Galicia quedará a partir de mañá conectada con Alicante a través dunha liña directa de Alta Velocidade.
Os usuarios temen que esta nova conexión xere problemas para atopar billetes que conecten con Madrid
o BNG propón modificar a lei de costas e a de cambio climático para protexer as empresas do sector mar-industria.
A portavoz nacinal, Ana Ponton, que se reuniu co presidente de Anfaco, Juan Manuel Vieites, anunciou que van presentar dous proxectos lexislativos para non poñer en perigo a actividade das depuradoras.
A Xunta leva a Bruxelas a súa queixa polo tratamento do lobo por parte do goberno central.
Consideran excesivo o proteccionismo a esta especie, e así llo expuxo hoxe ó comisario europeo de Medio Ambiente.
Expertos de todo o mundo buscan, dende hoxe, en Pontevedra, solucións ás pragas que afectan ás masas forestais.
Este mes haberá outro sobre o desenvolvemento de cultivos resistentes que permitan convatir os problemas derivados, por exemplo, do cambio climático.
No tempo, por diante unha tarde con aviso amarelo por choivas fortes no sur e suroeste da Coruña, Rías Baixas e zona do Miño en Pontevedra. Son as consecuencias de Daniela.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Iniciamos semana con chuvias, pero os concellos non as teñen todas consigo. Agora A Coruña e outros dez da comarca están tamén en prealerta por seca. Algúns, como Arteixo, abordan xa hoxe posibles limitacións ou recomendacións para un consumo de auga máis responsable. Outros, como Cambre, prefiren agardar.
En Ferrol, a CIG-Saúde denuncia o desvío de cartos públicos a empresas privadas. Quéixase de que o SERGAS contrate compañías externas para o mantemento dos hospitais da cidade.
O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, reitera na Coruña o compromiso do Goberno co porto herculino.
A Coruña tamén despide a Saleta Goy. A viúva de Manuel María pasou os últimos anos da súa vida na cidade.
Xa nos Deportes, segunda victoria da temporada pro Deportivo. Gañou en Mérida por un gol a cero.
Sopresa e indignación na familia de Déborah Fernández, a moza que apareceu morta no Rosal. 20 anos despois aparece material, descoñecido ata agora, relacionado coa investigación, nunha comisaría de Madrid. Foi a propia policía a que comunicou a localización de, entre outras cousas, un teléfono movil, pero sen a tarxeta de memora.
Deseguido buscamos máis datos desde Vigo....E temos que dar conta de dúas mortes en accidentes con maquinaria agrícola. Un veciño de Taboada morreu mentres manexaba unha rozadoira, e en Silleda faleceu outro home tras caer cunha segadora por un desnivel
Axenda política do PSOE hoxe na Coruña, coa participación do ministro de Presidencia, Félix Bolaños.
Manifestación en contra dos recortes no ensino en Santiago e a prol da Sanidade Pública en Moaña.
Despedida ademais a Saleta Goy, viúva de Manuel María
Tempo da entrevista. Hoxe, Xosé Manuel García falta coa portavoz nacional do BNG, dña. Ana Pontón
Vai quentando motores o curso político. Este sábado xa con Consello Nacional do BNG en Teo, e populares e socialistas participando en diversos actos pola xeografía galega.
A pandemia mantén os datos á baixa, mentres no Día Mundial de Prevención do Suicidio se escoitan voces pra que se aplique un plan real para paliar esta lacra
Boas novas pros familiares do villa de pitanxo. Tras sete meses loitando pra que se baixe ó pecio afundido en augas de terranova, agora abrése-lles unha nova vía de esperanza trala aceptación da audiencia nacional pra asumir a investigación do naufraxio.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia medidas pra paliar os efectos da inflación. Mentres, a CIG propón unha serie de medidas urxentes coa mesma finalidade.
Aínda falta un mes pero xa está a maquinaria en marcha pra prepara-la celebracion do macro-xuizo polo accidente do tren Alvia en Angrois... máis de 9 anos despois do sinistro centos de avogados atenderán a máis de 160 víctimas, nunha vista na que van a declarar centos de testemuñas... e que será seguida por numerosísimos medios de comunicación. Un reto que non se pode atender axeitadamente nunha sede xudicial, polo que a Xunta prepara xa un dispositivo especial pra súa celebración, no edificio CINC do Gaiás...
- A CIG quere evitar a clase traballadora acabe sufrindo pagando os efectos da crise e a escalada de prezos.
Pra iso pide unha tarifa eléctrica galega, un incremento salarial do 4,50% e conxelar as clausulas das hipotecas variables e dos alugueiros.
- A situación sanitaria no Morrazo non mellora tralo periodo estival.
En Moaña ata o 16 de setembro só hai un médico pola tarde ademáis as urxencias continúan derivándose a Cangas. Nesta localidade só hai pediatra pola mañá.
- Promoción da pesca de cerco no mercado do Progreso, en Vigo.
Durante toda a mañá as pescantinas ofrecen información aos seus clientes sobre este tipo de peixe. A actividade repetirase o vindeiro venres na praza de Lugo, na Coruña.
- Unións Agrarias alerta de ofertas de compra de leite que poden resultar unha fraude.
Algunhas de ata 50 céntimos por litro. Antes de acpeta-las piden que analicen a súa procedencia, pois hai primeiros compradores un longo historial de impagos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Cando empezamos a esquecernos da pandemia, as autoridades sanitarias lémbrannos que aínda está aí. Estamos coas cifras máis baixas de hositalizados e de casos activos pero coa chegada do outono reactívase a vacinación dos máis maiores. A partir do 26 empezará a aplicación da cuarta dose, cunha fórmula bivalente, ós maiores de 80 anos e ós ingresados en residencias.
A Xunta non descarta reabrir os grandes centros de vacinación.
Boas novas para as familias dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. A súa demanda de que se baixe ó barcao par investigar as causas do afundimento vaise debater na eurocámara.
O tempo.
Galicia queda hoxe nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Xa non se agardan chuvias...Baixaron algo as temperaturas mínimas.
Milleiros de familias cumpriron hoxe cun rito que da comezo á normalidade invernal, logo das vacacións do verán. Os nenos, e non tan nenos, regresaron hoxe ás aulas coa satisfación da volta á normalidade tras dous cursos marcados pola pandemia. Neste a novidade é a nova lei educativa, que non se notará demasiado. De feito, a Xunta non implantará os coordenadores de benestar, pra loitar contra o acoso escolar. Di o conselleiro que esa función xa está cuberta polos equipos de orientación
- Nova protesta das traballadoras do Consorcio galego de benestar.
Est mañá mobilizáronse ante a escola infantil de Eirís na Coruña en desacordo co procedemento posto en marcha pra estabilizar o emprego neste organismo dependente de Política Social.
- Os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións o próximo día 30.
Fano en defensa da permanencia da pastiera na ría de Pontvedra. Agora mesmo a fábrica está parada debido a escaseza de auga.
- Novos paros en Stellantis pola falta de microchips.
A factoría de Vigo comunicou os traballadores a suspensión da actividade industrial dos dous sistemas de produción na xornada do sábado e no sistema 2 no turno de noite deste domingo.
- A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aproba a petición das familias do Villa de Pitanxo
Debaterá este mesmo mes de outubre sobre a necsidade de realizar unha investigación independente, á marxe da xudicial, do naufraxio
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo