Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Parece que se aclaran as cousas e que se fan boas tódalas quinielas. Alfonso Rueda perfílase como o sucesor de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta e do PPdeG. A rolda de contactos cos líderes provinciais rematou co apoio público e expreso de Manuel Baltar dende Ourense. Todo debería estar resolto antes de finais de maio.

Estamos hoxe tamén na Coruña, para dar conta das últimas novidades sobre o caso de Samuel Luiz. Os dous menores implicados na súa morte asumen a súa participación e reducen a pena.

En canto ó tempo, vimos dunha noite de chuvias. 
 

Buño (A Coruña) acolle unha exposición de quen foi man dereita de Isáac Díaz Pardo nos deseños de Sargadelos.


Hoxe celébrase o día da Atención primaria, unha xornada pra reivindicar o seu papel esencial no coidado da saúde que chega cos profesionais esgotados. Ás consecuencias da Covid, que sufriron máis que ningún colectivo, súmase a falta de persoal e a sobrecarga de traballo que se fai notar, especialmente, na desatención que sufriron os doentes crónicos. Os usuarios insisten en reclamar dotacións suficientes de sanitarios, e reforzos nos centros de saúde.

Xa hai data pro inicio do xuízo do Alvia. Será o 20 de setembro en Santiago. Prolongaráse durante meses e no banco dos acusados sentarán o maquinista do tren sinistrado en Angrois, Francisco José Garzón, e tamén o ex director de Seguridade de Circulación do ADIF, Andrés Cortabitarte. A fiscalía pide catro anos de cadea para cada un por 80 delictos de homicidio por imprudencia grave profesional, 145 delictos de lesións e un de danos. Declararán 700 persoas, entre testemuñas e peritos.
 

Xesto de distensión do goberno galego co central trala reunión de Feijóo e Pedro Sánchez da pasada semana. A Xunta non levará ós tribunais os 9 millóns de euros de fondos europeos que se repartiron entre catro comunidades socialistas. Feijóo presentara unha queixa formal, e ameazara con acudir ó Supremo pero agora dan por boas as explicacións do goberno. Este mes agardan que se abra prazo pra que o resto de comunidades poidan propoñer proxectos pilotos de fomento do emprego.

Xesto dun goberno que segue sen coñecer o seu futuro presidente. O principal aspirante, Alfonso Rueda, súmase ós que defenden un congreso

Alberto Núñez Feijóo aposta por un congreso extraordinario para elixir ó seu sucesor no PPdeG. O proceso podería ir en paralelo á remuda na Xunta.
Máis claras as cousas, neste momento, no PSdeG, onde Valentín González Formoso está convencido de que será o candidato a presidir o goberno galego.

Polo demais, xa está iniciada a Semana Santa. En xeral, con boas perspectivas para a hostalaría. E iso que o tempo chega con certa inestabilidade.