Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O portavoz das vítimas, Jesús Domínguez, pediu que non se volva desconectar pra evitar unha traxedia semellante no futuro.

Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Alejandra López.

O pai da ministra de Traballo, Suso Díaz, pecha a lista de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde na Coruña.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, instará maña aos grupos a aprobar a modificación de crédito de 11 millóns de euros, do que dependen varios proxectos na cidade.

A Unidade de Paliativos do Hospital de Oza está a recibir pacientes de medicina interna. O Sindicato CIG denuncia a falta de capacidade e a carga de traballo.

Máis de 4 mil actos médicos, entre cirurxias, probas ou consultas, suspendéronse en Galicia na primeira xornada da folga de médicos, aínda que sanidade rebaixa o seguemento do paro a menos do 15 por cento. A folga continúa e hoxe hai protestas tamén na atención primaria e dos internistas da área sanitaria de Santiago.
No conflicto da mexilla, tóda-las asociacions de productores abandonan a mesa de diálogo coa consellaría.

O tempo.Hoxe quedamos baixo a influencia dunha fronte fría asociada a unha borrasca.

Este martes Galicia estivo chea de folgas e concentracións. Por unha banda, a folga indefinida na sanidade pública. Segundo a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, preto do 60% dos facultativos secundaron esta primeira xornada. Porén, o Sergas asegurou nun comunicado que a folga está a ter un seguimento global do 14%. Todo isto nun martes no que tamén comezou a folga indefinida dos traballadores do servizo de limpeza do Hospital Abente y Lago da Coruña e no que se reanudou o xuízo do Alvia coa declaración de oito feridos e familiares de falecidos.
 

O sindicato CESM cuantifica entre un 70 e un 80 por cento o segumento da folga de médicos convocada na sanidade pública. Aseguran que o paro obrigou a pospoñer varias intervencións cirúrxica. cadrando co primeiro día de folga, que ten carácter indefinido, realizaron concentracións ante os hospitais de Vigo, Ourense e Lugo.
Aseguran que o deterioro da sanidade pública chegou a un nivel inasumble con consecuencias tanto para os profesionais como para os pacientes.

Pablo Picasso viviu na Coruña entre os nove e os trece anos, unha etapa clave no seu desenvolvemento persoal e artístico. Foron catro anos, antes de marchar a Barcelona.

Manifestacións tamén no Toural de Santiago, contra o tratamento con electroshocks, que o Sergas está a facer a un mozo de 31 anos que padece unha enfermidade mental.

Ecoloxistas en Acción denuncian a presión eólica excesiva na contorna Costa da Morte. Pide a paralización de parques en Monteagudo e Monteneme.

O persoal da Radio Televisión de Galicia volvera a concentrarse hoxe diante do Parlamento, en Santiago,contra as represalias á traballadores críticos

Adega critica a sobreexpolación en Meirama e pide a paralización dunha nova central hidroeléctrica e un encoro de máis de 150 mil metros cadrados.

Polo momento non hai datos sobre os efectos da folga convocada desde a pasada medianoite polo sindicato de médicos CESM. Os servizos mínimos cobren ó completo a atención en urxencias ou en unidades de diálese ou oncoloxía. A media mañá hai convocadas concentracións ante os hospitais de Vigo e Ourense.
Tamén hai foi, neste caso no servizo de limpeza do hospitl Abente y Lago da Coruña.
E podería haber unha saída para as empresas do grupo Ganomagoga: de momento suspendeuse temporalmente o despedimento de 200 traballadores

Ás doce da noite comezará unha folga indefinida na sanidade galega, convocada pola confederación estatal de sindicatos médicos. Denuncian o deterioro das condicións de traballo e a repercusión que isto ten no servizo que prestan os profesionais sanitarios.

O BNG e o PSdeG ven comprensible que fagan folga, pero dende o PPdeG consideran que non hai motivos pra iso. Todo isto nunha xornada na que as farmacias comezan a cambia-los seus horarios pra adaptarse ós á normativa da Xunta.

Salvo acordo de última hora, a próxima medianoite comeza unha folga indefinida na sanidade galega convocada pola confederación estatal de sindicatos médicos. Denuncia o deterioro das condicións laborais dos traballadores da sanidade e a falta de resposta da consellaría.
O CESM considera innegociable a implantación de 35 horas semanais e, en xeral, a aplicación en Galicia de medidas que xa están vixentes noutras comunidades.

O SERGAS fixoun uns servizos mínimos do cento por cento nas áreas de urxencias, segundo publica hoxe o Diario oficial de Galicia

A oposición mantén que hai razóns máis que suficientes para a folga despois de 14 anos de recortes.