O parlamento galego ven de amosa-lo seu rexeitamento a que se utilice a expresión "Galicia profunda" como valoración pexorativa, inadmisible en calquera contexto "e máis aínda nunha resolución xudicial". Foi nunha declaración institucional aprobada polo pleno da cámara.
Publicada a orde que regula a atención á diversidade no ensino galego. Só os nenos con discapacidade e trastornos graves contarán con atención de profesionais. O resto, dislexia, discalculia ou altas capacidades, só recibirán apoio de profesores con horas libres.
A luz e a crise das materias primas disparan os prezos industriais un 25% nun ano. O conselleiro de economía pide un plan de choque urxente pra rebaixa-lo prezo da luz. Sectores coma o textil denuncian retrasos e sobrecustos nas mercancías.
O alcalde de Ourense sinala motivos políticos na querela da fiscalía contra el por malversación. O PSOE pidelle ó PP que reflexione sobre o seu apoio. Os populares sinalan que non ten que ver co seu mandato como alcalde. Investígase se desviou subvencións do partido pra fins persoais
O Tribunal Superior de Xustiza alerta de que os pacientes de lupus están discriminados pra acceder á discapacidade. Así o sinalan nunha sentenza na que aumentan do 24 ó 50% a discapacidade dunha ourensá... Tiveron que acudir ós síntomas, porque o lupus non está no catálogo estatal que regula esta materia.