Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Segundo agresión grave en menos dunha semana en Compostela. Un mozo tivo que ser operado de urxencia e perdeu o bazo tras unha liorta ás portas dunha discoteca na zona nova da cidade. Xa hai un detido: un veciño de Ames.

Tamén na crónica de sucesos, quedou en liberdade con afastamento un home acusado de disparar a outro hai máis dun mes en Maceda, Ourense. Levaba en busca e captura desde entón.

En Vigo reunión importante para o futuro de Stellantis. Dirección e sindicatos negocian o ERTE flexible e o ERE voluntario.

Mentres, seguen as protestas de sanitarios de área de Pontevedra-O Salnés. Esta vez denuncian os atrasos nas urxencias do Montecelo esta fin de semana pola falta de facultativos nos PACS da contorna

Boa tarde. Tralas vacacións do nadal toca volver á rutina, tamén aos grupos políticos. Hoxe foi a quenda do BNG que, desde Rianxo, coa súa habitual homenaxe a Castelao, fixou como reto conseguir un resultado histórico nas eleccións municipais.
 

Boa tarde. Hoxe comezan oficialmente as rebaixas de inverno, nas que os galegos gastaremos unha media de 135 euros por persoa.
Unha campaña que xerará na nosa comunidade uns dez mil novos empregos.

De seguido coñecemos os concellos dos expertos para estes días, antes repasamos outros titulares deste sábado con DOlores Gómez.

-En Ourense, hai que lamentar o falecemento de dúas mulleres, de 71 e 50 anos, no incendio dunha vivenda do barrio ourensá de Covadonga

-A igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en SAntiago, acolleu esta mañá a ofrenda floral en homenaxe a Castelao, polo 73 aniversario do seu pasamento.

-Guadi Galego presenta o seu novo disco "Roibén". Un albún que nace da colaboración con Iván Ferreiro

Un frente atlántico dejará este sábado cielos nubosos, con precipitaciones y alguna tormenta ocasional en el tercio noroeste peninsular, más intensas y frecuentes en la mitad oeste de Galicia y oeste del sistema Central, según informa la Agencia Estatal de Meteorología (Aemet). Habrá intervalos de viento fuerte en la costa de Galicia y el entorno de la cordillera Cantábrica y nieblas matinales en la cuenca del Ebro y zonas del cuadrante suroeste. La cota de nieve en el noroeste peninsular se situará en los 1700/1900 metros. Foto: GETTYIMAGES.

O sorteo da lotaría de Reis tamén é afortunado con Galicia. O máis repartido, o segundo premio, 72.289 caeu en Vigo, Cervo, Ordes, Lugo, O Carballiño, Ourense, Pontevedra e Cangas. SOn 75 mil euros por décimo. E o terceiro premio, o número 18.918, 25 mil euros por décimo, deixa cartos en Lugo

- Os prezos dos carburantes subiron máis dun 1 por cento no que levamos de ano.

Ourense é o lugar máis caro de Galicia pra mercar combustible e Lugo o máis barato.

- Dispárase a demanda de leña en Galicia e aumenta un 30 por cento o seu prezo

A falta de operarios e o elevado prezo da electricidade son as principais causas

- A dirección de Stellantis e os sindicatos reuniranse o vindeiro luns en Vigo.

A xuntanza ten coma obxectivo negociar un novo ERTE flexible e un ERE voluntario.

- Os sindicatos médicos critican ó Sergas pola implementación das consultas por videochamada

Non ven que este sistema, que chegará nestes meses a hospitais e centros de saúde, sexa unha solución ós problemas actuais

os nenos e nenas recibirán os agasallos dos Reis Magos, despois dun xoves no que as cabalgatas puideron desfilar polas cidades galegas a diferenza do ano pasado debido ás restriccións a consecuencia da pandemia.

- A federación de autonómos de Galicia alerta da perda de máis de 2000 traballadores por conta propia en 2022. Segundo a federación son os peores datos dende a crise de 2008.

- O sector pesqueiro de Vigo únese ó do resto de España pra pedir a baixada do IVE dos produtos do mar. Ademais, o sector sector lácteo está preocupado pola reducción da producción de leite e de granxas debido ó aumento dos gastos nas explotacións. Cren que, de continuar así a situación, podería haber desabastecemento

Hoxe si, tras dous anos nos que a tarde de cabalgatas non foi nada similar a como a temos todos na memoria, regresan os desfiles coas rúas ateigadas para que os nenos e tamén maiores reciban ós Reis Magos. Algúns con certa polémica polo emprego de animais, outros con homenaxes especiais.
 

O Sergas confía en que preto de 5.600 prazas que se convocan esta semana palíen a falta de persoal, pola vía de estabilizar a un grande número de profesionais sanitarios. Porén, os sindicatos médicos non cren que isto solucione o problema.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusa ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de non aplicar medidas pra alivia-la situación das familias e empresas galegas ante a suba de prezos e de apropiarse dalgunhas postas en marcha polo Estado, como o bono alugueiro.

E Unións Agrarias reclama á Xunta e ó Ministerio de Transición ecolóxica que se desbloquee o pago dos fondos do Plan de Xestión do Lobo, aprobados o ano pasado. Critican que o Goberno central xa emitiu as axudas pra outras comunidades coma Castela León ou Asturias, pero que penaliza a Galicia, por presentar a Xunta un recurso contra o plan.

En deportes.... O Pontevedra quedou fóra da Copa do Rei este mércores tras perder 0-2 contra o Mallorca en Pasarón

Levamos varios meses con queixas reiteradas polos problemas na sanidade ante a falta de médicos. Hoxe o Diario Oficial de Galicia recolle parte da oferta pública de emprego que o Sergas denomina a maior da historia. E coa que agarda solucionar algunhas das eivas. Pero os sindicatos médicos xa avisan: non chega con estabilizar emprego, hai que mellorar as condicións. E iso, din, empeza por diminuír a sobrecarga

- O BNG acusa á Xunta de estar desaparecida tra-los danos ocasionados polo temporal

Propón empregar os fondos de continxencia dos orzamentos para axudar a concellos coma Arnoia, onde as riadas levaron por diante dúas áreas recreativas e danaron unha ponte de pedra

- Vigo dá marcha atrás e non adiantará o apagado das luces do Nadal

O alcalde anunciara onte a medida pra aforrar enerxía pero finalmente retráctase tras reunirse con hostaleiros e comerciantes

- A sala de concertos de Lugo onde se produciu a avalancha na noite de fin de ano sí tiña licenza para o evento

Confírmao o concello despois de que 600 persoas quedaran atrapadas no corredor que levaba ó roupeiro.

- Biólogos galegos esixen á Xunta a inclusión da 'camariña' no catálogo de especies ameazadas

Indican que está a disminuir a presenza dunha planta importante pra biodiversidade galega e que deu orixe a nomes coma Camariñas ou a Pobra do Caramiñal

Stellantis reanuda a produción tralo parón de Nadal co obxectivo de recuperar a produción anterior a crise de compoñentes

A CUT apunta que a empresa comunicou a intención de desenvolver un ERE voluntario, ademais do ERTE flexible xa anunciado

O arquivo catedralicio de Ourense, danado polas intensas choivas dos pasados días

Outros concellos afectados polo temporal, como Salceda de Caselas e Chantada, queren ser declaradas zona catastrófica

Resposta ás críticas pola contratación de persoal externo ó Sergas na noite de fin de ano en dous PAC da provincia de Pontevedra

O xerente da área sanitaria argumenta que, de non tomar esa medida, os doentes terían que ser atendidos por enfermeiras porque non había médicos de garda dispoñibles

O concello de Pontevedra entrega as chaves do convento de Santa Clara á Deputación que se fai cargo da propiedade

Converterase nun novo edificio do Museo de Pontevedra. Queda por diante a rehabilitación do conxunto