Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os problemas da sanidade seguen no primeiro plano da actualidade. Esta mañá o presidente da Xunta dixo nun acto electoral do PP en Zaragoza que o goberno de Pedro Sánchez se pon de perfil ante estes asuntos.
Logo en Vigo o conselleiro Julio García Comesaña insistía en que os problemas da sanidade galega veñen de que o goberno non autoriza a formar médicos de familia.

En Ourense ainda resoan os ecos do pleno do concello da tarde pasada na que se pedía a demisión de Gonzalo Pérez Jácome por contratar para facer de Baltasar na cabalgata de Reis a un home con antecedentes por violencia de xénero. Os socialistas anunciaron este mediodía que levarán o asunto á Valedora do Pobo.
 

 A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria e o colexio de Médicos de Ourense critican o plan do goberno galego pra rebaixa-las listas de agarda e intensificar a actividade sanitaria. Creen que o feito de que se centre nos centros hospitalarios e esqueza a atención primaria deriva en medidas pouco efectivas porque non atende as necesidades dos centros de saúde e os PAC.

 O alcalde de Ourense negou no pleno municipal ser consciente de que o home contratado pra interpretar a Baltasar na Cabalgata de Reis, que rexentaba un bar da zona vella, tiña antecedentes por abuso sexual. O PP presentou unha moción pra solicita-la dimisión de Jácome, que contou co voto a favor de 22 dos 27 concelleiros.

Reacción dos sanitarios ó plan anunciado polo goberno galego pra reducir as listaxes de agarda en consultas, probas e cirurxías. Cren que, nas circunstancias actuais e coa sobrecarga que xa existe, é inviable poder reducir os prazos. Auguran falta de camas... e consideran que non se está a ter unha visión completa da situación da atención primaria, por exemplo, co necesario reforzo da enfermería.

Mentres, na oposición, os socialistas acusan á Xunta de non ofrecer os datos reais das agardas.

Agora son os trens Avril, que cando funcionen reducirán os tempos con Madrid, os que motivan a controversia entre Goberno central e a Xunta. Seguro que hoxe a secretaria de Estado de Transportes, que ten un acto en Foz, responderá hoxe ás críticas da Xunta.
O goberno galego, por certo, responde ás queixas pola situción da sanidade cun plan para rebaixar as listas de espera. O obxectivo é volver ós números que se rexistraban antes da pandemia.
E contámoslles que a Garda civil investiga un incendio na Pobra como un caso de violencia de xénero.

Deportes. Empeza unha nova xornada de Liga. O Celta recibe ás nove en Balaídos ó Vila-real

O delegado do goberno pronunciouse sobre a chegada dos trens Avril a Galicia. José Miñones considera que é o momento de prioriza-la seguridade e non tanto os prazos. Pregúntase onde estaban os dirixentes da Xunta hai uns anos cando se podían axiliza-los contratos.

O Consello da Xunta aproba un plan de intensificación da actividade clínica. Terá un apartado dirixido a atender máis rápido ós maiores de 90 anos e tamén unha vía preferente par os menores de 14. O principal obxectivo deste plan é rebaixa-las listas de espera a números anteriores ó inicio da pandemia.

O alcalde de Pontevedra cre que o Supremo só pode ratifica-la sentenza que anula a prórroga da concesión de ENCE.

Lores sostén que non hai argumentos nin xurídicos nin medioambienteis para mante-la pasteira en Lourizán.

Incerteza no sector do automóbil pola regulación de emprego anunciada en Stellantis.

A maioría das empresas auxiliares puxeron en marcha expedientes que van desde os 40 ós 100 días de paro ó ano.

Alarma dos traballadores de Correos sobre o futuro do único gran Centro de Tratamento Automatizado de Santiago.

A CIG denuncia o seu progresivo desmantelamento que ten como consecuencia a perda de emprego e un peor servizo.

Esta primavera o aeroporto de Alvedro vai contar por primeira vez, con catro conexións internacionais.

Ás de París e Londres súmanse en marzo as de Xenebra e Milán que operará a compañía Easy Jet.

O tempo. As chuvias volven a próximas noite, pero xa pola noite vai orballar na vertente atlántica.

En Santiago, esta mañá reanúdase o xuizo do Alvia... onte un enxeñeiro industrial, en calidade de perito, dixo que estaba claro que antes ou despois se ía producir un despiste como o que tivo o maquinista polo que ó seu entender había que considerar un segundo nivel de protección na curba da grandeira.
Alcaldes de Pontevedra e Ourense asinan un documento para pedir melloras nas nacional na que tivo lugar o accidente do autobús a psada noiteboa. E en menos dun mes saberemos se ENCE vai poder seguir no seu actual emprezamento ó carón da ría de Pontevedra

Sanidade nega a saturación das urxencias no hospital de Pontevedra que denunciou a Confederación de sindicatos médicos. O CESM asegura que, este domingo, a falta de médicos nos Pac da área sanitaria derivou nesa saturación das urxencias en Montecelo.

E no xuízo polo accidente do tren Alvia, un perito xudicial declarouse sorprendido pola ausencia dalgún mecanismo adicional de protección en caso de fallo humano do maquinista.