Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os concellos da conca do Tambre, en situación de prealerta, non intensificarán de momento as restricións no consumo de Auga. Mentres, os municipios que se abastecen do río Lérez seguen pendentes de como avanza a situación.

 Os concellos declarados como zona catastrófica na provincia de Ourense coinciden en que as axudas do goberno central para facer fronte ás conseucencias dos lumes non son suficientes

Traballadoras e usuarios do Servizo de axuda no Fogar de Redondela denuncian a mala xestión da concecionaria deixando sen atención ós maiores en repetidas ocasións

Utilizar o tren en Galicia era unha cuestión de prezo. Iso é o que parecen dicir as longas colas rexistradas no primeiro día para solicitar o abono pros convois de cercanías e media distancia. Agora os usuarios demandan un aumento das frecuencias nas horas punta.

En canto á seca, de momento non hai novas restricións. Pero Augas de Galicia segue a reunirse hoxe cos concellos en prealerta.

Mentres, no tempo, non agardamos grandes cambios. Destacamos, iso si, que a pasada tarde rexistramos máis de 500 raios, concentrados sobre todo na comarca de Lemos e a montaña de Lugo. Iniciamos agora percorrido polas emisoras para ver como amencemos hoxe.

Iniciamos hoxe esta crónica de Galicia cunha boa nova: o visto e prace da Comisión Europea ó programa de cooperación transfronteriza España e Portugal. Máis de 300 millóns dispoñibles pra proxectos que van dende a transición ecolóxica á cooperación sanitaria... Un traballo conxunto no que a eurorrexión Galicia Norte de Portugal leva moito camiño andado, polo que será a que reciba unha maior porción dos fondos. En novembro, cando saia a convocatoria, poderemos presentar entre 100 e 150 proxectos.

A veciñanza de Sanxenxo mobilizarase este sábado en protesta pola precariedade dos servizos sanitarios do concello. No centro de saúde de Baltar a única atención médica que se presta nestes momentos é a de urxencias.

As asociacións de familiares de usuarios de residencias de maiores denuncian que na provincia de Ourense hai máis de 350 persoas que agardan praza, cunha espera media de 10 meses.

Da industria, o comité de empresa de Xeal, antiga Ferroatlántica, pide máis empregos a cambio dos seus novos proxectos hidráulicos.

Galicia preparase para que a seca se prolongue. Esta mañá todos os concellos da conca do Tambre, Santiago incluido, reunese con Augas de Galicia para buscar solucións coordenadas ante a baixada do caudal no río. Son algunhas das medidas que se están a implementar ante a falta de auga.

Mentras, o goberno xa aprobou as axudas para os concellos afectados polos grandes incendios ou aqueles que chegaran a núcleos de poboación. Finalmente hai 20 incendios galegos incluidos.

No tempo, esta tarde poden caer treboadas con chuvia e saraiba no interior de Lugo e Ourense.
 

Galicia ten dúas concas en alerta por seca, as do Limia e o Cabe, e seis en prealerta, as dúas do Sil e as do Lérez, Anllóns, Grande e Tambre. Cada nivel de risco leva consigo distintos tipos de medidas, mecanismos que deben servir pra evitar que nos vindeiros meses non haxa auga que xestionar. Un reto nunha comunidade na que moitas zonas dependen de auga corrente pro seu suministro. A xestión da auga debe cambiar, segundo os expertos, pra ter en conta periodos sen chuvias máis longos. A capital galega, polo de agora, non adoptará novas restricións, pero non as descarta en vindeiras semanas.

 Os concellos seguen tomando medidas para paliar a falta de auga. É o caso dos municipios da conca do Tambre, xa en prealerta por seca, á espera da Xuntanza de mañá con Augas de Galicia.

Na Coruña, hoxe comeza a funcionar o novo autobús propulsado por hidróxeno que percorrerá a cidade duranten unha semana. Trátase dunha experiencia piloto promovida pola Autoridade Portuaria

O concello de Vilagarcía pide á Xunta un novo protocolo, máis rápido e eficaz, para controlar a calidade sanitaria das augas das praias.
 

Volveron os incendios forestais e o fixeron ameazando as casas no barrio da Moureira en Moaña. Os veciños foron os primeiros en poñerse a loitar contra as lapas. Tamén en Ponteareas declarouse a alerta 2.

Mentras hoxe o goberno aproba en Consello de Ministros axudas para os concellos afectados por grandes incendios forestais, é dicir os e maís de 500 hectáreas.

E a seca que se extende ao río Tambre onde se declara pre alerta.

No tempo, a previsión apunta que se manterá a calor que estará por riba dos 30 graos no sur e interior da comunidade. 

Reunión en Sanxenxo pra estudar mobilizacións pola situación sanitaria

O BNG cre que a morte dunha doente á que se lle negou unha ambulancia é a proba do caos sanitario galego. O PP acusa ós nacionalistas de instrumentalizar este caso.

Xa son 95 os casos rexistrados de variola do mono en Galicia

A meirande parte son homes, cunha idade media de 37 anos. Canto á Covid, cifras do mes de novembro pasado tanto nos casos activos coma nos ingresados

Sen avances no conflicto aberto entre os traballadores do consorcio de benestar e a consellería de política social...

A folga pro mes de setembro segue en pe. Os convocantes denuncian que dende o goberno galego non houbo ningún contacto con eles pra tratar de freala.

As autocaravanas manteñen o auxe malia a suba dos prezos dos combustibles

Dende o Grove falan de "invasión" duns vehículos que conlevan xestión de agua ou de residuos. Piden unha normativa que obrigue a acampar únicamente en lugares habilitados.


Canto ó tempo, xornada de contrastes, con nubes ó norte e calor ó sur. A conca do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra está en alerta amarela por altas temperaturas.

A seca é un asunto de gravidade para a Xunta. Así o dixo a Conselleira de Infraestructuras no micrófonos de Radio Nacional. Éthel Vázquez avanza que as restricións van ser necesarias porque non se agardan chuvias importates a curto prazo. Mentras, os concellos afectados pola nova prealerta por seca nos ríos Tambre e Grande anuncian que esta semana adoptarán medidas para facer un consumo máis responsable da auga.

E a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo vai estudar hoxe mobilizacións en protesta pola falta de medios e facultativos no Punto de Atención Continuada e no Centro de Saúde de Baltar. Esta tarde hai convocada unha xuntanza con partidos políticos, sindicatos e organizacións sociais.

No tempo, a previsión apunta que se manterá a calor con algo de nubes nalgúns momentos do día.

A seca e a Sanidade centran os argumentos informativos deste domingo.
Din as previsións que a falta de médicos nos centros de saúde pode prolongarse aínda varias semanas máis. Aumentan así as críticas das plataformas en defensa da Sanidade Pública.

E comezamos semana coa vista posta nas medidas que van adoptar os concellos afectados pola nova prealerta por seca nos ríos Grande e Tambre.

Precisamente a seca centra hoxe o noso espazo de entrevista. Falaremos coa conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez.
 

As previsións meteorolóxicas non dan respiro en Galicia e o pronóstico segue a anunciar falta de chuvias, polo menos, durante as próximas dúas semanas. Por iso a Xunta decidiu non agardar máis e ampliar a prealerta por seca ós ríos Tambre e Grande, que abastecen a municipios da zona de Santiago e a Costa da Morte.
Na práctica isto supón novas restricións pro consumo de auga en Galicia.

Os ecoloxistas advirten dos riscos que poden chegar despois dos lumes...

Con máis de 42 mil hectáreas queimadas, piden medidas pra evitar que máis dun milllón de toneladas de cinsa contaminen os ríos e o mar. A Xunta asegura que traballa pra evitar escorrentías e arrastres.

A pouco máis dunha semana pra celebración da Festa da Istoria de Ribadavia, o concello segue sen resolver a falta de auga

Milleiros de persoas visitarán a capital do Ribeiro, único municipio en estado de emerxencia pola escaseza de auga. O consitorio critica a falta de apoio por parte da Xunta

O encarecemento do papel pon en alerta ao sector editorial.

Subiu máis dun 30% no que vai de ano. Algo que repercute no custo de publicar libros, e na economía das editoriais, especialmente das de menor tamaño

Galicia ten a maior siniestralidade de España respecto ó número de asalariados

UGT asegura que os accidentes laborais aumentaron un 25 por cento no primeiro semestre, que deixa 45 traballadores mortos

No tempo, ceos solleiros e secos de novo.

O Sergas defende a actuación no caso da muller que faleceu no PAC de Blatar, en Sanxenxo, logo de negárselle unha ambulancia. Dí que na chamada de alerta non se detectaron "criterios de gravidade". O caso está a ser investigado por un Xulgado de CAmbados.

Unidas Podemos e o BNG opóñense a deslocalización do servizo de atención ó cliente da empresa Teleperformance da Coruña a Colombia. Denuncian que supón a perda de máis de 100 postos de traballo.

O concello de Ourense non optará as bonificacións do 30% para o bus urbano, disposto polo Goberno. Gonzalo Pérez Jácome, alcalde da cidade, apunta a que xa contan cunhas tarifas das máis económicas de España

Vigo é tras Sanxenxo, a cidade galega con máis pisos turísticos. 775 vivendas, supera así as 681 de Santiago. Inmobiliarias, grupos políticos e hostaleiros reclaman unha normativa.

Nova polémica en torno á Sanidade. O PSdeG acusa á Xunta de actuar de maneira neglixente na morte dunha muller á que se lle negou unha ambulancia e tivo que ser trasladada polo seu home ó centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. O SERGAS asegura que non foi un problema de falta de medios e insiste en que os datos que se aportaron na chamada ó 061 non facían pensar na necesidade dunha ambulancia. Tamén apunta que a muller chegou ó PAC dúas horas despois da chamada e xa estaba morta.

Por outra banda, xa están apagados tódolos lumes que nos últimos días asolaron Galicia.

E quedámonos cun dato económico: 14.406 millóns. Cifra récord de exportacións no primeiro semestre en Galicia.
 


Un xulgado de Cambados investiga a morte dunha muller no Grove tras non recibir unha ambulancia

Chamaron ó 061 e pediron auxilio, pero os operadores dixéronlles que non había vehículos dispoñibles. Finalmente trasladouna o marido, pero acabou falecendo no PAC.

Os efectivos contra incendios reclaman melloras económicas e laborais pra evitar precariza.lo sector.

Denuncian agravios comparativos entre traballadores que fan as mesmas funcións. E esixen a Medio Rural que recorra as sancións por exceso de velocidade dos conductores cando acuden a servizos

Vigo é, tras Sanxenxo, a cidade de galicia con máis vivendas de alugueiro turístico.

Inmobiliarias, grupos políticos e hostaleiros reclaman unha regulación municipal. Denuncian que diminúe o alugueiro de residencia e provoca subas de prezos

Este ano a costeira do bonito non rematará a mediados Agosto, como era habitual

Só se capturou o 53% da cota dispoñible cando o ano pasado xa rematara a campaña. Ainda que a escaseza provocou un alza nos prezos.

Canto ó tempo, atrás quedan as chuvias e volven os ceos despexados.

As últimas chuvias non abondaron e os encoros galegos seguen case á metade da súa capacidade total. A seca vaise estendendo pola comunidade e cada vez son máis os concellos que adoptan medidas preventivas. Algúns, como o de Ames, xa anuncian posibles cortes de auga pra finais deste mes. E en Vigo, prohíben reencher piscinas e rebaixan a presión das duchas públicas.

Titular tamén esta mañá pra demografía.
Ata mediados de ano só se contabilizaron 38 nacementos diarios. Os partos caeron dez puntos coa pandemia e hai só un por cada tres mortes.