Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Manifestación arestora na Coruña para demandar melloras nos centros da Galiña Azul. Na provincia hai 60 escolas afectadas.

Representantes da CIG e UGT realizan hoxe un reparto informativo entre os usuarios dos buses ALSA en Ferrolterra. Será a partir das dez menos cuarto.

Os traballadores da empresa Xeal, antes Ferrolatlántica, anuncian mobilizacións pra este mes en protesta polas suas condicións laborais. Comezarán o día 15.

Xornada sinalada, de volta ás aulas.... que marca o final do verán.
Primeiro día de madrugón para máis de 300 mil alumnos.... un curso xa sen protocolo covid e con cambios nos cursos impares pola entrada en vigor da nova lei educativa.
Este xoves, o Consello da Xunta aproba a ampliación do calendario de vacinas.
E, sobre os incendios, unha xuiza da Pobra de Trives ordena o ingreso en prisión de tres homes acusados de provocar unha decena de lumes. Un deles, de 19 anos, é un brigadista.

O tempo. Hoxe Galicia continuará baixo a influencia da borrasca centrada sobre as Illas Británicas, pero partir do mediodía iranse abrindo grandes claros.

O consello da Xunta sumará mañá tres novas vacinas ao calendario de vacinación galego. A do papiloma Humano pros nenos, a da meninxite B e a da gripe infantil. Vellas demandas das asociacións de pediatría.

E a escasas horas de que de inicio o curso escolar en Galicia, Sindicatos e Profesores continúan manifestándose contra os recortes na educación. Arestora uniranse as protestas os veciños de Cee convocados pola CIG e a plataforma en defensa do ensino.

O calendario de vacinación galego incorporará este curso dúas das vellas demandas das asociacións de pediatría. Os cativos recibirán a vacina da meninxite B, e tamén se incorpora, pros varóns, a do papiloma humano. Son as dúas principais novidades dun calendario no que a Xunta quere facer fincapé en que os adultos tamén temos que vacinarnos. E non só da Covid19, na que polo de agora non haberá máis doses agás pra colectivos vulnerables.

O desprendemento de chispas dunha radial sobre un bote de pintura: posible causa do incendio do polígono de Narón

Os colexios Santa Eulalia de Dumbría e o Areal de Camariñas súmanse ás protestas polos recortes de profesorado

A máscara xa non será obrigatoria pra acceder á Catedral de Santiago

Nos deportes, o Deportivo renova ó porteiro Ian Mackay ata xuño de 2024.

As viaxes recorrentes nos tres Avant entre Ourense-Santiago e A Coruña tmén son de balde. A medida aprobada polo consello de ministros ten carácter retroactivo desde o primeiro de setembro. Lugo pide non quedar á marxe destes descontos.
Hoxe protgonismo tmén para os familiares dos mortos do Villa de Pitnxo: en pouco máis dunha hora van ser recibidos en audiencia polo Papa no Vaticano

As empregadas do fogar xa poden contar coa prestación de paro... O Consello de ministros aporbopu o decreto que recoñece este dereito das traballadoras. Con todo dende este sector non confían en que todos os criterios aprobados no decreto se cumplan na práctica.

Criterios como a garantía dun salario mínimo do que falou esta xornada o Lider dos socialistas galegos, Valentín González Formoso co presidente da Patronal galega. Ambos mandatarios creen que non é o momento pra subir o soldo dos traballadores dadas as dificultades da crise enerxética.

  • A Fiscalía pide 14 anos de cárcere e once millóns de fianza para o dono do almacén pirotécnico ilegal que estourou en 2018
  • Catro anos despois, a vida continúa, pero con menos veciños, cercados aínda polas pegadas do sinistro

Os abonos que permiten viaxar nos trens de media distancia galegos de balde poñen á vista as costuras dun servizo que xa era, antes destas bonificacións, un dos máis utilizados de España, pero tamén un dos que máis queixas recibía por parte dos usuarios.

Faltan prazas, din os usuarios, pra atender toda a demanda, e sobre todo, frecuencias e trens nos horarios de mais demanda. Algo ó que se unen sindicatos ou políticos. Outros lembran que eles non teñen tren, e piden que os seus transportes alternativos tamén se vexan rebaixados.
 

A Fiscalía pide 14 anos de cárcere e once millóns de fianza para o dono do almacén pirotécnico ilegal que estourou en 2018. Catro anos despois, a vida continúa, pero con menos veciños, cercados aínda polas pegadas do sinistro.
 

O incendio no polígono industrial das Lagoas, en Narón, deixa dous operarios feridos e parte da estrutura colapsada. Descoñécense as causas do lume, que comezaba na tarde deste luns e quedou controlado a última hora.

Concentración das familias do instituto Punta Candieira de Cedeira polo recorte de dez docentes que provoca a perda dalgunhas materias no centro.

O primeiro trimestre do vindeiro ano Arteixo terá rematadas as obras que duplicarán o caudal do seu abastecemento de auga, e que inclúen dous novos depósitos.

O balance turístico do verán na Coruña mellora as cifras prepandemia grazas ás festas e tamén á ampliación de horarios na hostalaría.

Inaugurada na sede de A Fundación a mostra de intelixencia artificial "More than Human", que chega por primeira vez a España