Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Convenio entre a multinacional Telespazio e a Universidade de Vigo.
Van colaborar nun estudo das bateas de mexillón e de percebe mediante satélites e drons.

Encerro dos celadores da área sanitaria Pontevedra-O Salnés. Demandan melloras laborais e salariais. Entre elas que se lles considere categoría sanitaria.

Folga indefinida das traballadoras da tenda de Massimo Dutty nas Cancelas, en Santiago. Protesta contra o peche do establecemento, previsto para este xoves, e piden a recolocación das traballadores coa condicións que teñen agora.

Varios especialistas documentan estes días as pinturas prehistóricas de Casaio, en Valdeorras. Trátase dunha trintena de pinturas que terían uns 5.000 anos de antigüidade.


O tempo. Van seguir predominando os ceos despexados que deixan unhas temperaturas agradables nestas horas, pero á noite vai volver o frío.

Restablécese o tráfico por un carril na nacional 642. Durante a fin de semana, pasar de Foz a Burela obrigaba a dar un rodeo de máis dunha hora. É probable que hoxe haxa atascos na zona... un semáforo vai regular o paso alternativo das dúas direccións. Empezamos a semana cos ecos da protesta en Vigo contra a implantación de novos parques eólicos e escoitaremos o presidente da Deputación de Lugo: José Tomé pídelle a Elena Candia que asuma responsabilidde polas súas acusacións infundadas contra Gómez Besteiro.

Deportes. En baloncesto, non haberá equipos galegos na Copa: o Breogán perdeu; para o Obradoiro o triunfo foi insufiente. En fútbol, nova derrota do Lugo que está a catro puntos da salvación

Remata a esta hora a manifestación contra os parques eólicos que dende este mediodía percorreu as rúas de Vigo. Congregou a case un cento de colectivos de toda Galicia.

Por outra banda, seguimos pendentes do corte da Nacional 642, entre Burela e Foz. Nas próximas horas podería haber novidades, unha vez que os técnicos avalíen o estado do firme e da drenaxe. De momento continúan habilitados os desvíos provisionais polas estradas locais e un paso especial para as ambulancias. Cortes tamén no tráfico ferroviario, ante o risco de desprendementos na zona.
E malia que xa non hai chuvias, hoxe aínda son catro os ríos en risco de desbordamento. Son o Miño, na Peroxa e Salvaterra; o Mero e o Mendo, en Betanzos; e o Tambre, en Oroso.

En portada, damos conta tamén dunha colisión múltiple entre seis vehículos que deixou tres feridos esta mañá no concello lucense de Castroverde

A Mariña de Lugo dividida en dous. A estrada Nacional 642 está cortada dende a pasada noite á altura da praia de Areoura, entre Burela e Foz, debido á auga acumulada polas últimas chuvias. Os alcaldes xa amosan a súa preocupación porque o corte pode durar varios días e porque non hai alternativas que garantan unha circulación en condicións nin do tráfico pesado nin, sobre todo, das urxencias sanitarias.

Onde mellora a situación é nos ríos. Agora mesmo só presentan risco de inundación o Miño nos Peares, Lugo, Ourense e Salvaterra; o Mendo en Betanzos, e o Tambre en Oroso.

Polo demais, probas MIR e outras especialidades sanitarias a partir desta tarde en Santiago e Vigo, e amplíanse os horarios de vacinación para a cuarta dose contra a covid

Trala neve das pasadas xornadas, comeza o desxeo e a crecida dos ríos.
Hoxe a situación estivo complicada na provincia de Ourense, sobre todo, porque a chuvia e a suba de temperatura fixo que a neve se desfixera moi rápido. Malia todo, os ríos da conca hidrográfica MIño - Sil xa están en descenso tras acadar o seu máximo

Primeiro a choiva e a neve, e agora os anegamentos. Máis de dez ríos teñen activo o plan especial por risco de inundación: hai risco alto no Miño ó seu paso pola Peroxa aínda que non hai perigo para as vivendas. Tamén vai por encima do seu caudal o Arnoia en Baños de Molgas e o Támega, que obrigou a cortar unha das estradas que une Monterrei e Verín. Hai algunhas vivendas incomunicadas, aínda que son segundas residencias e non tiñan xente nese momento.

Outros dos ríos en situación de alerta son o Ladra, en Begonte, o Sil, no Barco; o Ouro, en Foz; o Mendo, en Betanzos; ou o Xallas, en Santa Comba, entroutros

- Queixas en Verín pola falta de pediatras case tres anos depois da gran protesta contra o peche do paridoiro do Hospital comarcal.

Hoxe en Verín os veciños entregaron no concello algo máis de 3.400 sinaturas pra demandar a contratación de máis pediatras no centro de saúde.

- A plataforma SOS sanidade pública censura a falta de medidas da Xunta para atallar o deteriro da sanidade pública.

Fai un chamamento á participar nunha manifestación en Santiago o 12 de febreiro e ata entón vai continuar coa recollida de sinaturas levar as súas demandas ó Parlamento.

- A CIG agoira que o 2023 vai ser un ano de conflitividade laboral.

O sindicato chama á mobilización pra sacar adiante unha negociación colectiva que garanta unha actualización salarial.

- Distintas plataformas contrarias aos macroproxectos eólicos concentráronse este mediodía diante de San Caetano.

Estes colectivos falan dun ataque ó territorio e aseguran que acudirán á vía penal para esixir responsabilidades

A Xunta defende a incorporación de médicos no último ano de formación ante a calta de facultativos. A portvoz do BNG parécelle unha ocorrencia. Ana Pontón participou este xoves nunha mnifestación na Mariña en defensa da sanidade pública.

E dobre noticia en Stellantis: por un lado soubemos que vai ter máis tempo para presentarse á convocatoria de axudas pra o vehículo eléctrico; por outro, o acordo coa maioría sindical pra repetir este ano un ERTE como o do ano pasado e ofrecer cen baixas voluntarias.

Deportes. o Celta xoga hoxe en Mallorca no inicio dunha nova xornada de Liga.
O tempo. Hoxe Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte rozando a nosa comunidade que deixará chuvias febles no norte. O que xa se notou foi un ascenso nas temperaturas.

A defensa pola sanidade pública volve esta tarde á rúa. Esta vez na Mariña onde a falta de facultativos está a derivar nun caos sanitario.

Tamén damos conta dos primeiros casos en Galicia da variante Kraken do Coronavirus.

E contámoslles cómo foi a última xornada, desta semana, do xuizo do Alvia