Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba


A Audiencia Nacional anula por terceira vez nunha sentenza a prórroga concedida en 2016 a ENCE para o seu emprazamento actual na ría de Pontevedra. Ratifica que non está acreditado que a pasteira precise instalarse en dominio público para levar a cabo a súa actividade.


A Garda Civil detivo en Cangas a dous rapaces acusados de agredir sexualmente a dúas menores residentes do centro de acollida Príncipe Felipe de Pontevedra. Mañá pasarán a disposición xudicial.

Dous amigos de Alfoz, con cadansúa explotación apícola, fan dos mellores meles do mundo. Son da nova xeración de apicultores galegos e acadaron a máxima distinción en Galicia e das máis altas a nivel internacional.

En pouco máis dunha semana, as Forzas de Seguridade incautáronse de máis de doce toneladas de cocaína que se ían desembarcar supostamente en Galicia. A última operación coñeceuse onte mesmo. Nela, en colaboración coa policía portuguesa, foi interceptado un veleiro con máis de cinco mil quilos. Foron detidos os seus tres tripulantes, dous deles arousáns, un dos cales estaba xa en busca e captura.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico alerta da intensa actividade das organizacións galegas, pide máis medios e constata que Galicia segue a ser unha das principais portas de entrada de cocaína en Europa...

Críticas da oposición ós orzamentos que a Xunta. Bloque e PSdeG consideranos raquíticos, din non son os que precisa agora Galicia e critican sobfre todo as medidas fiscais.

A Alu Ibérica quédanlle tres meses de vida segundo os traballadores. Unha representación do comité reuniuse hoxe coa portavoz nacional do BNG. Ana Pontón sinala que as administracións, que avalaron a venda, son as que teñen agora que buscar unha solución.

Na Coruña, Covid Bens deixará de funcionar a partir de novembro, por falta de financiamento.

Remata prácticamente sen capturas a primeira xornada de libre marisqueo na ría de arousa. Uns cativos resultados que reaviva a polémica pola xestión dos bancos marisqueiros.
 

Conta atrás para a posta en marcha da cidade das TICs da Corula, da cidade das Tecnoloxías da Información e a Comuniación
O convenio entre as adminsitracións asinarase nos próximos días.
A súa sede estará en Palavea, nos terreos da antiga fábrica de armas.
A construcción do Centro de Servizos Avanzados, que acollerá 10 empesas, está previsto que se adxudique en novembro.

--- Os sectores prexudicados polo peche das centrais de Meirama e As Pontes seguen a espera de que a Xunta asine o protocolo para unha transición ecolóxica xusta. Sen él non é posible cobrar 111 millóns da Unión Europea.

--- O concello de Santiago pecha o mercadillo dos sábados en Fontiñas.


--- Morre un veciño de Teo nun accidente de tráfico en Rois. Tiña 63 anos.


--- Deportes. Noel xogará mañá co equipo uvenil o partido de volta da Youth League contra o Pogon polaco. Na ida, os coruñeses perderon por 3 goles a cero.
 

Os orzamentos de Galicia para 2022 chegarán mañá ó Parlamento. O presidente Núñez Feijóo adiantou que a lei de acompañamento incluirá unha rebaixa de impostos. Asegura que beneficiará ó 90 ppor cento dos contribuintes. O BNG considera as contas da Xunta timoratas e decepcionantes.
Hoxe temos que dar conta dunha nova aprehensión de droga. E outra vez a bordo un veleiro. Nesta ocasión con máis de 5 toneladas de cocaína e cinco detidos, un deles, un vello coñecido das forzas policiais.
E unha galega Janet Novás gaña o premio El Ojo crítico de Danza

Baixan os impostos e destínanse máis de 8.600 millóns de euros a gasto social. Son as liñas mestras dos orzamentos que hoxe aprobou a Xunta.


O presuposto para o ano que vén ascende a máis de 11.600 millóns de euros. Unhas contas coas que o Goberno galego quere reactivar a economía tra-la pandemia.


Aínda nesta portada... a bailarina galega Janet Novás recibe o premio Ojo Crítico de Danza. O xurado pon en valor a honestidade coa que afronta as súas creacións.

Presentan no mercado de abastos de Pontevedra unha campaña para animar comer saudable, sostible, con productos de tempada e da zona.

Galicia vai contar no ano 2022 cos orzamntos máis elevados da súa historia. Alberto Núñez Feijoo e o novo concelleiro de Facenda, Miguel Corgos, presentan arestora os orzamentos da Xunta para 2022. Ascenden a 11.627 millóns de euros.

En Vigo, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) pide no xulgado que se anule o ERTE de Stellantis.

"Salvémo-la atención primaria" é o lema da manifestación convocada pró día 14 de novembro en Santiago.

Unha cuarta parte dos galegos está en risco de pobreza, e 250 mil persoas sofren pobreza severa.

Usuarios e familiares de residencias de maiores acusa a Política Social de non investigar as súas denuncias.
 

Preocupación entre os traballadotes de Megasa en Narón.
A siderúrxica decidiu reestructurar a súa producción por culpa do prezo da electricidade.
Traballará só as fins de semana, os días festivos e durante a noite. Cando a luz é mais barata.
A medida non afecta, en principio, os 130 traballadores da empresa.
Manteñense as tres quendas de traballo

--- Folga no servizo de cafetería do aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago. Os traballadores protestan polo incumprimento do convenio por parte da empresa.


--- Hoxe comeza a funcionar o servizo de Radioloxía no centro de saúde de Narón.


--- Morre unha muller en Santa Comba ó quedar atrapada por unha máquina ensiladora.


--- Deportes. O Basquet Coruña gaña na pista do Granada.
É a súa primeirta victoria da temporada.


--- No tempo da entrevista, hoxe falamos co presidente da Fundación Galicia Sustentable, con Marcos Pérez Gulín