Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A próxima semana a Xunta aprobará o proxecto de orzamentos para 2022, segundo vai anunciar hoxe no Parlamento o presidente Núñez Feijóo. Tal é como adiantou mentres preparaba a intervención, a través da lei de acompañamento incluirán unha rebaixa de impostos. Outro anuncio previsto, o fin da situación de emerxencia.
O debate empeza ás dez.... pola tarde intervirán os portavoces da oposición.
Xa sabiamos que aumentan os delitos por internet...pero a Garda civil concretou o incremento: un 78 por cento máis nos primeiros 8 meses deste ano.
E hoxe Castroverde vaille dar o último adeus a Paco Pestana.

Alberto Núñez Feijóo foi un dos tres presidentes autonómicos que non acudiu ós actos organizados en Madrid con motivo da festa da hispanidade. Coma os outros líderes políticos galegos prepara o deate de política xeral que comeza mañá no Parlamento.
A Xunta xa adiantou que no seu discurso o presidente galego anunciará que a partir da vindeira semana decae a situación de emerxencia decretada a cando empezou a pandemia.
O epidemiólogo Juan Gestal cré que se dan as circunstancias para face-lo, aínda que despois de dous meses de descenso ininterrumpido hoxe repuntan os casos activos. Tamén subiron os novos contaxios e as hospitalizacions.

Falece o escultor Paco Pestana.
As artes plásticas galegas perderon nas a un dos creadores máis orixinais e irreverentes das últimas décadas. Faleceu de xeito repentino ós 72 anos.

 Galicia levantará a vindeira semana a situación de emerxencia sanitaria decretada hai xa algo máis de ano e medio, ó inicio da pandemia.

O anuncio vaino facer o presidente da Xunta mañá na súa intervención no debate do estado da autonomía.

Nove de cada dez galegos maiores de 12 anos xa están vacinados e os contaxios están nos niveis máis baixos.

Hoxe o presidente Núñez Feijóo non acudirá ós actos oficiais que se celebran en Madrid para prepara o debate de mañá.

Nos próximos minutos tamén lles daremos detalles da última operación contra a droga.

O tempo. Agárdanos outro día solleiro e con temperaturas altas ó mediodía.


Galicia abandonará a semana que vén o estado de emerxencia sanitaria que a Xunta decretou o 13 de marzo do ano pasado. Vai confirmalo Alberto Núñez Feijóo o mércores, durante o debate do Estado da Autonomía.

A boa evolución da pandemia permítelle ao Goberno galego tomar esta decisión.

E a falta de dúas semanas para que comece a inocularse a terceira dose da vacina contra o coronavirus, cadrando coa campaña da gripe, o sindicato de enfermeiría SATSE denuncia que co persoal co que contan os centros de Atención Primaria non se vai poder garantizar a calidade e seguridade asistencial.

O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // Animáronse tamén as reservas no sector do turismo rural // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá consumir produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)

O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá acceder aos cines, comprar libros, música ou outros produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos, despois de rexistrarse só 14 contaxios novos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)

O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá acceder aos cines, comprar libros, música ou outros produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos, despois de rexistrarse só 14 contaxios novos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)

Comezamos semana con anticiclón, con aire quente que vén do sur. As temperaturas son altas para a época do ano na que estamos, e non terán cambios significativos respecto dos días de atrás. No Norte serán algo máis baixas. (11/10/2021)

Madrugada tráxica nas estradas con dous accidentes mortais. Ocorreron en Melide e A Estrada. As víctimas, dous homes de 19 e 37 anos.
Xa van así tres mortos no que levamos de Ponte.
Axentes da Policía Nacional de Vigo e Pontevedra participaron nunha operación na que foron intervidas máis de 4 toneladas de cocaína.

A droga, que foi incautada a bordo dun pesqueiro de bandeira venezolana, tiña Galicia como destino.

Continúa o descenso der persoas con COVID. Agora hai medio milleiro coa enfermidade activa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, non entende as restriccións na hostelaría e pide á Xunta que copie o modelo de Madrid.

A Xunta presenta o seu bono cultura ó sector.

Pode pedirse a partir do primeiro de novembro.

Folga na comarca do Barbanza. Este luns, non hai recollida de lixo.
A Folga está convocada polo comité de empresa da planta de tratamento de refugallos de Lousame.
Di que están en perigo 160 empregos. O actual contrato remta en 2023.
Este domingo, unhas 400 persoas manifestáronse nas rúas de Noia


--- Concentración en Lugo en defensa da planta de Alcoa na Mariña. Centos de persoas protestaron este domingo ás portas da subdelegación do goberno.


--- En Vigo, o mércores ábrese a exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenanación Municipal. Durará tres meses.


--- Nova mobilización veciñal para reclamarlle a Xunta a contratación dun segundo médico no centro de saúde de Seixo, en Marín.


--- Deportes. Derrota do Obradoiro na liga ACB. Perdeu na pista do Baskonia. O Deportivo Abanca de fútbol feminino lidera a clasificación de segunda

Os traballadores de Alcoa levaron este domingo as mobilizacións a Lugo no marco das festas de San Froilán. Co apoio dos compañeiros de Vestas manifestáronse ante a subdelegación do goberno onde dirixiron as súas críticas á ministra de Industria, Reyez Maroto.
A CIG pide ós outros sindicatos que debatan a posibilidade de convocar unha folga xeral en Galicia. En Radio Nacional, o reelexido secretario xeral, Paulo Carril, considera que a situación do emprego é crítica.
Outra protesta a dos traballadores da planta de tratamento de lixo de Lousame. Hoxe non haberá recollida de lixo nos concellos que forman parte da mancomunidade do Barbanza.
Deportes. O Obradoiro caeu en Vitoria por 21 puntos de diferencia.
O tempo. Non hai cambios este luns teremos outro día solleiro e con temperaturas altas para este fase do outono.

Domingo solleiro en Galicia pero inzado de protestas laborais, como a que mantiveron os traballadores de Alcoa en Lugo, a onde acudiron aproveitando a celebración do Domingo das Mozas. Outra protesta é a que levou a centos de persoas a manifestarse en Noia para pedir que se manteña o actual modelo de reciclaxe na planta de tratamento de Lousame. Mañá haberá folga na recollida do lixo ós oito concellos que atende.
No Día da Saúde Mental, os especialistas demandan mais persoal e medios especialmente no rural...
Hoxe, na entrevista, Paulo Carril, reelexido secretario xeral da CIG, no congreso celebrado este sábado.

Catro anos mais seguerá Paulo Carril á fronte do sindicato CIG: a súa candidatura é a única que se presenta ó congreso que hoxe se celebra en Santiago, e do que sairá reelexido esta tarde coa intención de seguir a consolidación do sindicato como primeira forza en Galicia.
Primeiro día das novas medidas de desescalada da covid, con alivio dos hosteleiros...
mentres continúa a baixada de casos...

Hoxe, na entrevista, o arquitecto pontevedrés César Portela, premiado por toda a súa traxectoria profesional polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

E o tempo, que segue estable con temperaturas moi agradables.

Entramos de cheo na ponte festiva do Pilar... A Dirección Xeral de Tráfico prevé máis de 650.000 desprazamentos ata o martes que vén. Pequenas vacacións para moita xente que cadran coa relaxación da meirande parte das restricións sanitarias vixentes. A hostalaría agarda en Galicia unha altísima ocupación.


Hoxe é o Día da Ciencia en Galicia, no que a Real Academia Galega de Ciencias homenaxea a xenetista Jimena Fernández de la Vega.


Imos nos tamén lembrar o seu legado... ademais de repasar outras novas que nos deixa este venres.