Gonzálo Pérez Jácome seguirá outros catro anos ao frente da alcaldía de Ourense. Non houbo sorpresas. Finalmente PP e Democracia Ourensana chegaron a un acordo para votarse a sí mesmos no concello e logo na deputación, deste xeito cada un retén a institución que gobernaba.
En Santiago, Goretti Sanmartín xa é a primeira alcaldesa da capital de Galicia.
Nas outras grandes cidades non houbo sorpresas e hai alcaldes socialistas en Vigo, Lugo e A Coruña. En Pontevedra reptite Lores, do BNG. E o PP retoma a alcaldía de Ferrol, a única das cidades
nas súas mans.
Últimas horas antes da consitución das corporacións locais mañá sábado e nunha vintena de concellos aínda non hai nada decidido. De seguida facemos un repaso polas novidades.
Antes, imos parar en Santiago, onde o Consello Nacional do BNG aproba as candidaturas pro Congreso e o Senado pro 23 de xullo
Convocada formalmente a constiotución do concello de Ourense pra mañá... Que comezará a mediodía é a única certeza a esta hora dunha das máis destacadas incógnitas desta quenda de novos gobernos municipais. As distintas formacións gardan silencio sobre as conversas que se están a producir pra esa formación e a da deputación de Ourense. Por exemplo, nas últimas horas, entre o lider de Democracia Orensana e os respobsables de organización do PSdeG e O Partido popular
- BNG e PSOE rexeitan tramitar pola vía de urxencia o proxecto de lei de ordenación do litoral.
Creen que a motivación é unicamente electoralista e critican que se reste tempo para o debate na cámara.
- Médicos e farmacéuticos de Ourense únense pra negociar directmente co SERGAS as súas demandas.
Demandan unha solución a sobregacar asistencial: reclaman un reforzo de persoal para dispoñer de máis tempo par atender ós pecientes.
- A CIG denuncia unha manobra de Inditex para desactivar as melloras logradas polas traballadores do sector téxtil.
O sindicato nacionalista e basco ELA están dispostos a convocar mobilizacións para impedir que centralice a negociación colectiva en Madrid.
- Protestas en toda Galicia de alumnos e profesores pola decisión da Xunta de eliminar a presencialidade dalgúns ciclos de FP dirixidos a adultos.
Mobilizacións no mesmo día no que a consellaría presentou a oferta pra o vindeiro curto con 4.500 praxzas máis en primeiro
A un día da constitución das corporacións municipais, nove concellos do Barbanza terán que agardar a mediados do mes que vén debido a un recurso do PSOE que pediu a comprobación dos votos nulos emitidos. En xogo está un deputado provincial máis para os socialistas. A xunta electoral desestimou o asunto pero abre prazo de alegacións. Isto atrasa tamén a constitución da deputación coruñesa.
O socialista Blas García gobernará en solitario en Ames tras dous mandatos en coalición co BNG
Percebeiros da Costa da Morte piden máis control ó furtivismo tras localizar case 190 quilos de percebe ilegal
Apertura de xuízo oral ó presunto asasino da súa parella no barrio coruñés do Birloque en 2021
Mañá constitúense as novas corporacións municipais, excepto as dunha ducia de concellos con diversas incidencias no escrutinio. A primeira a de Sober... o pleno está convocado pra esta próxima medianoite.
Nunha vintena de concellos aínda non saben quen vai ser o alcalde. Entreles está o de Ourense... agora mesmo todo parece indicar que será elexido alcalde o candidato da lista máis votada: neste caso Gonzalo Pérez Jácome continuaría co bastó de mando.
Sobre Ourense, Alfonso Rueda desvelou que Baltar non só renuncia á presidencia da Deputación senón que tampouco continusrá á fronte do PP na provincia despois do próximo congreso.
O tempo. Continúa a influencia do anticiclón, pero a entrada de aire frío nas capas altas traerá de novo algo de inestabilidade
Cando faltan pouco máis de 24 horas para que se constitúan as novas corporacións locais, a actividade nas xuntas electorais é frenética. Deben resolver sobre os diferentes recursos presentados para que se poidan constituír os concellos. De momento xa sabemos que as corporacions de nove municipios do Barbanza non poderán facelo ata o 7 de xullo. Algo que atrasará tamén a posta en marcha da nova Deputación da Coruña.
Outro recurso de Democracia Ourensana ante a Xunta Electoral podería adiar a sesión constitutiva do concello de Ourense. E en Castro Caldelas xa está confirmado que haberá que repetir as eleccións.
Outra novidade que nos deixa a tarde é que Manuel Baltar tampouco repetirá como líder do PP ourensán despois do congreso provincial. Dicíao o presidente Rueda tras un consello da Xunta no que participaban xa os novos conselleiros e no que se aprobaba a maior oferta de prazas de FP da historia de Galicia
A Unión Europea aproba o regulamento que implicará a instalación de cámaras a bordo. O sector recibe con desconfianza a obriga, ao entender que afecta á privacidade
O presidente da Xunta considera que os cambios no executivo galego están escribindo as primeiras liñas do novo goberno central. Así se expresaba na despedida de Francisco Conde e Rosa Quintana, e a toma de posesi´no de Elena Rivo en Emprego, ALfonso Villares en Mar e María Jesús Lorenzana en economía
Pra todos eles tivo palabras de agradecemento... Os novos conselleiros comprometíanse a continuar o labor dos precedesores, e traballar por unha galicia mellor
- Como unha excelente noticia cualificou o alcalde de Ourense a renuncia de Manuel Baltar.
Un paso atrás que non resolve a incognita de quen asumirá a presidencia da Deputación ourensá.
- Folga dos bombeiros dos consorcios provinciais.
Piden mellores condicions laborais e máis medios. Hai parques que están atendidos por so tres efectivos.
-Desaloxado un edificio no centro de Vigo por risco de colapso.
Os residentes levan meses denunciando a aparición de fendas nos seus pisos dende que comezou a construirse un novo edificio de vivendas ó carón.
- En Santiago, empeza festival O Son do Camiño.
Haberá restriccións de tráfico na zona do Monte do Gozo. Habilitase transporte urbano desde a cidade