Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Desde este mediodía xa hai que presentar certificado Covid para acceder aos restaurantes e desde as nove da noite a bares e cafeterías. A medida está a ser acollida con compresión por hosteleiros e clientes. Ven que o incremento de casos de coronavirus, hoxe con case 600 máis, a xustifica.

Esta mañá coñecimos que o Carballo de Conxo foi elexido Árbore Española 2022. Agora competirá por se converter na Árbore Europea. E no mar, na Toxa trátase de salvar nun rescate a tres arroazes.
 

Galicia vive novas restricions pra frear o avance da covid que sigue medrando... hai xa cribados en marcha en vigo ou no grove e abrochos nas principais cidades, especialmente xerados no ambito familiar e en interiores.. O DOG xa publicou as normas que entran en vigor esta noite.


QUE TAL MOI BOAS TARDES... a pandemia unha vez máis en posición destacada, nun día de protestas laborais, en seguida estaremos en Vigo pra escoitar ós traballadores de Vitrasa... tamén concentracións dos de Vestas.
 

Novas protestas para esixir unha revisión do plan eólico.
O colectivo "eólicos, así non" convoca para o 11 de decembro mobilizacións en 22 concellos e denuncia que a moratoria da Xunta non é real.

En Vigo, os traballadores de Vitrasa piden a mediación do alcalde coa empresa.
A folga que manteñen as fins de semana, para presionar na negociación do convenio, convertirase en indefinida a partir do 13 de decembro,

Movistar rectifica e non vai cortar hoxe a liña de teléfono convencional no Courel como tiña previsto.
Concede unha prórroga de medio ano no que buscará un acordo cos veciños que protestaron porque quedaban sen cobertura de internet.

A Ciudade da Cultura acollerá o primero Centro de Artes Dixitais de Galicia.
O plan estratéxico do Gaiás pretende que o complexo se convirta nun espazo de creación cultural.

No tempo, fin de semana de inestabilidade. Hai aviso naranxa por mar combinada con ondas por riba dos 5 metros no litoral norte... Aviso amarelo por neve nas zonas de montaña de Lugo e Ourense.

Importante participación e "implicación" cidadá na nosa provincia este 25 de Novembro Día Internacional para a Eliminación da a Violencia contra as mulleres. A tarde pasda houbo numerosas manifestacións. Tamén se concentraron en Santiago estudantes da Facultade de Políticas para denunciar un presunto caso de acoso as alumnas.


--- O delegado do goberno defende que se inclúa a Ferrol nos plans de transición xusta porque o seu porto foi o de España que máis tráfico perdeu ao eliminar o uso do carbón a central das Pontes.

--- A deputación da Coruña aprobará hoxe os orzamentos para o ano 2022. Ascenden a algo máis de 189 millóns de euros.

--- O pleno de Santiago pide á Xunta que regule a taxa turística que permita gravar as estancias con ou sen pernoctación.

Importante participación e "implicación" cidadá na nosa provincia este 25 de Novembro Día Internacional para a Eliminación da a Violencia contra as mulleres. A tarde pasda houbo numerosas manifestacións. Tamén se concentraron en Santiago estudantes da Facultade de Políticas para denunciar un presunto caso de acoso as alumnas.

O delegado do goberno defende que se inclúa a Ferrol nos plans de transición xusta porque o seu porto foi o de España que máis tráfico perdeu ao eliminar o uso do carbón a central das Pontes.

A deputación da Coruña aprobará hoxe os orzamentos para o ano 2022. Ascenden a algo máis de 189 millóns de euros.

O pleno de Santiago pide á Xunta que regule a taxa turística que permita gravar as estancias con ou sen pernoctación.

Sanidade agarda que o Tribunal Superior lle autorice a esixi-lo pasaporte COVID para entrar nos restaurantes, a calquera hora, e nos bares e cafeterías a partir das nove da noite. Agora mesmo só está en vigor para os locais de lecer nocturno e para ir como acompañante a un hspital. Son as primeiras medidas e, de momento, únicas para conter o virus que se extende. Este xoves comunicáronse 500 positivos nun só día... un número que non se alcanzaba desde hai tres meses.
A marxe da COVID, quedan os ecos das manifestacións rexistradas en toda Galicia para demandar medidas que poñan coto a violencia contra as mulleres.
Empeza un venres con menos nubes pero como máis frío... vaise manter a inestabiliade.
 

500 positivos con coronavirus nun só día en Galicia.
É a cifra máis alta nunha xornada en tres meses. Agora xa hai máis de 3.500 persoas coa enfermidade das que máis dun cento requiren hospitalización.

O conselleiro de sanidade anuncia no Barco a incorporación de dous novos traumatólogos para o hospital comarcal.
O domingo haberá unha manifestación para denunciar a situación do centro hospitalario. Os convocantes denuncian que cada mes oitenta pacientes son derivados ata Ourense por falta de especialistas.


Unións Agrarias valora que a reforma da lei de cadea alimentaria incorpore o custe efectivo da producción.
Cando se aprobe, este sindicato denunciará os incumprimentos das industrias e dirixe as súas críticas a Lactalis e Central lechera Asturiana.

Satisfacción das familias das víctimas do crime do Cash Record.
A xuiza ve serios indicios de criminalidade que permiten atribuir ó unico investigado a súa participación nos feitos.

O tempo. fóronse abrindo claros pero mantense certa inestabilidade.