As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Desconvocada a folga de autobuses...patronal e sindicatos desbloquearon a negociación e avanzaron nos incrementos salarias, aínda que, de momento, mantense a convocatoria de folga indefinida a partir do 8 de maio.
Manuel Baltar enfrontase a un posible contra a seguridade vial. O caso polo exceso de velocidade, polo que, de momento, ten unha sanción administrativa, está agora no xulgado de Puebla de Sanabria. El só dixo a través dunha nota que lamenta o sucedido.
O tempo.
Hoxe o ceo estará máis despexado e as temperaturas máximas soben. No sur pasarán dos 25 graos; en Ourense xa rondarán os 30.
Despois de oito horas de reunión, sindicatos e patronal do tranporte de viaxeiros conseguiron achegar posturas e quedou desconvocada a folga prevista para mañá e pasado. Hai acordo pra subir os soldos dos condutores de autobús en 2021 e 2022. Seguirán negociando o 2 de maio.
Polo demais, o PP evita por agora tomar medidas contra o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, interceptado a máis de 200 por hora na A-52.
Conducía a 215 kilómetros por hora por unha autoestrada en dirección Madrid. O presidente da deputación e o PP Ourensán, Manuel Baltar, enfróntase a un xuizo por un delito contra a seguridade vial, e a oposición é unánime: debe dimitir ou ser cesado. Pola gravidade da súa actuación, o mal exemplo que representa pros cidadáns, e polo incumprimento do código ético da súa formación. Cuestionan ademáis o uso do coche oficial cando na súa axenda non constaban actos oficiais na seguinte xornada.
- Se le ha impuesto una multa de 600 euros y la retirada de seis puntos del carnet de conducir
- El político se desplazaba a la capital española en un coche oficial que pertenece a la Diputación de Ourense
Segundo día de busca do mariñeiro, residente en Arteixo, que desapareceu este martes no mar ao caer mentres faenaba do barco galego Novo Xoel, con base en Camariñas. O suceso ocorreu en Cantabria, a cinco millas do lugar de San vicente de la Barquera.
Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Pablo Montero
SINTONÍA TITULARES
- .. Sen acordo entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e a concesionaria SERVISAR . A empresa segue negándose a retirar a súa proposta de cambio de condicións laborais. E as traballadoras ameazan con ir á folga pra primeiros de maio se a empresa non muda a sua postura.
- . A CNT demanda ao concello de Muros por douscentos mil euros porque di que
é a débeda acumulada polas horas extraordinarias do servizo de emerxencias do concello nos tres anos anteriores ao 2023.
- . Comisións obreiras asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 20 mil persoas. Entre outras cousas supón un aumento de salario do 11, 5 por cento e a incorporación do sector moble.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O presidente da Xunta atribúe ó interés por desgastar ó seu goberno as mobilizacions convocadas pola plataforma Sos Sanidade pública, como as concentracións previstas para hoxe. Alfonso Rueda, nunha entrevista en Radio Nacional, defende a xestión da consellaría e pon como exemplo os últimos acordos adoptdos na mesa sectorial.
E, un nome propio, Manuel Baltar. O presidente da Deputación de Ourense foi cazado por un radar cando circulaba a 215 quilómetros por hora na provincia de Zamora en dirección a Madrid. Baltar conducía un coche do parque móvil da institución. Superaba en 95 quilómetros a velocidade máxima permitida na autovía
El presidente de la Xunta ha estado en el estudio de RNE en Santiago entrevistado por Josep Cuní. Rueda ha sostenido que no habrá adelanto electoral en Galicia: "Me queda un año de legislatura e intentaré aprovecharlo", ha dicho.
El Consejo de Ministros ha aprobado hoy una partida de unos 15 millones de euros para la comunidad autónoma, como parte de un programa para agricultores y ganaderos. "Más de la mitad de la producción lechera se produce en Galicia. Independientemente de las cantidades, espero que el reparto sea justo y que no haya asignaciones directas como han hecho otras veces desde el Gobierno", ha explicado el presidente de la Xunta.
Finalmente, sobre el anuncio de Pedro Sánchez esta tarde en el Senado donde ha anunciado que el Gobierno construirá 20.000 nuevas viviendas públicas en terrenos del ministerio de Defensa, Alfonso Rueda ha dejado una pregunta en el aire: "¿Por qué no ha construido ninguno en cinco años?".
A vista posta hoxe no mar. E por distintos motivos.
Por un lado, a reunión telemática entre os científicos da Unión Europea e o sector pesqueiro, para analizar o informe do Consello Internacional que pretende ampliar o número de zonas vedadas á pesca de fondo. Parece que en setembro Bruxelas xa podería dar o coñecer o informe de impacto socioeconómico.
Por outro lado, continúa sen avances a busca do mariñeiro do Novo Xoel desaparecido en augas de Cantabria. O pesqueiro ten base en Camariñas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
- Se trata de un tripulante del barco gallego Novo Xoel, que participa en la pesca costera del bocarte
- Este es el segundo accidente de este tipo registrado en Cantabria en abril tras el naufragio del Vilaboa Uno
Os riscos do traballo no mar volven hoxe ás nosas portadas. En Cantabria segue a busca dun mariñeiro que caeu ó mar cando o barco, con base en Camariñas, andaba ó bocarte. Trátase dun home de orixe peruana que se precipitou á auga cando lanzaba a rede. Na súa busca participan outros pesqueiros de Camariñas que se atopan na zona xunto ós servizos de emerxencia de Cantabria.
E no mar tamén se atopou esta mañá unha macheta que podería se-la arma coa que se cometeu o homicidio de Muros. Crese que o presunto autor a tirou á auga en Esteiro pra eliminar probas.