Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia afronta esta semana santa con prevision turisticas moi boas, con ocupacions hoteleiras que nalguns casos pasan do 80 por cento...


QUE TAL BOA TARDE, moitos de vostedes irán no coche, Tráfico pide precuacion nestas primeiras horas de operacion saida. A tarde deixanos novas xudiciais: en Lugo continúa a operacion CONDOR con oito investigados, entre eles o dono de Monbus, por suposta contabilidade B en empresas que ofrecian viaxes turisticas.


Da politica, Nuñez Feijoo falou do futuro goberno da xunta, deixa a porta aberta a que poida haber movementos de conselleiros pero di que a decision non lle corresponde a el, que será o seu sucesor o que teña plena autonomia pra facer cambios

A estas horas moitos prepáranse pra iniciar a primeira semana santa na que se agarda case normalidade, logo de dous anos de pandemia. Uns días que comezan con mal tempo pero que irán mellorando. Ademáis dos lugares habituais, localidades non tan turísticas verán cheos os seus establecementos por mor da singulraidade das súas celebracións relixiosas. As previsións do sector son moi boas, especialmente no que a visitantes de entornos cercanos se refire. E iso conleva máis risco nas estradas, polo que tráfico pide precaución.

- En Cambados comezaron a prestar declaración os detidos na operación contra a loxística do narcotráfico.

Para a Fundación galega contra a droga, a operación demostra que a actividade dos narcotraficantes non decae.

- A guerra de ucraína tamén serve para relaxar os requisitos para a instalación de determinados proxectos eólicos.

A nova normativa permite sustituir a declaración de impacto ambiental por un informe de parte, con menos esixencias e que nin sequera ten que someterse a consulta pública.

- Os bateeiros consideran insuficientes a ampliación de prazos e zonas pra recoller mexilla.

Agora poden recoller a cría de mexillon ata o 15 de febreiro e en tres zonas máis que as permitidas ata agora.

- O Supremo revisará a sentenza sobre a propiedade das esculuras do Pórtivo da Gloria en mans da familia Franco.

Admite o recurso do concello de Santiago que agora ten vinte días para documentar os seus argumentos.

Ata maio non haberá relevo de Núñez Feijóo na Xunta. Así o dixo o aínda presidente tras reunirse con Pedro Sánchez na Moncloa. Non concretou máis, só dixo que el presentrá a diisión nas próximas semanas.
Sobre a última operación contra o negocio de fabricación de planeadoras para o narcotráfico, hoxe pasa a ddisposicion xudicial 12 arrestados, cinco en Galicia.

Hoxe comeza o dispositivo especial de Tráfico pra Semana Santa.
A primeira fase arrinca ás tres desta tarde e finaliza na medianoite do domingo día 10. A segunda fase, na que se esperan máis movementos,será a partir do mércores 13.

Deportes: O lugo abre hoxe unha nova xornada de liga en segunda

O tempo: Vento e chuvia, sobre todo na vertente atlántica. Comprobamos como abre o día nas principais cidades
 

As residencias de maiores e a situacion da atencion primaria. Son os dous campos nos que se centran as reivindicacións neste día mundial da saúde... Os pacientes galegos sinalan que o principal problema neste momento está nas listas de espera...

QUE TAL BOA TARDE, maio é o mes no que teremos novo presidente da Xunta. Alberto Nuñez Feijoo anuncia ademais é posible que solicite a sua designacion como senador autonómico.

E a un día de que comece o dispositivo especial de tráfico pra semana santa, a organizacion de consumidores FACUA pide ós condutores que presten atención os prezos da gasolina, denuncia que polo menos catro establecementos galegos tiraron pra riba das cifras xusto antes de que comezase a aplicarse o desconto

Los refugiados ucranianos que han llegado a España, unos 100.000 según las últimas cifras, están ayudando a mantener vivas algunas de las localidades más despobladas del país. Es el caso de una zona de Ourense, muy envejecida, donde ahora un grupo de refugiados busca rehacer su vida. En el colegio de A Pobra de Trives han creado un aula para la inmersión lingüística en español de siete escolares ucranianos. Y en el instituto han creado otra para once adolescentes.

Hoxe Feijóo volve estar en Madrid, nun encontro co presidente do goberno na súa condicion de lider do PP nacional, polo que o consello da Xunta se aprazou a mañá. E a súa formación segue o debate interno sobre cómo nomear ó seu sucesor á fronte do partido e próximo candidato á presidencia. O nome de Alfonso Rueda segue sonando como principal candidato a asumir agora a presidencia, pero de cara ás vindeiras eleccións, Baltar súmase ós que piden que sexa un congreso extraordinario, mentres Elena Candia, en Lugo chama a mante-lo debate no seo da formación...

- Xa son 21 os detidos no marco dunha operacion desenvolvida a construccion de embarcacións para o narcotráfico, 11 en Galicia.

Está previsto que os detidos pasen mañá a disposicion do titular do xulgado número 3 de Cambados, que é o que dirixe a operación.

- O BNG reclama en Bruxelas unha investigación completa sobre as causas do naufraxio do arrastreiro Villa de Pitanxo en Terranova.

Diríxese Comisión Europea para que presione ó goberno español que se nega a enviar medios á zona do naufraxio.

- O Foro Galego da Inmigración denuncia que non hai citas para peticións de asilo ata 2023

Di que o colapso non se pode atribuir a chegada de refuxiados ucraínos, que o servizo funcional mal desde hai anos.

- Chega a Santiago a exposición "Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020" que inclúe icónicas obras asinadas por Man Ray, Dalí ou Le Corbusier".

Son 280 obras de pintura, escultura, obxectos e fotografía e que tentan amosarnos a enorme influencia do surrealismo no mundo do deseño