Sanidade nega a saturación das urxencias no hospital de Pontevedra que denunciou a Confederación de sindicatos médicos. O CESM asegura que, este domingo, a falta de médicos nos Pac da área sanitaria derivou nesa saturación das urxencias en Montecelo.
E no xuízo polo accidente do tren Alvia, un perito xudicial declarouse sorprendido pola ausencia dalgún mecanismo adicional de protección en caso de fallo humano do maquinista.
O xuizo do Alvia reanudouse con sorpresa. A presentación dunha nova proba por parte da defensa do maquinista, o que derivou nun novo rifi-rafe coa presidenta do tribunal que avisou ás partes de que non ía admitir máis sorpresas. Hoxe continuará a comparecencia dos peritos.
Xa está no cárcere o segundo detido polo acoitelamento mortal ocorrido a comezos de ano en Santiago... E coñecemos que a fiscalía vai investigar se hai delito penal no incendio na antiga nave de Pontesa en Pontvedra no que morreu un traballador
Durante a sesión de hoxe no xuízo polo accidente do tren Alvia, declarou o ex-responsable de investigacións de accidentes de Renfe, Manuel Conde. Revelou inexactitudes entre o trazado da liña e a colocación física dos distintos elementos na vía, pero o perito opinou que esta discordancia é pouco significativa como pra ter incidencia no sinistro.
Decretada a prisión provisional prao outro detido polo acoitelamento, ocorrido o pasado día 2 de xaneiro en Santiago, na rúa Santiago de Chile, no que morreu un home de 31 anos.
E a Fiscalía de Pontevedra abriu unha investigación pra esclarece-lo acontecido no incendio da antiga fábrica de Pontesa en Ponte Sampaio, Pontevedra, no que faleceu un traballador do Grupo Nogar. O Ministerio Fiscal decidiu abrir dilixencias pra determinar se houbo ilícito penal nun lume que se deu por extinguido 20 días despois do seu comezo o 6 de novembro.
Borgwarner mantén a aposta pola súas instalacións de Vigo.
A multinacional estadounidense da automoción vai investigar 12 millóns de euros nun novo centro de investigación na factoría de Zamáns.
O primeiro de febreiro os barcos do cerco poderán acollerse a un amarre voluntario. É unha das partes do acordo que os armadores negocian co ministerio de pesca como compensación polo recorte na cota do xurelo.
A CIG demanda a equiparacion salarial de todo o profesorado tecnico da FP.
Non acepta que os que poden ingregrarse no corpo de profesor de secundaria xeneralista queden co salario conxelado.
A Universidade de Santiago lidera un proxecto para combater os tumores canceríxenos sólidos a través das células CAR-T. Xa demostraron a súa eficacia en cancros sanguíneos. Agora teñen tres anos pra facer o estudo pra o que contan co financiamento do Goberno.
Primeiro foi un acoitelamento con resultado mortal, un falecido, e agora un menor ferido, operado de urxencia, co bazo extirpado. Ámbolos feitos en menos dunha semana, e os dous fronte a discotecas da zona nova de Compostela. Un comité de seguridade reuniuse esta mañá, indican que os dous acontecementos non teñen relación. Na xuntanza estivo a subdelegada do goberno, que anunciou a ampliación do dispositivo de vixilancia. María Rivas quixo mandar unha mensaxe de calma pero os veciños da zona non están tranquilos. Cren que detrás dos feitos está o aumento da prostitución e tráfico de drogas nos últimos anos
- A falta de médicos en varios PAC's de Pontevedra satura de novo o servizo de urxencias de Montecelo.
O BNG considera que o PP representa un risco para a sanidade pública. Os socialistas píndenlle a Alfonso Rueda que asuma directamente a procura de solucións.
- Sen cota de xurelo, case tódo-los barcos de cerco están amarrados.
Os armadores negocian axudas para que os 800 mariñeiros afectados non teñan que consumir as súas prestacións ata que se abra a campaña do bocarte en marzo.
- Hoxe comeza oficialmente a campaña de extracción de mexilla.
Os bateeiros terán que limitar a súa actividade ós espazos de sempre. Non conseguiron autorización, de momento, para ampliar as zonas de recollida.
- Na Fonsagrada continua a rodaxe da película "As Neves", a ópera prima da actriz e directora viguesa Sonia Méndez.
Esta película retrata unha xeración de adolescentes que están hiperconectados ás redes pero que viven illados en entornos rurais
Volven as sesións do xuízo do Alvia na Cidade da Cultura de Santiago despois do paro do Nadal. É a recta final da acción penal con máis dunha decena de peritos citados nas vindeiras semanas. Esta mañá será a quenda de quen fora responsable do departamento de investigación de accidentes de Renfe.
E a saturación nas urxencias do Montecelo o pasado fin de semana provocaron o cruce de reproches no Parlamento. PSdeG e nacionalistas acusan á Xunta de mala xestión, dunha política sanitaria prexudicial. O PP deféndese, di que fan o que poden e pasan a responsabilidade ó goberno central.
En Compostela, as autoridades comprométense a reforza-la seguridade ante os dous actos violentos ás portas de localis de lecer nocturno cun falecido e un ferido grave.
As negociacións de Stellantis e sindicatos deixan unha cifra: 5 mil traballadores veranse incluídos no ERE voluntario e no ERTE flexible, de 90 días ó longo deste ano
Boa tarde...a policía autonómica formará parte do dispositivo especial de seguridade cidadá en Compostela tralo acoitelamento a un menor de 17 anos que tivo lugar esta pasada fin de semana. É o segundo acoitelamento que se rexistra na cidade en menos dunha semana.
A falta de médicos nos PAC da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés saturou este domingo de novo o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Isto provocou protestas dos propios facultativos do servizo. No Parlamento, os grupos da oposición instan a Xunta a buscar solucións urxentes a falta de persoal no SERGAS, especialmente nesta área sanitaria.
A dirección de Stellantis e os sindicatos comezaron hoxe a negociar un novo ERTE flexible e un ERE voluntario. Ambos incluirán a algo máis de 5.000 traballadores e o ERTE se vai desenvolver, en principio,ó longo de 90 días de aquí a fin de ano.