Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Novidades nas oposicións docentes. Os opositores libres deberán concentra-los seus esforzos na convocatoria deste ano, polo sistema tradicional. Porque as de 2023 se van rexer polos novos criterios marcados polo goberno central, e nelas terán poucas oportunidades. Haberá un concurso co groso das prazas so pra interinos, e un pequeno concurso oposición con pouco nmáis dun cento de vacantes. Un sistema que non pecha a porta a opositores foráneos pero favorece ós que xa están no sistema, que a Xunta considera inxusto..

Preocupa a repunta de contaxios por coronavirus. Volvemos a cifras de primeiros de mes de persoas co infección. Galicia está entre as comunidades que teñen a incidencia máis alta. Incluso as Ucis rexistraron o sábado 21 pacientes, a cifra máis alta desde pasado día 2.
Sobre sanidade... este domingo tivo lugar unha nova protesta multitudinaria en Moaña para demandar melloras na atención primaria.
Deportes. Triunfo do Obradoiro que case lle garante continuar unha tempada máis na liga ACB.

O tempo. Para hoxe non se agarda chuvias ou como máximo algún chuvasco ocaional, e as temperturas máis altas.
 

Miles de persoas percorreron as rúas de MOaña en defensa da sanidade pública, din que a situación da atención primaria da zona sur de Galicia é crítica.

QUE TAL BOA TARDE, dirixen as súas críticas ó presidente da xunta, Núñez Feijoo, que está en Lalín nun dos seus últimos grandes actos como líder do goberno galego.

Precisamente no noso tempo de entrevista repasamos a actualidade política co secretario xeral do PP, con Miguel Tellado.

Damos conta tamén do resultado da asemblea da federación nacional de confrarías, queren reunirse con Portos do Estado pra pedir máis exhoneracións nas tarifas que pagan

Os líderes da oposición en Galicia poñen deberes ó próximo presidente do PP e da Xunta, que, salvo sorpresas, será Alfonso Rueda. A sanidade está no centro das peticións.

QUE TAL BOA TARDE, precisamente unha das noticias do día vén do eido sanitario. Confírmase o primeiro caso de salmonelose polo consumo de ovos de chocolate kinder.

Nuns minutos contamos os detalles... Arestora a federacion nacional de confrarías segue reunida pra valorar o impacto das medidas que levan varias semanas en vigor pra paliar o prezo do combustible.

No noso tempo de entrevista falamos con Justo Bermanedi, que deixa a presidencia do padroado do Museo do Pobo Galego

O coche de rallys de Estanislao Reverter, considerado o pai do automobilismo galego, volve funcionar logo de 47 anos parado, grazas a unha laboriosa restauración a cargo dos seus fillos.

A esclerose múltiple ten en Galicia unha incidencia superior á media. As causas desa alta incidencia descoñécense pero apuntase a factores xenéticos que predispoñen a outros factores ambientais.

O ministro Grande Marlaska presidiu en Ribeira o acto de inauguración da nova comisaría de policía. O titular de interior asegurou que en Galicia xa se recuperou a maior parte dos efectivos que se perderon tra-la crise de 2007.

Sen non hai sorpresas, Alfonso Rueda, comunicará esta tarde a súa candidatura á presidencia do PP galego. Rueda fará o anuncio ante a xunta directiva do PP de Pontevedr despois de recibir o apoio do resto de líderes provinciais.

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa chama a atención sobre a caida nas capturas de ameixa e berberecho. Agora están sacando o 40 por cento da medida dos últimos vinte anos.

O tempo. van seguir as chuvias. Non mellora para a fin de semana.

Os casos de coronavirus están subindo e Sanidade non quere que, agora que o uso da máscara en interiores xa non é obrigatorio, a situación se volva a descontrolar. Por iso, recomenda que, aínda que xa non é obrigatorio, se siga usando a máscara en espacios cerrados, comercios ou cines, por exemplo, pero tamén en eventos deportivos ou musicais, tanto en interiores como exteriores.
Volve a preocupar a situación nos hospitais con números que non se rexistraban desde febreiro, aínda que cunha ocupación das UCIS moito menor.