Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un més de prazo é o que lle queda a Consellería de Sanidade pra dar a coñecer as listas de agarda do ano 2021, antes de que a Asociación de Usuarios e Pacientes do Hospital de Santiago leve o caso aos tribunáis.

O caso xa foi levado a valedora do Pobo, pero todavía seguen sen resposta do Sergas.

Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia neste , de abril con ...

SINTONÍA TITULARES

- Os concellos do Barbanza prepáranse pra municipalizar o Servizo de Axuda no Fogar. Boiro e Noi axilizan os trámites pra sumarse a Pobra.

- A plataforma en Defensa do Transporte en Ferrol, pide rutas alternativas pro bus na cidade e Vigo ante a supresión de paradas dende mañá, polo inicio das obras na avenida das Pías.

- Remata a Semana Santa con bos datos prós hostaleiros da provincia. Ferrol encabeza a lista con case un 100% de ocupacción hoteleira

Operación retorno neste domingo de resurrección. Veremos nuns intres cómo están as estradas e falaremos do impacto na hostaleria detsa ponte de semana santa pola que pasaron milleiros de persoas.

No tempo da entrevista achégamonos a Compostela con vista ás vindeiras eleccións municipais. Contaremos as variables políticas, sociais e económicas que marcarán o voto do 28 de maio en Santiago

A pandemia do covid 19 malia que xa parece ir quedando no olvido, o certo é que aínda non se foi de todo. Especialmente en aquelas persoas que o sofren de forma continuada tras verse contaxiadas nalgún momento das suas vidas neste periodo. Por iso, os pacientes afectados polo cóvid persistente en Galicia pídenlle ó Sergas un protocolo específico.

Noutros temas. A pasteira portuguesa Navigator, unha das papeleiras máis grandes no mercado mundial, avanza na expansión de eucaliptais en so galego

No tempo da entrevista falaremos con Lei-lía, un dos primeiros grupos en Galiccia formado por seis mulleres que puxeron en valor a música tradicinal oral galega

As posibles irregularidades na concesión das rutas de transporte por estrada collen unha nova dimensión. E é que un xulgado de Santiago sinala que o director xeral de mobilidade poido incorrer nun delicto de prevariación e abriu dilixencias previas.
As pequenas empresas, que foron as que denunciron un posible trto de favor a Monbús e a Alsa, estiman que primeiro o Tribunal Superior e agora esta nova actuación xudicial avalan a súa posición. Galibús estima que hai unha clara connivencia da Xunta coas grandes empresas. Agora escoitamos ó seu portavoz. A consellaría de Infraestructuras non se pronuncia porque di que non ten coñecemento do auto

- O parque de Bombeiros de Vilagarcía leva dous días pechado por falta de persoal.

Os traballadores non fan gardas nin horas extras voluntarias dende febreiro, como medida de presión pra que se revisen os seus contratos.

- Morre unha persoa na Coruña ó ser alcanzada un tren preto da estación de San Diego.

Trátase dun convoi que realizaba o traxecto entre a Coruña e Ferrol e levaba unhas 15 persoas a bordo que non sufriron dano.

- Nova ameaza para o sector avícola.

Os estándares de benestar animal poden obrigar no futuro a reducir a ocupación das naves de polos de engorde ou poñedoras.

- A primitiva deixa un premio millonario en Ourense.

No concello de Pereiro de Aguiar validouse un boleto afortunado con 13 millóns de euros

Unha xuiza de Santiago abre dilixencias por un presunto delicto de prevaricación ó número dous da consellaría que dirixe Ethel Vázquez. Acción xudicial relacionada coas posibles irrregularidades na concesión das rutas de transpote.
Sen acordo coa consellaría de Sanidade, os médicos do CESM manteñen a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro martes. De momento, non haia fixadas novas reunións.
Deportes. Hoxe Celta e Lugo abren unha nova xornada de Liga en primeira e segunda. o Celta visita ó Sevilla, o Lugo recibe ó Tenerife.

O tempo. Case de verán...incluso as temperturas mínimas non son tan baixas coo as das noites pasadas.
 

Os que padecen ela poden pedir desde hoxe as axudas aprobadas pola Xunta.
Son ata 12 mil euros para custear gastos como alimentación, fisioterapia ou adaptación do fogar.

Axudas para os mariscadores de Arousa pra paliar as perdas económicas pola veda temporal. Os afectados ven a medida que moitos ven coma un parche e non coma unha solución a largo plazo.

En Lugo, diversos colectivos alertan do impacto que terá a construcción da chamada "ronda leste". Cren que será unha infrastructura moi custosa e innecesaria. Xa iniciaron unha recollida de sinaturas contra este proxecto.

A máxima expresión do feismo arquitectónico que supón a torre do concello de Vigo pode quedar subsanada nun par de anos. O goberno local vai convocar un concurso de ideas para reformar e rehabilitar o consistorio.

O tempo vai continuar seco e solleiro e as temperaturas van ir subindo.

Nova acción contra o tráfico de drga en Pontevedra. Neste caso heroina de gran pureza. A policía incautouse de case 25 quilos. Os detidos xa están en prisión.
Novo vertido, neste caso de purín entre Frades e Mesía, cando aínda se fai un seguemento do que ocasionou a rotura da balsa dunha canteira na mesma zona.
Nun xoves festivo inicio dunha longa ponte que no meteorolóxico invita a disfrutar duns días case de verán.
O tempo vai continuar seco e solleiro e as temperaturas van ir subindo. Estes días pasarán dos 20 graos en boa parte de Galicia.
 

As forzas de seguridade suman en Galicia outro golpe ó narcotráfico. Nesta ocasión, a sustancia atopada era heroína. Ata 25 kilos descubertos trala intervención dun vehículo cun dobre fondo e o rexistro dun garaxe. Hai dous detidos, que foron enviados a prisión... Unha vez cortada, a droga podería ter un valor no mercado de millón e medio de euros

- Sanidade pretende evitar a folga convocada polo sindicato médico CESM a partir do vindiero martes.

O SERGAS citou a unha reunión ós dirixentes sindicais para tentar lograr un acordo.

- As asociacións de defensa da sanidade pública desconvían dos datos da lista de espera da Xunta.

Galicia é oficialmente a terceira comunidade cos tempos de agarda máis reducidos.

- Os ecoloxistas pídenlle á Xunta que esixa responsabilidades pola rotura dunha balsa mineira en Frades.

- Os técnicos aseguran que a auga vertida ó Tambre, do que se fornecen varios concellos, non ten elemenos tóxicos.

- Novo paro de dúas horas na fábrica de LARSA en Outeiro de Rei.

Comezou á unha para demandar que os salarios cubran o poder adquisitivo perdido coa inflación

Tranquilidade nos doce concellos afectados pola rotura dunha balsa de áridos nunha canteira de Frades. Despois de que chegase ó río Tambre, Augas de Galicia pediu extrema-los controis para asegurar a calidade dos sistemas de abastecemento.
De momento, polas inspeccións realizadas, non parece que haxa carga contaminante.

- O BNG da Coruña levará ó pleno do martes o caso do STL, investigado por presunta corrupción. Pide máis dilixencia ao goberno local pra averiguar se a concesionaria de limpeza delegou as contratacións en empresas relacionadas co sindicato.

- O PP de Santiago insiste en investigar xudicialmente ata as últimas consecuencias o caso Pichel. O goberno socialista de Sánchez Bugallo acúsao de facer electoralismo.

- Entra en fase de información pública o proxecto pra fábrica de neumáticos Sentury nas Pontes. Hai un mes pra presentar alegacións ó estudo de impacto ambiental