Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Tamén paros parciais dos funcionarios de Xustiza. Reclaman unha suba salarial e unha redefinición das súas funcións. Esta mañá fixeron concentracións diante dos edificios xudiciais.

Detidas sete persoas, cinco en Ourense e dúas en Madrid, acusadas de trata e explotación sexual de mulleres. Captábanas baixo engano en Colombia e Venezuela. A actuación policial logrou a liberación de cinco mulleres.

Nova xornada de atrasos nos trens do Eixo Atlántico. O primeiro tren Vigo- Coruña saíu 50 minutos tarde por unha avaría. Os viaxeiros denuncian que levan meses sufrindo incendencias deste tipo.

A CIG pide a retirada do anteproxecto de lei de Aprendizaxe ao Longo da Vida Adulta. Denuncia que supón da desaparición das clases presenciais o que suporá un rebaixa-la calidade deste ensino e a perda de postos de traballo.

Temos tempo de verán... hoxe en comarcas de Ourense xa se poden rebasar os 30 graos.

O Goberno de Santiago actualiza hoxe a licitación do servizo de transporte urbano. 58 autobuses serán actualizados, tras varios anos de avellentamento. Tamén se extreará un servizo rural.

A Deputación deu luz verde ao proxecto pra renovación da casa da xuventude de Santiago, un proxecto polemico pra oposición que pide o seu derrubamento.

 En Melide os páis e náis dos alumnos do centro Martagona esixenlle a Xunta fondos pra instalar unha cuberta no patio do colexio. Agora os alumnos pasan o inverno pechados nas aulas.

Tras unha fin de seman de práctica normalidade, a folga de médicos volverá hoxe a provocar a suspensión de citas medicas. Hoxe séptimo dí de folga e concentracións ante os hospitais.
Outr protesta afecta de novo á administración de xustiza: os funcionarios van realizar hoxe un paro de catro horas....o mércores teñen previsto parar toda a xornada.
Deportes. O Celta pecha hoxe a xornada en primeira. Recibe ás nove en Balaídos ó Mallorca

A folga de médicos en Galicia está a piques de cumprir unha semana. Dende o sindicato convocante CESM aseguran que están dispostos a seguir mentres non se acabe cunhas condicións de traballo precarias que repercuten tamén na atención ós pacientes. Hoxe domingo repítese a estampa do sábado, cuns servizos mínimos que chegan para cubrir, na práctica, case a totalidade das gardas.

Polo demais, ambiente pre-electoral, co presidente da Xunta en México, a portavoz do BNG en Suíza e o PSdeG na convención do Partido Socialista en Valencia.
 

Centos de percebeiros pediron esta mañá ás portas da Xunta en Santiago respecto pros chamados "santuarios" do percebe, fronte á extracción da mexilla. Unha concentración que ten lugar só días despois de que outra protesta, neste caso dos bateeiros, acabase con carga policial.

Desta volta houbo tranquilidade. A mesma que esta mañá atopamos nos centros sanitarios, malia a folga de médicos. Segundo CESM, o sindicato convocante, as gardas estaban cubertas ó cento por cento.

Xa sobre a nova lei de Vivenda, a Xunta vén de solicitar ó Goberno unha conferencia sectorial con tódalas autonomías para abordar o contido do proxeto de lei.

Acabamos de saber ademais que un home morreu esta mañá mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa, en Ourense. As forzas de seguridade traballan para aclarar o sucedido.
 

Nesta cuarta xornada da folga indefinida de médicos, os médicos trasladaron a súa protesta ás portas do hospital da Coruña. Alí mostraron o seu malestar polas declaracións do conselleiro de Sanidade, que se negaa negociar fóra da mesa sectorial. No eido laboral, os sindicatos e a dirección do centro hospitalario Povisa en Vigo chegaron a un acordo pra un novo convenio, mentres que o comité de empresa de Hiperxel en Pontevedra ameaza cunha folga o vindeiro martes, se non se soluciona a situación dos 200 traballadores da empresa.
 

O sergas rebaixa hoxe ó 13 por cento o seguemento da folga de médicos. Unha porcentaxe que o sindicato convocante eleva a máis do 60 por cento. Dun xeito ou outro, o caso é que nos tres primeiros días a folga xa obrigou a suspender 700 cirurxías e varios milleiros de consultas médicas.
Sanidade insiste en que os acordos se deben tomar na mesa sectorial na que o CESM non está representado, pero aclara que se incorporaron propostas deste sindicato. Os médicos sinalan que non acertarán acordons que eles non negocien.

A Coruña persoarase como "parte demandada" contra o recurso presentado po Juntos Granada pra que o Goberno repita o proceso polo que ecidiu a cidade herculina como sede da AESIA.


O Concello da Coruña investigará ás concesionarias do servizo de Limpeza pra determinar se a folga do 2022 se debeu a un pacto entre as empresas e o Sindicato de Traballadores STL.

En liberdade con cargosOs dous mexilloeiros detidos este xoves nas portestas dos bateeiros as portas da Xunta. Están acusados de atentado contra a autoridade e altercados públicos.

Navantia decide hoxe en Madrid cos traballadores se se prorroga o convenio actula ou se pola contra se actualiza.