Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Día de cambios en Galicia, día de pedir ós cidadáns que non baixen a garda.. A Xunta insiste, volver a situacións máis restritivas dependerá do comportamento colectivo.... Mentres, a hostalaría adáptase ó novo escenario, o máis permisivo dos últimos meses, e noutros ámbitos, como nas residencias, prepáranse para que os usuarios poidan facer saídas e recibir visitas.

BOAS TARDES... Esta é a principal nova dun día de actos dos candidatos ás primarias do PSDEGA... que defenderon os seus programas a unha semana da elección....

Tamén nos vindeiros minutos teremos a nosa entrevista dos sábados... Falaremos con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa

Nova etapa sanitaria en Galicia cos esforzos postos nas citacións pra terceira dose da covid e pra campaña da gripe que desde mañá chega á poboación xeral... en seguida coñeceremos ás novidades que trae este ano...

Que tal moi boas tardes... tamén daremos conta do desconcerto dos traballadores da Mariña, neste caso os de Vestas, sen comprador pra fábrica e sen entendemento coa dirección...

Na nosa entrevista dos domingos falaremos co responsable de Aduanas, Jaime Gayá, sobre as últimas operacións contra o narcotráfico nas que foron intervidas grandes cantidades de cocaína con destino Galicia.

Esta medianoite a hostelaría e o ocio nocturno recuperan os aforos, e amplíanse ós horarios case á situacións prepandemia. Nova normalidade ben recibida no sector, ainda que alguns ven imposible completar os aforos xa que se sigue obrigando a manter as distancias de seguridade entre as persoas.

E en Sevilla, os presidentes andaluz e galego pediron un modelo de financiamento mais equitativo entre as comunidades.
Sobre o futuro de Ence, O ministerio de Transición Ecolóxica ratifícase na inviabilidade xurídica de adscribir os terreos de Ence ó porto de Marín. Ratificación que chega despois de que o Consello Consultivo de Galicia concluíse xusto o contrario.

O Museo da Limia homenaxea ao poeta co gallo do seu centenario.

Falecido en 2004, foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX.

Xa entrou en vigor o decaemento da situación de emerxencia sanitaria, trala publicación no diario oficial de Galicia.... E esta noite amplíanse aforos e horarios na hostalaría

Os presidentes de Andalucía e Galicia defendeN que o financiamento autonómico se decida nunha xuntanza multilateral. Demandan un reparto de fondos equitativo para que os cidadáns poidan ter os mesmos servizos independentemente de onde vivan.

Protesta en Lugo de gandeiros polos baixos prezos da carne.
Chegados desde distintos concellos da provincia denunciaron que, unido ó incremento dos prezos de combustibles ou pensos, fai inviable a actividade.

Trala rebaixa nas peaxes da AP-9 a Xunta busca agora abarata-la AP-53. A autoestrada que une Santiago e Dozón, que é a máis cara de Galicia e que tamén depende do goberno central.

Na Coruña, as familias con nenos cun tratamento por cacro dispoñen dun piso pra evitar desprazamentos diarios ó hospital. nha iniciativa do programa A Radio Conta á que se sumou o concello coruñés.

A agardada reunión entre o presidente da Xunta e a Ministra de Transición Ecolóxica non despexou a dúbida de se Galicia asina o protocolo de Transición Ecolóxica Xusta que permitirá ás bisbarras de As Pontes e Meirama os 111 millóns de euros que aporta a Unión Europea. Feijoo insiste en que a central pontesa debe quedar operativa.

--- O alcalde de Santiago bota en falta partidas específicas para a cidade nos Orzamentos da Xunta. Xosé Sánchez Bugallo di que moitos son proxectos de ámbito autonómico.


--- Os empregados de Alú Ibérica presentaron un recurso ante o Tribunal Supremo co obxectivo de que a actual dirección asuma as obrigas económicas co persoal ás que foi condenada Alcoa, antiga dona da planta da Coruña.

---O Consello de Seguridade Nuclear requírelle á Xunta un estudo radiolóxico sobre a mina de San Finx, na Coruña. Faino a instancias dunha denuncia de Ecoloxistas en Acción.

Desde a próxima media noite Galicia recuper aforos e horarios que non tiña desde que comezou a pandemia. Onde que non hai cambios e no uso da máscara. Ano e medio despois decae tamén a situación de emerxencia e o comité clínico deixará de reunirse de xeito ordinario como facía ata agora.
Este venres protagonismo de novo para ENCE, o ministerio de Trasición ecolóxica comprométese coa súa continuidade en Galicia e busca novos emprezamentos. Onte o presidente da Xunta abordou coa vicepresidenta Teresa Ribera situaicón da pasteira. Hoxe Núñez Feijóo viaxa a Sevilla onde se vai reunir co presidente andaluz, juan Manuel Moreno Bonilla para abordar a futuro da financiación autonómica.
O tempo. Empeza a xornada con nubes pero vai ir clareando e pola tarde quedará prácticamente despexado.

Investigadoras do CSIC estudan as pezas medievais máis valiosas da catedral de Ourense.

Un equipo de TVE foi testemuña do achado dun puñado de terra que podería pertencer á tumba de San Rosendo.