta recorre ante o Tribunal Superior de Xustiza o auto polo que se denega a autorización para pedir o certificado covid para acceder aos establecementos da hostalaría.
Ás portas do inicio dun curso no que haberá que manter as medidas de seguridade fronte á covid, a pesar que de a maioría dos alumnos estarán vacinados, os especialistas advirten da facilidade de contaxio da variante delta, que agora é a maioritaria.
Juan Gestal tamén recomenda o uso da máscara nos cativos a partir dos dous anos, como fan nos Estados Unidos.
A líder do BNG, Ana Pontón, abre unha reflexión pra decidir cal será o seu futuro na organización. A muller que conseguiu os mellores resultados da historia do Bloque podería non concorrer nesa Asemblea pra seguir liderando o partido.
O lecer nocturno pide indemnizacións e estuda novas mobilizacións. Estiman que só o 30 % dos establecementos están abertos, e a súa facturación é o 6% da de hai dous anos.
Os traballadores do matadoiro de Betanzos acoden hoxe a un cribado tras detectarse un gromo na planta, con oito positivos. O comité de empresa denuncia que se perderon dez días desde que apareceron os primeiros casos.
Os traballadores de ENCE queren que a ministra vaia a Pontevedra, para a mesa polo futuro da pasteira. E que se garanta a continuidade da actividade da factoría en Lourizán mentres non se atope unha solución
Cita co metal en Viveiro, cunha edición limitada do Resurrectión Fest como consecuencia da pandemia. Ata o sábado actuarán quince bandas. O aforo este ano queda reducido a 1.500 persoas ó día, que terán que permanecer sentadas, mantendo as distancias de seguridade.
O curso que vén comezará con máis alumnado por clase en Secundaria e con menos distancia entre mesas. Así o ratificaron o Ministerio de Educación e as consellerías. Manteranse outras medidas coma a ventilación ou o uso obrigatorio de máscaras.
A Xunta lamenta que o Goberno central non destine fondos ás comunidades para afrontar os gastos extraordinarios que implica a pandemia. Os sindicatos do ensino insisten en demandar á consellaría de Educación que manteña o reforzo de profesores do pasado curso.
En Betanzos, preocupación polo gromo no matadoiro, con alomenos sete positivos. Estánselles facendo probas ós 60 traballadores e tres veterinarios da Xunta
A corporación de Vigo reúnese hoxe ás nove da mañá en pleno extradordinario para sacar adiante a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O Concello de Ourense aproba hoxe a licenza para restaurar a torre de San Martiño e a fachada da catedral.
O curso que vén comezará con máis alumnado por clase en Secundaria e con menos distancia entre mesas. Así o ratificaron o Ministerio de Educación e as consellerías. Manteranse outras medidas coma a ventilación ou o uso obrigatorio de máscaras.
O avance da vacinación permitirá relaxar algunhas medidas tamén nos centros educativos e a Consellería agarda ir recuperando espazos coma as bibliotecas e actividades que antes eran cotiás nos colexios e institutos, coma as excursións. Unha das reivindicacións das familias.
Por outra banda, a Xunta lamenta que o Goberno central non destine fondos ás comunidades para afrontar os gastos extraordinarios que implica a pandemia.
Desde que se han inaugurado las visitas nocturnas en la Catedral de Santiago, hace solo unas semanas, la propuesta se ha convertido en todo un éxito. Una nueva experiencia de disfrutar de esta obra maestra para la que ya no hay entradas - a 25 euros- hasta la segunda quincena de septiembre.
Varios municipios gallegos se han rebelado contra el cierre de oficinas bancarias y amenazan con retirar todo su dinero de Abanca si lo hace. Sus alcaldes advierten del perjuicio económico que supondrá para los pequeños negocios del rural y para los vecinos, sobre todo mayores, que no están familiarizados con las nuevas tecnologías. Foto: GETTY IMAGES
Se cumplen dos meses de la entrada en vigor de laLey de Eutanasia. Hay unas cien solicitudes tres casos confirmados en Euskadi, Galicia y Alicante. Lo primero que tenían que hacer las CCAA era crear las comisiones que evalúan cada caso. Todas excepto Andalucía las han formado y en Madrid aseguran que está constituida aunque la orden no está publicada. El camino no está siendo fácil según dice la Asociación Derecho a vivir, que pide más formación para los profesionales. Informa Alba Urrutia
A dúas semanas do inicio do curso, reúnese a mesa sectorial de Ensino, coas medidas que rexerán a volta ás aulas como único punto sobre a mesa. As anpas e sindicatos galegos reclaman presencialidade, pero que a seguridade nas aulas non se vencelle á situación económica.
A deputación permanente rexeita a comparecencia do presidente da Xunta pra falar da esixencia do Certificado Covid, anulado polos tribunais. O PP vetou coa súa maioría a petición do BNG.
A Xunta eleva a previsión anual de compostelas a 140 mil. Hai un 80 % máis de peregrinos que o ano pasado.
Os armadores atribúen ó exceso de celo o apreixamento do Punta Vixía en Irlanda. Foi liberado despois de pagar unha fianza de 105 mil euros.
Os sindicatos policiais sitúan en 350 o déficit de axentes en Galicia. Reclaman a convocatora das prazas necesarias.
Os concellos de Monforte, en Lugo, e Ordes, na Coruña, soben ó nivel maximo de restricións anticovid a partir do sábado.
E a consecuencia do empeoramento dos seus indicadotes epidemiolóxicos da pandemia.
En Monforte, hai 170 persoas contaxiadas e preto de 200 en Ordes.
case todos os infectados son xente nova
--- Correos pretende instalar entre 75 e 80 caixeiros no rural antes de fin de ano para loitar contra a exclusión financieira. Hoxe os veciños da Baña concentranse contra o peche da única oficina bancaria.
--- Vigo vai contar cun puntode vacinaciñón para os sen teito da cidade. Confirmouno o alcalde, Abel caballero
--- Detidas seis persoas,catro en Ourense e duas en Santiago,- por por captar a mulleres vulnerables e obrigalas a prostituirse.
--- Deportes. O nadador coruñes Jacobe Garrido loita, a partir das dez, por unha medalla nos xogos paralimpicos de Tokio.
Os gromos orixinados en encontros sociais durante a fin de semana do 15 de agosto fan subir ata o nivel máximo de restricións dous concellos galegos: Ordes e Monforte. Prohíbense as reunións entre persoas que non viven xuntas durante a madrugada e a hostalaría só poderá atender no exterior e ao 50% da súa capacidade.
É unha das medidas acordadas polo comité clínico, que puxo en valor o avance da campaña de vacinación. Hoxe están citados os mozos de 14 e 15 anos.
Esta mañá o Ministerio de Educación e as comunidades abordan os protocolos para o inicio do próximo curso, que Galicia afronta sen os profesores de reforzo do pasado.
Desartellada unha rede de explotación sexual en Santiago e Ourense. Hai seis detidos. Dúas menores foron liberadas despois de seren violadas polo lider da organización, que pretendía obrigalas a exercer a prostitución.
As altas temperaturas e os fortes ventos convirten esta semana na peor do verán en canto a risco de incendios. Os técnicos lamentan a falta de prevención, e nalgúns casos de infraestructuras básicas coma a cobertura de moviles
A Xunta pedirá ó estado fondos pro vindeiro curso. O conselleiro reclama outro fondo COVID para cubrir os custes das medidas sanitarias nas aulas para o vindeiro curso.
Os gromos con orixe nas festas de Asunción e San Roque levan a Ordes e MOnforte ó nivel máximo de restricións. No xeral, baixan os casos de Covid, con pouco mais de dez mil activos na comunidade.
O turismo nacional volve a niveis previos á pandemia. Aumentaron as pernoctacións no mes de xullo. No parque illas atlánticas, o alto número de visitantes provoca problemas na depuradora
Este martes, o risco de incendio forestal é extremo na meirande parte de Galicia.
Sobre todo, na provincia de Ourense, bno interior de Lugo e Ponetvedra, nos areredors da comarca de sANTIAGO ou na contorno da ría de Arousa.
No litoral da Coruña, o vento sopra con intensidade. Hai aviso amarelo por ventos do noroeste, forza 7.
A esta hora, hai activos alomenos cinco incendios forestais
--- O novo plan xeral de Ordenación municipal de Vigo irá o xoves a pleno para a súa aPROBACIÓN INICIAL. Abel caballero di que se acabaron os pelotazos urbanísticos
--- As malas condicións laborais poderían estar tra-la morte dun temporeiro romanés de 25 anos ocorrida o venres pasado en Castro de Rei.
--- A Xunta amplía ata os dous millóns de euros as axudas destinados ó bono eléctrico. Poderán acollerse os consumidores máis vulnerables.
--- Deportes. O Celta empate co Osasuna e logra o primeiro punto da temporada. O porteiro celeste detivo un penalty.
Un incendio permanece activo no concello coruñés de Ponteceso. Leva polo dagora queimadas arredor de 20 hectáreas. Declarouse a última hora da tarde e durante a noite mantívose traballando o operativo de extinción. Meteogalicia ten activado o aviso amarelo por fortes ventos nesta zona.
Que haxa auga dabondo nos encoros para afrontar posibles incendios é algo que preocupa ás autoridades tra-lo baleirado que emprenderon as concesionarias. A Xunta está a inspeccionar as presas e di que a situación pode ser alarmante.
E hoxe estamos pendentes do comité clínico, que se reúne para avaliar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.
Comeza a vacinación dos que teñen 12 e 13 anos, para que lles dea tempo de recibir as dúas doses antes do inicio do curso. Estanos inmunizando coa vacina de Moderna.
Asistencia masiva na xornada de vacinación dos menores entre 12 e 13 anos. Ainda que nalgúns puntos chegaron formarse ringleiras, en xeral, o proceso foi fluido. En Galicia os chamados nesta franxa de idade son 37 mil.
Xunta e hostaleiros danse un prazo pra fixar os flecos do novo modelo de restricións, con discrepancias sobre o uso da barra, entre outras cuestións. Agardan que poida entrar en vigor en setembro.
Comisións Obreiras vencella as condicións laborais en SUREXPORT coa morte dun traballador de 25 anos en Outeiro de Rei. Faleceu na súa pensión ó termo dunha intensa xornada marcada pola calor. Tiña patoloxías previas que a empresa coñecía.
Irlanda apreixou outro buque galego por supostas infraccións das normas de pesca. Trátase do pesqueiro "Punta Vixía", de bandeira francesa e base en Vigo, retido dende o sábado
Preocupación da Xunta polo baixo nivel dos encoros da confederación Miño-SIl. Anuncian un seguemento exhaustivo pra verificar que se cumpre co caudal ecolóxico.
Activados avisos amarelos pra hoxe e mañá en Ourense e Pontevedra, polas altas temperaturas. Aviso tamén na costa da Coruña polo vento do nordés.
Segue o peche de oficinas bancarias no rural.
O concello coruñés da Baña rexeita a decisión de ABANCA de peechar a única oficina que ten no municipio e convoca unha concecentración de protesta.
Será o mercores diante da sucursal bancaria.
O peche será efectivo, se ninguén o remedia, a partir do 8 de setembro.
O dous de setembro, tres concellos A Baña, Zas e Vimianzo manifestaranse na Coruña en contra do peche das oficinas de Abanca.
A factoría de Stellantis de Vigo inicia a semana sen actividade. Non ten compoñentes electrónicos.
Irlanda retén ó arrasteiro vigués PUNTA Vixía ao que acusa de pesca ilegal.
O envellecemento demográfico non ten porqué ser malo. Ésta é a idea que defenden dous investigadores das universidades da Coruña e Santiago.
Deportes. O Celta busca esta noite no campo do Osasuna a súa primeira victoria na Liga.