As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Investígase en Lugo a morte violenta dunha muller. Tiña 42 anos, vivía no barrio da Milagrosa e era propietaria dunha froitería. O seu corpo, atopado a pasada noite sen vida na súa casa, presentaba feridas de arma branca. Non hai detidos e desde o concello piden cautela para avanzar no esclarecemento dos feitos e determinar se estamos ante un novo asasinato machista. Queda agora pendente coñecer tamén o resultado da autopsia, prevista para esta xornada.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Asasinada unha muller en Lugo. Ocorriu a última hora deste domingo e trascendu o arresto dun veciño da víctima.
Deseguido desde Lugo ampliamos cos poucos datos que se coñecen ata agora. Nun luns con folga en Correos e no que escoitaremos as queixas pola escasez de persoal no Imelga
Das estradas. Atropelo mortal en Sarria. A víctima é un home de 78 años. E un aviso, hoxe e mañá hai previsto un corte no último trmo do corredor do Morrazo.
Deportes. O Lugo empata na estrea Fran Justo como novo adestrador. En baloncesto, o Obradoiro gañou en Murcia
Preocupación nos xulgados galegos polo insuficiente cadro de persoal no Imelga, o organismo público que elabora informes forenses e que depende da Xunta.
e tamén os teleoperadores da Coruña volverán as ruas pra reclamar a negociacion do convenio colectivo que leva 3 anos estancado.
No tempo da entrevista falaremos dos problemas de saúde mental entre a infancia e a adolescencia con María Tajes, coordinadora do plan de saúde mental da Xunta
Entrevista coa Coordinadora do plan de saúde mental da Consellería de sanidade da Xunta de Galicia, María Tajés.
Realizada por Seve Cagide.
Galicia aparece entre as comunidades que teñen a plantilla docente mais envellecida. Dato que aporta un estudio de UGT a nivel nacional e que segundo o sindicato repercute en que non se renove o persoal docente arricandose a un posible colapso no sector
A morte digna centra hoxe unha xornada en compostela pra denunciar a pasividade da Xunta á hora de formar e informar ós pacientes sobre as diferentes opcións prá fase final da vida.
No tempo da entrevista falaremos co director Xavier Villaverde sobre a sua peza docuemntal sobre María Casares, a actriz coruñesa exiliada en Francia
Entrevista có director de cine nado na Coruña Xavier Villaverde, co gallo da estrea da súa última película "María Casares, la mujer que vivió mil vidas".
Realizada por Alejandra López.
Hai 23 anos que celebramos o día Internacional da Violencia contra a Muller. Houbo avances neste tempo pero ainda non os suficientes que permitan acabar coa lacra da violencia machista. Segundo Fiscalia, cada dia, abrense unha media de 18 procedementos penais de violencia contra as mulleres na nosa comunidade. Uns datos que non debemos pasar por alto nin hoxe 25 de novembro, nin o resto dos dias do ano.
E xa quedan poucos minutos pra que comecen , nas principais cidades galegas, as manifestacións por este 25N.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Educar en igualdade desde unha perspectiva feminista, que tódalas vítimas teñan os seus dereitos garantidos residan onde residan, cambios socioculturais que eliminen os roles patriarcais. Políticas públicas teñan como un dos seus obxectivos principais a eliminación da violencia de xénero. Ou poñer o foco nos agresores, mudar a mentalidade machista de culpar á muller polo que fai ou como o fai.
Estas son algunhas das peticións e obxectivos pronunciados durante a mañá por colectivos feministas e tamén nos diferentes actos institucionais polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. En Galicia 65 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde que hai rexistros.
Esta tarde haberá manifestacións nas principais cidades coma Compostela, Ourense, Vigo ou Lugo. Tamén en Vilagarcía, Lalín, Ordes, Monforte, Vilalba ou Ribeira.
Buscan una fosa en Celanova, Ourense
El 23 de noviembre de 2022 se iniciaron los trabajos para la apertura de una fosa de la Guerra Civil en el cementerio parroquial de San Verísimo, en Celanova (Ourense).
En la fosa, según las informaciones de las asociaciones memorialistas, fueron fusilados en septiembre de 1939 siete presos asturianos, tras un proceso militar. Marcelino, mecánico de Mieres, de 21 años, y Abelardo, albañil de Gijón, de 28, son dos de ellos. Habían sido capturados por los golpistas en el mar, cuado intentaban huir tras la caída de Gijón, explica la historiadora Conchi López, de Histagra.
La primera fase implica la retirada de la vegetación y la identificación de la fosa en planta, explica el arqueólogo Julián Bustelo, del grupo Síncrisis.
Los trabajos se llevan a cabo por un equipo del Grupo de Historia Agraria y Política del Mundo Rural (Histagra) de la Universidad de Santiago, coordinado por Gustavo Hervella, y dentro del plan 2021-2024 de actuaciones relacionadas con la Memoria Democrática de la Xunta de Galicia.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo