Os casos de coronavirus están subindo e Sanidade non quere que, agora que o uso da máscara en interiores xa non é obrigatorio, a situación se volva a descontrolar. Por iso, recomenda que, aínda que xa non é obrigatorio, se siga usando a máscara en espacios cerrados, comercios ou cines, por exemplo, pero tamén en eventos deportivos ou musicais, tanto en interiores como exteriores.
Volve a preocupar a situación nos hospitais con números que non se rexistraban desde febreiro, aínda que cunha ocupación das UCIS moito menor.
Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que lle quedan moi poucos consello da Xunta que presidir. O actual presidente da xunta afirmaba así que nos vindeiros días dará comezo o proceso de reelección do seu sucesor en San Caetano, de acordo a Regulamento do Parlamento e da Lei da Xunta. Non deu datas, pero todo apunta a que se fará a comezos de Abril.
E na segunda xornada sen obrigatoriedade do uso da máscara en espazos interiores, as empresas ainda están a estudar como poder aplicar a medida. Antes de recomendar o uso ou non da máscara, os centros de traballo teñen que estudar se cumpren coas medidas de seguridade com a distancia ou a ventilación.
- El marinero Samuel Kwesi afirma que no se les ordenó ponerse los trajes de supervivencia y que el motor no se paró
- El patrón del buque asegura que actuó al detenerse el motor y que les pidió que se pusieran el chaleco salvavidas
- Sentury Tire, que compromete 500 millóns de euros, espera polos permisos administrativos
- Suporía a recuperación económica da comarca, moi mancada polo peche da central térmica
A comarca pontesa agarda a recuperación industrial co proxecto de fábrica de pneumáticos, promovido por un grupo chinés, con máis de 500 millóns de euros de investimento e que permitiría crear 750 empregos directos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Carlos Cerecedo
O Goberno non aportou ningún informe que apoie a tese de que España non ten medios para chegar ó Villa de Pitanxo. É o que din os familiares dos mariñeiros mortos que esta mañá asistiron o pleno do concello de Pontevedra que instou ó Goberno a acomete-la operación.
A asociación galega de depuradoras crítica un informe de costas que aconsella trasladar tres depuradoras de Cambados. O sector insiste en que as depuradoras precisan captar auga do mar e non poden situarse lonxe da costa.
Indignación entre os profesores de Música ante o novo currículo da nova lei educativa en Galicia. A Asociación de Profesorado Galego considera preocupante que non se oferte esta materia como optativa no Bacharaleto.
Caravana de coches por Santiago contra a temperalidade na administración autonómica. Os sindicatos reclaman a consolidación das prazas e un concurso de méritos xusto para este colectivo.
O tempo. Pola tarde volven as chuvias...entrarán polo oeste pero vanse ir estendendo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Satisfacción da familia do coruñes Diego Bello asasinado en Filipinas hai dous anos. Un xiz ordenou a detención dos tres policías implicados. E, aquí en Galicia a Garda civil acusad de homicidio imprudente ó veciño de Sanxenxo que lle ocasionou a morte coa súa embarcación a un bañista.
Pero, do que máis falamos estes dias é da máscara... xa non é obrigatoria en interiores, aínd que de momento son maioria os que a seguen empregando.
Deportes. O Celta segue sen garantir de forma matemática a súa salvación: perdeu en Balaídos 0-2 co Xetafe
O Xuíz encargado do caso de Diego Bello ven de solicitar unha orde de arresto para os tres policías acusados da morte do xoven Coruñés en Filipinas en Xaneiro de 2020. E detido tamén o veciño de SanXenxo que conducía a embarcación que matou un bañista na praia de Silgar. Está acusado de homicidio imprudente.
Primeira xornada sen máscaras en Interiores. O seu uso queda relegado ao transporte público e nos centros sociosanitarios. No resto de espacios, só será recomendado. Unha situación que orixinou división de opinións nos centros educativos e nos centros de traballo.
- Os psicólogos aconséllanlles ir afacéndose a vivir sen ela
- Moitas outras persoas devecían por sacalas e volver ver as caras enteiras
A súa retirada pode provocar ansiedade nalgunhas persoas, por medo ao contaxio ou por complexos
Primeiro día sen máscaras nos interiores, agás en centros sanitarios ou transporte público... Ainda así, aqui en Galicia moitos pais recibiron mensaxes recomendando mantela polo de agora nas escolas, e hoxe había máis cativos con máscara que sen ela. É a recomendación de Sanidade e Educación, que tamén piden precaución ós colectivos máis vulnerables. Nas empresas e institucións a decisión será dos servizos de prevención de riscos laborais... Hoxe a pandemia deixa bos datos nos hospitais.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Carlos Cerecedo