As restricións pola falta de auga chegarán tamén á comarca de Santiago
O caudal do Tambre segue baixando, e Santiago estuda edidas pra inicios de setembro. Ames anuncia cortes na subministración, polas noites, que comezarán en dúas semanas.
A vaga de incendios que afectou a Galicia durante este verán chega a Fiscalía e a Valedora do Pobo. A plataforma por un Monte Galego con Futuro denuncia o "desleixo" da Xunta que afectou ecosistemas de grande valor. Medio Rural da por extinguido o incendio da serra de Queixa.
As protestas pola falta de sanitarios chegan hoxe a Marín. Nas urxencias do PAC da localidade non houbo médico durante dous días, segundo a Plataforma en defensa do Centro de Saúde do Seixo. En Verín, o hospital reprograma operacións pola presenza dun fungo en quirófanos
Actos en celebración do Día da Galiza Martir en distintos puntos de GAlicia
A fundación que leva o seu nome, e a súa familia, lembran a Alexandre Bóveda, asasinado no 36, e con el a todolos represaliados. Este ano con presenza do PP
Canto ó tempo, comezan a remitir as chuvias.,