Este sábado volveron subir os casos de covid en Galicia, con 85 novos contaxios. Namentres, na sanidade, os pediatras alertan do incremento dos virus respiratorios e estacionais entre os mais pequenos.
Sentenza que pode sentar xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia: a nai dun bebé nacido morto ten dereito que conte, igual que se nacera vivo, para calcular a pensión de xubilación..
E novas protestas esta tarde contra a suposta agresión á moza trans, hospitalizada na UCI tras presuntamente ser empurrada desde o alto da muralla de Lugo
Dia de protestas... a de colectivos en defensa dos dereitos LGTBI, piden a esta hora en Lugo xustiza pra moza trans supostamente empurrada dunha altura de 12 metros por un home co que estivera de festa... tamén alzan a voz de novo os gandeiros, hoxe polos baixos prezos que reciban cando venden os seus becerros...
Son novas dunha xornada na que os empregados de Vestas ven algo de luz... a empresa só amplía o periodo de consultas do ere ata o luns pero non se pecha a seguir alongando o prazo... ademais apareceu outro interesado en comprar a fábrica de Chavín.
Pros de Ence hai futuro, ou iso di a Xunta, que insiste: a pasteira pode seguir en Lourizán.
Os casos de Covid seguen a subir en Galicia, con 84 novos contaxios, a maioría en relación con viaxes de maiores a Benidorm. Os expertos destacan a elevada taxa de vacinación como o principal factor para conter a incidencia por debaixo do resto de países europeos. // As estafas e roubos a través de internet están a medrar máis dun 50 por cento no que vai de ano en Galicia. Para loitar contra estas prácticas empeza a funcional hoxe na Coruña a primeira unidade especializada Os chamados equipos arroba, da Garda Civil. // A inmigración, o cambio Climático, ou cómo debe ser o urbanismo do futuro. Grandes desafíos aos que propoñen respostar un grupo de expertos internacionais reunidos en Santiago. Un foro onde se dan cita a ciencia, a economía e o medio ambiente.// Talleres sobre conservas, pinchos, tapas ou productos do mar. E a feira internacional dedicada ao turismo gastronómico Xantar, que volve a Expourense.
O TEMPO
Día de transición, con alternacia de nubes e claros e algúns chubascos ocaionais, máis probables canto máis ao norte. Descenso de temperaturas, con mínima de tres graos en Lugo. As nubes irán desaparecendo cara a fin de semana, que será seco en xeral e con máximas que irán entre 15 e os 18 graos.
As urxencias de Pediatría, en máximos polo aumento dos virus estacionais, máis ala do Covid. Os especialistas advirten que é unha consecuencia da volta á normalidade. Mentres, a incidencia da pandemia segue a subir en Galicia, con 84 novos contaxios, a maioría en relación con viaxes a Benidorm. // A dirección de Vesta amplia ata o próximo luns o período de consultas sobre o ERE. Na mesa de negociación celebrada hoxe en Santiago, a Xunta comunicou tamén o interese doutra empresa a maiores dos oito posibles inversores interesados en facerse coa planta. // Despois da presentación en Venecia, hoxe estréase a película «TRES» rodada en parte en Galicia. Está dirixida por Juanjo Giménez, Palma de Ouro en Cannes, e nominado ao Oscar na sección de curtas. Interpretada por Marta Nieto, conta coa participacion dos galegos Luis Merelas, Cris Iglesias e Fran Lareu //
-Vacas, e tractores, nas rúas de Lugo. É a protesta dos gandeiros para denunciar a grave crise que atravesan pola suba dos custes de producción nos últimos meses, moi por riba do que reciben polo leite, e que,din, aboca a ruina á maioría das explotacións.
-Audasa cifra nun mínimo de mil millóns de euros a compensación que debe recibir por parte do Estado, en caso de que lle sexa anulada a concesión da autoestrada do Atlántico.
-Valentín González Formoso aborda o traspaso de poder na secretaría xeral dos socialistas galegos. O antecesor, Gonzalo Caballero, derrotado nas primarias, seguirá como portavoz parlamentario ata decembro.
- Nova noite máxica de fútbol europeo na Coruña. O equipo Xuvenil do Dépor golea por 5-1 ao Maccabi Haiffa e deixa máis que encarrilado o pase cara á fase final da Youth League. Foi diante de máis de 12.000 espectadores congregados en Riazor.
-Vacas, e tractores, nas rúas de Lugo. É a protesta dos gandeiros para denunciar a grave crise que atravesan pola suba dos custes de producción nos últimos meses, moi por riba do que reciben polo leite, e que,din, aboca a ruina á maioría das explotacións.
-Audasa cifra nun mínimo de mil millóns de euros a compensación que debe recibir por parte do Estado, en caso de que lle sexa anulada a concesión da autoestrada do Atlántico.
-Valentín González Formoso aborda o traspaso de poder na secretaría xeral dos socialistas galegos. O antecesor, Gonzalo Caballero, derrotado nas primarias, seguirá como portavoz parlamentario ata decembro.
- Nova noite máxica de fútbol europeo na Coruña. O equipo Xuvenil do Dépor golea por 5-1 ao Maccabi Haiffa e deixa máis que encarrilado o pase cara á fase final da Youth League. Foi diante de máis de 12.000 espectadores congregados en Riazor.
O TEMPO: Segue a situación de inestabilidade atmosférica, con alternancia de nubes e claros, con chuvascos no terzo norte. As temperaturas seguen a baixar.
Unha unidade especializada da Garda Civil contra a ciberdelincuencia comeza a funcionar en Galicia
- Os equipos Arroba queren reducir as estafas e roubos por internet, que medraron este ano o 51 por cento
- As vítimas máis habituais son varons de entre 25 e 40 anos, usuarios das novas tecnoloxías
As estafas e roubos a través de internet están a medrar máis dun 50 por cento no que vai de ano en Galicia. Para loitar contra estas prácticas empeza a funcional hoxe na Coruña a primeira unidade especializada Os chamados equipos arroba, da Garda Civil. Din que as As vítimas máis habituais, varons de entre 25 e 40 anos, usuarios das novas tecnoloxías.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Despois dunha semanas de melloría continua, coas incidencias máis baixas de España. Os datos de COVID deixan un aviso pra navegantes: non podemos confiarnos, porque a incidencia xa está a subir.
En Lugo, permanece estable e con pronóstico reservado a moza que caeu desde o alto da muralla, supostamente empurrada.
Colectivos en defensa dos dereitos LGTBI vanse manifestar pola tarde para pedir que o caso se investigue como delito de odio.
Os delitos informáticos aumentron un 50 lpor cento no que vai de ano. Hoxe comezan a operar na comunidade os equipos arroba da Garda Civil que están especializados en ciberdelincuencia
En principio hoxe remata o periodo de consultas do ERE que supón o peche de Vestas, en Viveiro. Os traballadores asisten arestora en Santiago a unha reunión convocada pola Xunta pra tratar de salvar a factoría de pás eólicas de viveiro.
En Ourense, ducias de colectivos sociais, ambientais e culturais únense nunha chamada común de auxilio. Piden a implicación activa da cidade e da provincia para no permanecer impasibles ante a deriva, aseguran, que trouxo o goberno de Jácome e o Partido popular.
O concello de Coruña aproba. en pleno, as ordenazas fiscais para 2022.
Grávanse os caixeiros automáticos dos bancos situados na vía pública e os locais das empresas de telefonía móbil.
Tamén inclúen bonificacións para distintos colectivos.
As novas ordenanzas foron consensuadas entre o Partido Socialista e Marea Atlántica.
O PP votou a favor só das bonificacións.
concello de Ferrol aproba en pleno solicitar un crédito de 14 millóns de euros para financiar obras incluidas nos orzamentos de 2021.
--- Santiago contará dentro dun ano con coches eléctricos sen condutor pró reparto de mercadorías na zona vella da cidade.
--- A estatua orixinal de Emilia Pardo Bazán volve ós Xardíns de Méndez Núñez na Coruña. Fora retitada en 2006
--- No tempo da entrevista, falaremos co alcalde de Rois, con Ramón Tojo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Os gandeiros están ó límite... aseguran que se non lles soben os prezos terán que pechar porque agora perden cartos... Onte mobilizáronse en Lugo.
O presidente da Xunta fala agora de desequilibrios na prórroga da concesión da autoopista do Atlántico que fixo o goberno de Aznar. Núñez Feijóo agarda á proposta que faga o goberno central. O BNG e a asociacion demandante consideran que sae a conta indemnizaar a Audasa.
Certa preocupación en Galicia polo aumento de casos de coronavirus, sobre todo nas áraeas da Coruña e Ourense. As autoridades sanitarias iden que non se baixe a garda.
O tempo... frío pero recuperamos pouco a pouco a estabilidade.
Mais de dous millons e medio de kilos de leite vendidos o pasado ano, cunha produción que representa case o 40 por cento da estatal pero con prezos á cola... é a situación que denuncian os gandeiros galegos, que saíron de novo ás rúas...
É unha das principais novas dunha xornada na que a Xunta reclama de novo ó executivo central que aclare a situación de Audasa... que ameaza cunha cuantiosa reclamacion se perde a concesión da Ap9.. O goberno galego insiste en que xa basta de prexudicar ós usuarios....
E Sanidade pide prudencia... están subindo os contaxios, os hospitalizados... hai gromos vinculados a viaxes.. nun momento no que a pandemia levaba semanas controlada.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo