Andrés Crotabitarte defende a súa inocencia no descarrilamento do Tren Alvia fai 9 anos en Agrois. O daquela diretor de seguridade de ADIF relegou toda a responsabilidade no maquinista.
E a Xunta vai ser investigada pola xestión dos lumes que este verán arrasaron importantes ecosistemas naturas en Galicia, como o Courel ou o Parque do Invernadeiro.
A Fiscalía pide a Medio Rural información dos operativos de extinción dos grandes incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo.
Abre dilixencias a raiz dunha denuncia da plataforma 'Por un Monte galego con Futuro', que acusa á Xunta de ser responsable, por inacción, do alcance do desastre ambiental.
O Consello da Xunta vén de aprobar o proxecto de lei de medidas urxentes pra reducir a temporalidade na Administrción.
Hoxe presidiu a reunión semanal do executivo o titular de Economía, Francisco Conde, xa que Alfonso Rueda está de viaxe en Arxentina e Uruguai.
O PSdeG pon deberes á Xunta á hora de repartir os fondos que vai recibir do fondo de financiamento autonómico.
O secretario xeral socialistas cre que eses cartos debe servir para facer fronte a crise na atención privada e revalorizar as pensións non contributivas.
A economía galega alónxase do nivel de crecemento da media.
Segundo a análise que fai o foro económico, o crecemento de Galicia está dous puntos por debaixo da media.
O tempo. hoxe cuberto no norte e máis aberto no sur. A próxima noite poden regresar as chuvias desde o Oeste.
Nova cita na cidade da cultura co xuizo do Alvia. Ás nove e media prestará declaración o segundo dos acusados, o que era director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, cando se puxo en servizo a liña de alta velocidade Ourense-Santiago. Deberá explicar as razóns polas que se descontectou o sistema de freado automático.
E hoxe acordámonos do naufraixo do Villa de Pitanxo... oito meses despois do afundimento do barco en terranova, un dos tres superviventes, Samuel Kwesi xa ten a nacionalidade española.
Deportes. O Lugo perdeu na casa coas Palmas e cae a postos de descenso.
Hoxe Galicia manterase baixo a influencia das altas presións, aínda que os ventos irán tomando compoñente oeste co avance do día.
Vexamos como está a situación nas principais cidades.
xornada festiva na que o presidente do goberno galego está en Madrid, participa arestora na recepción dos reis tralos actos institucionais do Día Nacional. Logo iniciará unha viaxe por Arxentina e Uruguai
Mentres en Galicia enquístase o conflicto do siderometal na provincia de Ourense. Seguen sen achegar posturas a patronal e os sindicatos. E o sector pesqueiro segue sufrindo as consecuencias dun veto á pesca de fondo que os especialistas consultados por RTVE ven como unha seria ameaza pra nosa economía. O sector representa o 5% do PIB galego...
- A central das Pontes reforzase con persoal e carbón pra retoma-la actividade
Avanzan os traballos de reparación dos dous grupos que deben estar operativos, e agárdase a chegada dun barco con mineral pra reactiva-la central en canto sexa preciso.
- Os hoteis de Vigo xa estan completos pra fin de semana de acendido do alumeado de nadal
Moitos non teñen vacantes en sábado ou domingo ata que rematen as festas. O sector agarda un importante retorno económico
- Denuncian retrasos de meses pra realizar TACs no hospital da Coruña
Un problema que dificulta o seguemento e as decisións sobre o tratamento dos doentes oncolóxicos. A comisión de centro pide ós afectados que reclamen.
- A seca provoca unha caída na produción de mazás na comarca da Estrada
Inflúe tamén o ciclo natural da froita. Agárdase recoller a metade que o ano pasado, uns cincocentos mil quilos de mazá ecolóxica
Galicia se suma ós actos da festa nacional. Alfonso Rueda está en Madrid para asistir ás once ó desfile militar e despois á recepción real.
Todo nunha xornada con novas no laboral. Continúa a folga do metal na provincia de Ourense. Na reunión da pasada tarde, que rematou de madrugada, non houbo acordo. Nove días xa de folga. Mellores noticias para os 12 mil traballadores do comercio en Pontevedra, que teñen xa novo convenio colectivo.
E unha operación levada desde Lugo permitiu desarticular unha banda dedicada á roubar en residencias de maiores de toda España.
No fútbol, o Deportivo ten xa novo adestrador, Óscar Cano, trala destitución de Borja Jiménez
Dende esta tarde as centrais sindicais e a patronal do siderometal en Ourense están reunidos pra negocias unha soluición pro novo convenio dos traballadores. que xa levan mási de sete días de folga indefinida.
Unha xornada de reunións en Ourense onde tamén compartiron velada o presidente da Xunta Alfonso Rueda e o rexedors Ourensán Gonzálo Pérez Jácome, pra falar de termalismo, turismo e futuras inversións para a cidade.
O regulamento de áreas mariñas vulnerables non se revisará ata a primavera
Os eurodeputados galegos critican a incoherencia da comisión de pesca, que se acolle ós estudos científicos pero inclúe artes coma o palangre, que o ICES deixaba fóra
O Tribunal Supremo anula definitivamente o gran parque eólico en Ancares-Courel.
A Plataforma Salvemos O Oribio reclama a restauración integral dos terreos nos que se empezara a construír o parque eólico. O Alto Tribunal anula os permisos da Xunta a unha infraestrutura en terreos da Rede Natura
Os traballadores do comercio da provincia de Pontevedra teñen un novo convenio
12 mil traballadores beneficiaranse dun relevante aumento salarial, e beneficios coma as excedencias por coidado de fillos, e a limitación dos contratos a tempo parcial
O hospital da Coruña realiza un avance pioneiro en España, no Hospital da Coruña.
Realizaron un transplante de corazón a un menor cunha técnica pouco invasiva, que facilita o tempo de espera ata que o paciente recibe o órgano compatible.
No tempo, volveron as altas presións, que deixan tempo seco e solleiro.
O veto á pesca de fondo en 41 zonas do atlántico farase notar dende hoxe de forma máis clara, coa incorporación ás pesquerías dos barcos que van e veñen no día. Polo de agora non houbo incidencias pero sí se nota unha maior concentración de buques en determinadas áreas. E nalgns casos, os barcos están amarrados ou sen larga-los aparellos pola incerteza. Unha polémica que tamén ten reflexo no debate político, e no parlamento europeo, onde eta tarde comparece o comisario do ramo
- Arrinca oficialmente a campaña de vacinación contra a gripe, coa incorporación dos menores de 5 anos ós grupos de risco
Os especialistas agardan que teña unha maior incidencia tras dous anos case ausente, e chaman ós cidadáns a vacinarse pra reduci-la súa circulación.
- Día da saúde mental. Coa denuncia sobre a mesa de que faltan medios pra atender estas doenzas
O Movemento Galego de Saúde Mental cifra en dez mil as persoas en listaxe de agarda pra unha primeira consulta. E a Fundación Salma alerta de que máis da metade dos trastornos aparecen antes dos 14 anos.
- Unións Agrarias denuncia que a cadea de supermercados Alcampo está a vender unha das súas marcas de leite por debaixo dos custos de produción
Está a 73 céntimos, algo que xa denunciaron ante a Axencia de Información e Control Alimentarios. Piden que se faga cumpri-la lei de cadea alimentaria.
- Séptimo día de folga no sector do metal na provincia de Ourense, con denuncias da patronal de incidentes cos piquetes
Acúsanos de agredir a dous gardas de seguridade durante unha concentración. Varios sindicatos de seguridade xa denunciaron as agresións