O regulamento que veta a pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas do atlántico contén erros de vulto. A secretaria xeral de pesca, Alicia Villauriz, reiterou en Vigo que se precisa tempo para armar un recurso ante a xustiza europea.
Sen reunión entre Alfonso Rueda e Abel Caballero en Vigo porque o alcalde rexeita o formato imposto pola Xunta. O executivo cita ós alcaldes nas respectivas sedes da Xunta e coa presencia dos delegados territoriais nas reunións.
María Rozas é a nova portavoz municipal de Compostela Aberta e cabeza de cartel na candidatura pra as eleccións locais de maio. Substitúe a Marta Lois que desvincula a saída coa súa proximidade ó proxecto "Sumar" de Yolanda Díaz.
O SERGAS ofreceralles aos maiores de 80 anos vacinarse contra a COVID no seu domicilio ou no centro de saúde. Adiantouno hoxe o conselleiro de Sanidade ante críticas que chegaban desde o rural polos desprazamentos ós grandes espezos de vacinación.
O tempo, seco e soleado. Volvemos a ter temperaturas propias do verán.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O ERE da consultora informática Coremain afectará finalmente a 90 empregados do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago.
Marta Lois deixa de se-la portavoz de Compostela Aberta, pero seguirá como concelleira
Aumenta un 20 por cento a demanda na cociña económica da Coruña con respecto ó ano pasado.
Nos deportes, primeira derrota do Deportivo nesta tempada ligueira: 0-1 co San Fernando.
Nove anos despois do accidente do tren Alvia en Santiago, no que morreron 80 persoas, esta semana comeza o xuizo con dous acusados....o maquinista e o director de seguridade na circulación de Adif.... Iso será o mércores... hoxe a asociación de víctimas reclama que se diriman tamén responsabiliddes políticas e vai pedir ás portas do congreso a dimisión da vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Partor, ministra cando ocorriu o accidente.
Hoxe cita en Vigo coa pescana víspera de Conxemar...a que non está prevista é a reunión fixada para hoxe entre Alfonso Rueda e Abel Caballero
Entrevista coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
Realizada por Xosé Manuel García.
Ás portas da campaña da gripe e coa vacinación da cuarta dose da covid en marcha, as enfermeiras galegas alzan a voz: non hai persoal suficiente, mais tendo en conta que a semana que vén reabren os centros de vacinación masiva.
Tamén as organizacións de consumidores piden máis medidas políticas ante a crise de prezos, teñen que ter un efecto rápido para a poboación máis vulnerable.
E pendentes na Xunta da resposta de Abel Caballero. A reunión de Alfonso Rueda co alcalde de Vigo está prevista para mañá pero desde Presidencia informan: aínda non teñen confirmación do rexedor.
Entrevista co compositor e pianista de jazz galego Abe Rábade.
Realizada por Andrea Oca.
Mañá de actos políticos en Galicia, arestora en Oroso undécima festa socialista na Área Recreativa de Penateixa. Nuns minutos contará coa presenza da portavoz do partido e ministra Pilar Alegría. Antes, asistimos á clausura do Foro que se celebra na Toxa con intervención por videoconferencia de Pedro Sánchez. Defendeu a reforma fiscal anunciada polo executivo, reforma criticada polo presidente da Xunta presente na Toxa. Alfonso Rueda teme que o goberno invada competencias autonómicas.
Mentres, en Vigo, acto da vicepresidenta segunda Yolanda Díaz co sector das conserveiras. Deu cifras sobre as irregularidades que afrontan as empregadas.
E chegou a autorización da Xunta para o selado de vertedoiro de Miramontes, que sempre estivo baixo as críticas da veciñanza de Grixoa, en Compostela, polos problemas ocasionados, entre eles varios incendios.
5 comunidaeds autónomas fixeron hoxe visible a fronte comíun pra apoiar con documentción o recurso do Ministerio Español contra o regulamento de areas mariñas protxidasque veta a pesca de fondo en 87 caladoiros do Atlántico.
Nuns minutos concentraranse en Pontevedra os Traballadores da Pasteira Ence. Os comités de empresa piden ao Tribunal Supremo que reconsidere a supresión da prórroga da celulosa ante a falta de localizacións alternativas pro complexo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Unanimidade política, sindical e empresarial na demanda ó goberno central pra que recurra o regulamento de areas mariñas protxidas, que veta a pesca de fondo nun cento de áras. 5 comunidaeds autónomas fixeron hoxe visible a fronte comíun pra apoiar con documentción con un recurso que a Minsitra de Traballo tamén considera necesario pra defender ó sector. E na Coruña, os afectados advertían do desastre que causará no sector pesqueiro, no abastecemento a poboación e o tecido productivo da cidade.
O Concello de Santiago solicitará á Xunta o redeseño da liña de alta tensión do lugar do Souto e reunirase hoxe cos afectados.
Os traballadores de Xeal esixen ó goberno galego que faga cumprir a concesión pra que a empresa garanta o emprego.
A transformación de Carballo en prol da peonalización: modelo de reestruturación urbana no Congreso Concellos 2030.
Nos deportes, vitoria do Obradoiro ante o Zaragoza no primeiro partido da tempada ligueira en Sar.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Frente común no porto da Coruña contra o veto a pesca de fondo nun cento de áreas mariñas do atlántico. Hoxe comparecerán par expoñer o impacto económico da medida. s comunidades afectadas vanse reunir hoxe en Cantabria.
37 anos despois, Galicia vai ter unha nova lei do xogo... o proxecto aprobado pola Xunta amplía a distancia dos centros de apostas cos colexios.
O tempo
O anticiclón dos Azores irá entrando pero hoxe aínda con nubes, sobre todo canto máis ó norte e baixaron as temperaturas mínimas.
Hoxe deu comezo na Toxa o foro anual La Toja na que se numerosos expertos, políticos e empresarios trataran durante tres días os principáis retos da sociedade actual. Na sesión inaugural está presente o Rei Filipe Sexto.
Galicia estreará unha nova lei do xogo. O consello da xunta tramitará unha nova normativa que sustituirá do 1985 e que dará prioridade a protección de menores e enfermos de ludopatía.